Blogia
vgomez

BILLETES DO MUNDO X

Continúo coa serie BILLETES DO MUNDO. Hoxé tócalle a China (República Popular China), situada na Asia Oriental, é o país máis poboado do mundo. A súa moeda de curso legal é o Renminbi (CNY). O yuan é a unidade básica do renminbi, nome polo que tamén se coñece á moeda. Cada yuan fracciónase en dez jiao ou mao e cada jiao divídese en dez fen. Para que o valor do  renminbi non fluctúe dependendo do mercado financeiro, o yuan está fixado a unha canastra de varias moedas internacionais. O yuan é considerada unha moeda de reserva polo Fondo Monetario Internacional. Existen moedas de 1, 2 e 5 fen, 1 e 6 jiao e 1 yuan. En canto aos billetes hainos de 1, 2, 5 jiao e 1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 yuan. 1 yuan renminbi chino = 0,128123 €. O banco emisor é o Banco Popular Chinés (中國人民銀行).

A modo de exemplo, aquí tes o billete de 10 yuan.

Mañá outro billete e o seu país!

FONTE: monedasybilletes.jimdo.com, somoscentroamerica.com e wikipedia

0 comentarios