Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

MINERAIS RAROS: A ICHNUSAITE

MINERAIS RAROS: A ICHNUSAITE

 

A ichnusaite ( Th(MoO4)2·3H2O ) exemplariza a categoría de minerais raros. Creouse a partir dunha mestura a nivel subterráneo de dous elementos radioactivos: o torio e o molibdeno. Só se atopou unha mostra en Sardeña (Italia) hai uns anos.

FONTE:Paulo Biagioni (American Mineralogist)/Xornal El País/Ciencia

MINERAIS RAROS: A NEVADAITA

MINERAIS RAROS: A NEVADAITA

 

Para definir un mineral como raro, estabécense catro categorías: a primeira fai referencia a unhas condicións únicas de creación do mineral; a segunda, á incorporación de elementos “ingredientes” moi raros ou que nunca se atoparon na códia terrestre; a terceira é que se trate de minerais efémeros, é dicir, que se derritan, evaporen ou deshidraten cando se expoñan ás condicións da superficie terrestre; e a cuarta que proveñan de escenarios extremos como volcáns en erupción, rexións remotas da Antártida ou en grao sumo profundo do océano.

Imos coñecer algúns destes minerais raros. Hoxe falaremos da NEVADAITA.

A Nevadaita (Cu2+,Al,V3+)6 Al8(PO4)8F8 (OH)2.22H2O, é un mineral clasificado en categorías uno e dúas de singularidade. Está composto por vanadio e cobre e formouse baixo condicións ambientais moi estritas. Os cristais son moi coloridos, pero microscópicos. Só se atoparon dúas mostras: unha no condado de Eureka (Nevada) e outra nunha mina de cobre en Kirguizistán.

 FONTE: Robert Downs (Universidad de Nevada)/Xornal El País/Materia

UNHA TORRE DE 1,7 KM DE ALTURA?

UNHA TORRE DE 1,7 KM DE ALTURA?

      Vista aérea do distrito proposto Next Tokyo coa Sky Milla Torre / KPF

Unha empresa de deseño xaponesa debuxou as liñas do macroproyecto Next Tokyo (futuro Tokio) con vistas a 2045 que inclúe unha torre de 1.700 metros de altura, o que a convertería, con diferenza, no edificio máis alto do mundo. A empresa responsable, Kohn Pedersen Fox (KPF) , presentou este innovador proxecto nun congreso sobre edificios altos e hábitat urbano. O rañaceos formaría parte dun novo distrito residencial "adaptado ao cambio climático", segundo puntualizan os autores. O complexo ecolóxico, que daría acubillo a medio millón de ocupantes, construiríase sobre un arquipélago artificial na baía da capital xaponesa e sería resistente a desastres naturais como terremotos ou tsunamis. A nova torre, bautizada como “Sky Mile Tower” (torre da milla do ceo), duplicaría en tamaño ao edificio Burj Khalifa de Dubái (Emiratos Árabes Unidos), o máis alto do mundo actualmente con 828 metros.

FONTE: Xornal El País

A MÁQUINA GAÑA AO HOME

 

Resolver un cubo de Rubik sen axuda e en pouco tempo sempre é rechamante. Lucas Etter, un adolescente de 14 anos, ten o récord de ser o humano que máis rápido resolveu un destes crebacabezas: tan só tardou 4,9 segundos.

Aínda que sexa sorprendente en pouco tempo no que o conseguiu, agora un robot demostrou unha vez máis a superioridade das máquinas ao resolver o cubo de Rubik en menos de 1,2 segundos. Os enxeñeiros de software Jay Flatland e Paul Rose, de Kansas (Missouri, EEUU) son os autores deste sistema robótico que inclúe varias cámaras, un computador que fai funcionar o programa para resolver o cubo de Rubik e seis brazos monitorados colocados dentro dunha estrutura creada cunha impresora 3D que fai virar os lados do cubo.

As cámaras escanean o cubo, entregan a información ao algoritmo do programa (chamado Kociemba) e este algoritmo informa os motores da secuencia de movementos que teñen que facer para resolver rápido o cubo. Ademais, o cubo ten seis orificios nos seis caras para que os brazos do robot poidan manipulalo.

Nunha das probas, a máquina conseguiu facer o crebacabezas en tan só 1,04 segundos.

