Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

ADIVIÑA O MONUMENTO NATURAL XIII (FIN)

m12

 

A contestación á pregunta do día anterior é TORRE DO DIAÑO.

Tamén coñecido como o "tapón do inferno", o Monumento Nacional da Torre do Diaño está situado no condado de Crook, ao nordés de Wyoming, en EE.UU. O seu cume atópase a 1.558 metros por encima do nivel do mar e está formado por columnas basálticas. Este orixinal nome de "Torre do Diaño" débese a unha lenda das tribos americanas nativas dos kiowa e os sioux lakota.

Con esto, rematamos esta serie adicada aos monumentos naturais. Moi pronto unha nova serie sobre Albert Einstein.

FONTE: Revista Muy Interesante

A PEDRA ROSETTA

A PEDRA ROSETTA

A Pedra de Rosetta / Imaxe: anatomiadelahistoria.com

Foi descuberta o 15 de xullo de 1799 por un soldado francés, preto da cidade portuaria de Rashid, durante a campaña francesa en Exipto.

Trátase dun fragmento dunha antiga estela exipcia de granodiorita, de 760 kg, un pouco máis de 1 m de altura e 75 cm de ancho, que contén tres tipos de escritura: xerogífica, demótica e grega.

A súa importancia radica en que grazas a ela púdose descifrar a escritura xerogífica, que ata ese momento era un insondable misterio para os investigadores. Pero esto non sucedeu de inmediato. Foi en 1822 cando o francés Jean-Fraçois Champollion deu coas claves para descifralo: os xeroglíficos tamén eran elementos fonéticos que representaban signos alfabéticos. O seu descubrimento publicouno o 27 de setembro na súa "Carta para M. Dacier (secretario da Academia de Inscripcións de París) relativa ao alfabeto fonético xeroglífico utilizado polos exípcios".

Actualmente a pedra rosetta atópase no Museo Británico, xa que a tropas inglesas, nas contiendas de entón, confiscárona ás tropas francesas. Desde 2003, o goberno expcio reclamouna oficialmente para que a estela retorne ao seu lugar de orixe.

FONTE: Calendario Mensajero 2017

ADIVIÑA O MONUMENTO NATURAL XII

m12

 

A contestación á pregunta do día anterior é LAGO TITICACA.

O lago Titicaca ocupa o lugar 19º do mundo por superficie e é o lago navegable máis alto do mundo, xa que está situado a 3809 metros sobre o nivel do mar. Ten unha superficie nada desdeñable de 8,562 quilómetros cadrados e atópase na zona coñecida como altiplano ou Meseta do Collao, situado en Ándelos Centrais (América do Sur).

E agora, a pregunta de hoxe:

O que ves é a montaña máis alta do planeta e ata ten película propia...Foi o primeiro monumento nacional declarado en Estados Unidos por Theodore Roosevelt. É...

- A Torre do Diaño 

- O Capitán, Yosemite

- Canón do Colorado

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Revista Muy Interesante

ADIVIÑA O MONUMENTO NATURAL XI

m11

 

A contestación á pregunta do día anterior é PERITO MORENO.

Perito Moreno está situado en América do Sur. Trátase dunha grosa masa de xeo localizado na rexión da Patagonia, Arxentina. Considérase a zona máis atractiva do Parque Nacional Los Glaciares. Este espectáculo natural ten un habitante un tanto particular: un pequeno insecto chamado Andiperla willinki.

E agora, a pregunta de hoxe:

Este monumento natural é o lago navegable máis alto do mundo. Sabes cal é?

- Lago Licancabur 

- Lago Lago Tanganica 

- Lago Titicaca

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Revista Muy Interesante


ADIVIÑA O MONUMENTO NATURAL X

m10

 

A contestación á pregunta do día anterior é a GRAN BARREIRA DE CORAL .

A Gran Barreira de Coral australiana é o maior arrecife de coral do mundo e está situado fronte á costa de Queensland. Esténdese sobre uns 2600 quilómetros de lonxitude e pode verse con facilidade desde o espazo. Estímase que alberga unhas 1.800 especies distintas (cunhas 400 especies de coral) con animais tan particulares como o dugongo e a gran tartaruga verde, en perigo de extinción.

E agora, a pregunta de hoxe:

Recoñeces o maxestuoso glaciar da imaxe?

- Glaciar Upsala.

- Glaciar Perito Moreno.

