Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

RÉCORDS DO MUNDO ANIMAL XII

A solución á pregunta de onte sobre o que sabemos do mundo animal é  5,35 metros de lonxitude. Esta ra de nariz puntiaguda e cor marrón amarelada é, por tanto, moi atlética. Ten unhas poderosas patas posteriores que lle permiten dar grandes saltos.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. A criatura máis velenosa sobre a face da Terra

- É unha serpe

- É unha araña

- É unha  avispa de mar

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es


RÉCORDS DO MUNDO ANIMAL XI

A solución á pregunta de onte sobre o que sabemos do mundo animal é o Morcego.  A lingua do morcego Anoura fistulata mide unha vez e media a lonxitude de todo o seu corpo, proporcionalmente máis que a de calquera outro mamífero. É incriblemente longa! Para que a emprega? Este morcego utilízaa para sorber o néctar das flores das que se alimenta.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. A ra africana Ptychadena oxyrhynchus acadou un récord de salto de...

- 5,35 metros de lonxitude

- 6,35 metros de lonxitude

- 7,35 metros de lonxitude

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

RÉCORDS DO MUNDO ANIMAL X

A solución á pregunta de onte sobre o que sabemos do mundo animal é Verdadeiro. Os dentes dalgunhas especies de caracois son bastante distintos aos nosos (algo así como unha dentadura en miniatura), pero cumpren basicamente a mesma función. Algúns serven para  masticar e outros para inxectar veleno nas súas presas.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. O animal coa lingua máis longa é...

- Unha xirafa

- Un morcego

- Un camaleón

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

RÉCORDS DO MUNDO ANIMAL IX

A solución á pregunta de onte sobre o que sabemos do mundo animal é o Píntega.  Un embarazo  larguísimo! A píntega negra alpina ten un período de xestación de 3 anos e dous meses. Todo un récord. Respecto a os outros, o período  gestacional da orca está entre os 16 e 17 meses e o do elefante entre os 22 e 24 meses.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Algunhas especies de caracol poden ter ata 25.000 dentes.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

RÉCORDS DO MUNDO ANIMAL VIII

A solución á pregunta de onte sobre o que sabemos do mundo animal é o Attacus harpyja. Os nomes do resto derivan da mitoloxía clásica.  Dracaena  cinnabari é o nome científico dunha árbore tamén coñecida como árbore do sangue de dragón, orixinario do arquipélago de Socotra (Yemen).  Basiliscus  plumifron, ou basilisco verde, é un lagarto americano capaz de correr sobre a auga a 12 km/h para escapar dos seus predadores.

E imos coa pregunta de hoxe!

8.  O animal co período de embarazo máis longo é...

- Unha píntega

- Unha  orca

- Un elefante

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

RECÓRDS DO MUNDO ANIMAL VII

A solución á pregunta de onte sobre o que sabemos do mundo animal é o Ratel. Segundo a revista Scientific American, o mamífero terrestre máis agresivo e máis temible do mundo é o Ratel (Mellivora capensis). Viven en África e Asia, nos tobos que outros animais deixan abandonadas. Pertencen á familia das  donicelas e a súa voracidade débese a que empregan garras, afiadas e potentes, para arrasar termiteiros, galiñeiros ou  panais.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Un destes animais non existe:

- Dracaena cinnabari

- Basiliscus plumifron

- Attacus harpyja  

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

RÉCORDS DO MUNDO ANIMAL VI

 

6. O animal máis temible/agresivo do mundo é...

- Ratel

- Oso  Grizzly

- Crocodilo

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es

RÉCORDS DO MUNDO ANIMAL V

A solución á pregunta de onte sobre o que sabemos do mundo animal é SI. A especie de medusa Turritopsis nutricula podería ser considerada como o único animal no mundo que realmente vive eternamente. Este hidrozoo, de forma acampanada e apenas medio centímetro de lonxitude, non morre tras alcanzar o seu estado adulto, senón que volve á súa forma xuvenil e repite o seu ciclo vital ata alcanzar unha segunda madurez... Este proceso pode repetilo ata un número de veces potencialmente infinito, segundo os científicos. As ameixas e as tartarugas poderiamos consideralas animais “case” inmortais pola súa enorme lonxevidade.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é o animal máis rápido?

- Basilisco común

- Escaravello tigre

- Ácaro

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es