Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

ALBERT EINSTEIN VIII

test-einstein8

 

A contestación á pregunta do día anterior é CURMÁ.

Elsa Einstein, con quen Albert estivo casado desde 1919 ata 1936 (data en que foi diagnosticada con problemas de corazón e ril, morrendo pouco despois dunha dolorosa enfermidade o 20 de decembro dese ano) era a súa curmá por partida dobre.

E agora, a pregunta de hoxe:

Elsa Einstein foi a segunda esposa do xenio. Pero, que chamou a atención sobre ela? Na famosa ecuación de Eistein E=mc2, que significa a letra "c"?
 
-
Masa.

- Enerxía.

- Velocidade.

- Velocidade de luz.

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

ALBERT EINSTEIN VII

test-enstein7

 

A contestación á pregunta do día anterior é PARTIDO DEMOCRATICO ALEMÁN.

Einstein destacou por ser un pacifista convencido. Sentía desprezo pola violencia, a bravuconería, as agresións ou as inxustizas. Durante a I Guerra Mundial viuse obrigado a comprometerse politicamente, o que o converteu nun membro moi coñecido do Partido Democrático Alemán, DDP. Outros membros do DDP foron: Theodor Heuss, Thomas Mann, Ludwig Quidde ou Max Weber.

E agora, a pregunta de hoxe:

Elsa Einstein foi a segunda esposa do xenio. Pero, que chamou a atención sobre ela?
 
-
Que era moito máis nova ca el.

- Que era bastante máis vella ca el.

- Que era a súa curmá.

- Que era a súa sobriña.

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

ALBERT EINSTEIN VI

test-einstein6

 

A contestación á pregunta do día anterior é FALSO.

Falso. Desde 1910 e ata 1922, Einstein foi nomeado 62 veces para recibir o premio Nobel; a maioría das veces pola súa Teoría da Relatividade. Con todo nunca conseguiu o premio por ela pois a quen se encomendou a tarefa de avaliar a mesma non a entendeu e finalmente o Nobel foille concedido a Einstein polas súas explicacións sobre o efecto fotoeléctrico e as súas numerosas contribucións á física teórica. Foi no ano 1921.

E agora, a pregunta de hoxe:

A que partido afiliouse Einstein durante a Primeira Guerra Mundial?

-
Partido Popular Alemán

- Partido Socialdemócrata Alemán

- Partido Nacional do Pobo Alemán

- Partido Democrático Alemán

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

ALBERT EINSTEIN V

test-einstein5

A contestación á pregunta do día anterior é "As persoas tranquilas e silenciosas son as que teñen as mentes máis fortes e ruidosas".

A única frase ou cita que non é de Einstein é a terceira: "As persoas tranquilas e silenciosas son as que teñen as mentes máis fortes e ruidosas". Esta frase é do físico e teórico inglés Stephen Hawking. Outras famosas frases do xenio alemán son: "O importante é non deixar de facerse preguntas" ou "Primeiro tes que aprender as regras do xogo, e despois xogar mellor que ninguén".

E agora, a pregunta de hoxe:

Einstein conseguiu o Premio Nobel de Física en 1921 pola Teoría da Relatividade

- Verdadeiro.

- Falso.

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

ALBERT EINSTEIN IV

test-einstein4

A contestación á pregunta do día anterior é O COMPÁS.

Grazas ao compás, Einstein descubriu a maxia da física. Foi un dos primeiros momentos de asombro na súa vida: descubriu un compás magnético do seu pai cando tiña catro ou cinco anos. O feito de observar como a agulla sinalaba sempre na mesma dirección deixoulle completamente fascinado.

E agora, a pregunta de hoxe:

Cal destas frases non é de Einstein?

- "A mente é como un paracaídas... Só funciona se a temos aberta?

-  "O maior misterio do mundo é que resulta comprensible"

- "As persoas tranquilas e silenciosas son as que teñen as mentes máis fortes e ruidosas"

- "Dúas cousas son infinitas: a estupidez humana e o universo; e non estou seguro do segundo"  

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

ALBERT EINSTEIN III

test-einstein3

 

A contestación á pregunta do día anterior é ULM.

Einstein naceu en Ulm, cidade alemá do estado de Baden-Wurtemberg, situada entre Stuttgart, Augsburg e Múnic Ulm é coñecida pola Catedral de Ulm que conta coa torre de igrexa máis alta do mundo e por ser a cidade natal de Albert Einstein. A súa data de nacemento é o 14 de marzo de 1879.

E agora, a pregunta de hoxe:

Houbo un dispositivo que marcou un antes e un despois na vida de Einstein. Cal foi?

- O telescopio.

- O cinematógrafo.

- O compás.

-  O péndulo.

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante

ALBERT EINSTEIN II

test-einstein2

 

A contestación á pregunta do día anterior é FALSO.

As súas dúas maiores afeccións eran a navegación a vela e a música. Tocaba o violín e parece ser que a conexión entre violín e ciencia débella a Pitágoras que estudou a acústica e creou cordas tensas con pontes deslizables, as bases do actual violín. Os seus inicios coa música arrincaron con tan só 6 anos, idade en que empezou a tocar este instrumento; posteriormente continuaría co piano. Tocaba e compoñía. O seu compositor favorito era Mozart.

E agora, a pregunta de hoxe:

Lembras o nome da cidade que viu nacer a Einstein?

- Ulm

- Stuttgart

- Heidelberg

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante


ALBERT EINSTEIN

test-einstein1

Albert Einstein é considerado o personaxe máis importante do século XX, segundo a revista Time. Son moitas as curiosidades que hai ao redor deste xenio da ciencia. Queres por a proba os teus coñecementos?

Pois, comezamos!

Einstein era afeccionado á caza e á música.

- Verdadeiro.

- Falso.

Mañá a solución e... unha nova proposta!

FONTE: Sarah Romero/Revista Muy Interesante