- Glaciar Crowfoot.

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Revista Muy Interesante


ADIVIÑA O MONUMENTO NATURAL IX

m9

 

A contestación á pregunta do día anterior é o EVEREST.

O Everest é probablemente tamén a montaña máis coñecida. Ten unha altura de 8848 metros sobre o nivel do mar e atópase no Himalaya, Asia, marcando con rotundidade a fronteira entre Nepal e China. Esta montaña bautizada así na honra de George Everest, o xeógrafo galés, na aos seus estudos, presenta un dos climas máis extremos do planeta, con temperaturas tan frías que poden variar entre os -20 (no verán) e os -70 ºC (no inverno).

E agora, a pregunta de hoxe:

Os tres arrecifes citados abaixo conforman a lista dos 10 arrecifes máis espectaculares do planeta pero, cal deles é o maior do mundo?

- Arrecife de Aldabra, nas Seychelles.

- Barreira de Coral, en Belice.

- Gran Barreira de Coral, en Australia.

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Revista Muy Interesante


ADIVIÑA O MONUMENTO NATURAL VIII

m8

 

A contestación á pregunta do día anterior é TURQUÍA.

O Pamukkale ou Castelo de Algodón atópase ao suroeste de Turquía, no val do río Menderes (provincia de Denizli). Esta fermosa zona alberga unhas fervenzas petrificadas de cor esbrancuxada que forman unhas piscinas naturais onde xacen augas termais cunha temperatura media de 35 graos. Os antigos gregos atribuíron ás súas augas propiedades terapéuticas, outorgadas polos deuses. Pamukkale foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1988.

E agora, a pregunta de hoxe:

O que ves é a montaña máis alta do planeta e ata ten película propia...

- Monte K2

- Monte Everest

- Monte Annapurna

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Revista Muy Interesante


ROBLEDO DE CHAVELA: UNHA ESTACIÓN ESPAÑOLA DA NASA

 

Un pequeno pobo serrano situado a 63 quilómetros ao noroeste de Madrid, Robledo de Chavela, xogou un papel fundamental para que o 16 de xullo de 1969 o home pisase a Lúa por primeira vez. Así o recoñeceu o propio Neil Armstrong: "sen as vitais comunicacións mantidas entre o Apollo 11 e a estación madrileña, a nosa aterraxe na lúa non sería posible". En realidade o astronauta norteamericano referíase a dúas bases distintas, a de Robledo e a de Fresnedillas de la Oliva, situadas a escasos 25 quilómetros de distancia naquel ano, aínda que na actualidade a segunda xa fose desmantelada, pero iso non resta méritos á participación española naquel fito tan relevante da conquista espacial. O agora coñecido como Madrid Deep Space Communications Complex (Complexo de Comunicacións do Espazo Profundo de Madrid), foi inaugurado en 1964, e unha das súas antenas recibiu a primeira foto da Terra vista desde a Lúa o 23 de agosto de 1966 retransmitida desde o Lunar Orbiter.

Naqueles anos sesenta, cunha España atrasada respecto ao resto de Europa por culpa da ditadura, a NASA tiña unhas connotacións case lendarias, de resonancias tecnolóxicas chegadas desde o outro lado do Atlántico. As estacións espaciais no noso país eran entes estraños, tan exóticos que mesmo inspiraron unha divertida película "O astronauta", protagonizada por Toni Leblanc, na que un grupo de iluminados con pouco talento e menos diñeiro empeñábanse en colocar un foguete español na lúa. Os tempos, obviamente, cambiaron moito e hoxe o MDSCC é un centro punteiro que pertence á rede internacional de antenas de radio coordinadas pola NASA, que serven como apoio a misións interplanetarias de naves espaciais, así como a observacións de astronomía e de radar para a exploración do Sistema Solar e do universo.

Unha das funcións da estación actualmente é a comunicación coas naves (orbitadores ou vehículos de superficie) que están a explorar Marte, un dos planetas que maior interese esperta na comunidade científica debido as grandes posibilidades que ten de converterse no próximo que pisen os seres humanos. As antenas do MDSC non serven unicamente para recibir información, tamén poden ser utilizadas como radiotelescopios. Son compartidas para realizar diferentes experimentos de observación de galaxias afastadas, buracos negros, outros planetas ou outras estrelas que sexan de interese científico.
 

FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El Pais/Ciencia