Actualmente, a máquina que ten o récord puido resolvelo en 3,253 segundos. Agora, Flatland e Rose están en proceso de tramitacións para conseguir que o seu robot sexa recoñecido polo Guiness World Record.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

NON É OURO TODO O QUE RELOCE (II)

NON É OURO TODO O QUE RELOCE (II)

 

Un bo titular para esta imaxe sería Apocalipse... A fin do mundo!, pois seguro que o tsunami levaría por diante a toda esa xente da praia. Pero todo ten unha explicación: as nubes.

A meteoroloxía tenas catalogadas: son coñecidas como nubes arcus e adoitan preceder ás tormentas, pero non estamos moi habituados a velas. O pasado 6 de novembro una delas chegou á costa de Australia, preto do centro de Sídney, e as imaxes que deixou foron tan espectaculares que fixeron que fose rebautizada nas redes sociais como a “nube tsunami”.

Quen se atopaba na praia de Bondi foron quen puido captar a nube-onda no seu maior esplendor.  As cores, o tamaño, a forma da nube e a súa proximidade ao mar crearon no ceo un efecto similar ao provocado polos maremotos.

FONTO: Verne/elpais.com

NON É OURO TODO O RELOCE

NON É OURO TODO O RELOCE

Esta impresionante nube foi fotografada na illa de Madeira polo blogueiro Rogerio Pacheco o pasado día 24 de xaneiro, que el bautizou como a "A ma de Deus".

Este sería un bo titular para esta imaxe: A espectacular “bóla de lume” que cruzou o ceo de Portugal. Pero, como moitas outras veces, non é ouro todo o que reloce.

A explicación ten que ver cos tipos de nubes e a luz do Sol. Neste caso entraron en xogo tres capas de nubes a distinta altitude e a luz do sol quedou atrapada entre elas. Estas nubes, coñecidas como cúmulus, sobrevóannos todo o tempo, pero habitualmente non podemos distinguir tan claramente os diferentes tons de gris dunha e outra. O efecto viuse reforzado pola luz do Sol ao amencer, polo que seguramente o fenómeno durou apenas uns minutos. (Explicación dada ao fenómeno por Aisling Creevey, da Canle Meteorolóxica da BBC).

FONTE: Verne/elpais.com

A IMAXE CON MAIOR RESOLUCIÓN DA HISTORIA DA ASTRONOMÍA

 

Unha colaboración internacional entre 15 antenas terrestres e a antena da misión espacial RadioAstron (da Axencia Espacial Rusa), en órbita ao redor da Terra, conseguiu captar a imaxe con maior resolución da historia da astronomía. O traballo, liderado por investigadores do CSIC no Instituto de Astrofísica de Andalucía, achega novas claves para o estudo das galaxias activas.

Esta imaxe foi posible grazas á técnica coñecida como interferometría de moi longa base (VLBI polo seu acrónimo en inglés), que desde 1974 permite que múltiples radiotelescopios separados xeograficamente traballen ao unísono, funcionando como un telescopio cun diámetro equivalente á distancia máxima que os separa.

FONTE: csic.es

RA. CONSIDERADA EXTINTA, REAPARECE 100 ANOS DESPOIS

RA. CONSIDERADA EXTINTA, REAPARECE 100 ANOS DESPOIS

Os cágados da ra Frankixalus descubierta na India 7 Altaf Qadri AP

Durante máis dun século, creuse que unha especie de ras arbóreas, descuberta por un naturalista británico en 1870 e que se atopa exposta no Museo de Historia Natural de Londres, estaba extinta. Ata agora. Un grupo de científicos, encabezado polo indio Sathyabhama Dás Biju, redescubriu ás ras, ás que chamaron “Frankixalus”,  en distintos puntos das selvas do nordés de India. Ademais, cren que poderían estar a habitar nunha ampla franxa de China e Tailandia.

As ras foron achadas en catro rexións de India situadas a unha gran altura, pero onde algunhas áreas forestais xa foran talladas e queimadas en 2014 para o desenvolvemento agrícola, o asentamento humano e a construción de estradas. Ademais, o desenvolvemento económico da última década no país do sur de Asia tamén propiciou o aumento da contaminación á que esta especie é especialmente sensible.

O achado produciuse de casualidade. O científico relatou que o seu equipo levaba buscando outros anfibios desde 2007 cando, unha noite, escoitaron "unha orquestra musical que chegaba das copas das árbores". Observaron o fenómeno e estudaron o aspecto exterior das ras e as características do seu esqueleto, pero non foi ata que secuenciaron o seu código xenético cando confirmaron que se trataba dun novo xénero. E, sorprendentemente, descubriron que posuían o mesmo ADN que outras ras provenientes de China baixo unha identidade equivocada.

FONTE: Xornal El País/Ciencia