Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

TÉMPORAS: COMO SERA O OUTONO?

TÉMPORAS: COMO SERA O OUTONO?

 Ceo de outono / Imaxe:Juan Ramón Quintana Estellés/fotonatura.org

Estamos nos días das TÉMPORAS, pero que son?

As témporas consisten en mirar o ceo nuns días concretos antes das 00:00 h. para ver que tempo fai nese momento, se o ceo está despexado, se hai nubes, cara a onde sopra o vento... Segundo esas observacións, dise que o tempo que había o primeiro día de témporas é o que predominará o primeiro mes da estación, o segundo día de témporas será o do segundo mes da estación e o terceiro día de témporas corresponderá ao terceiro mes da estación. Nos textos antigos consultados aclárase que o día máis importante é o sábado e que as datas concretas son as seguintes:

- Témporas de primavera: o mércores, venres e sábado da primeira semana de Coresma.

- Témporas de verán: o mércores, venres e sábado da semana de Pentecoste, antes da Santa Trindade.

- Témporas outono: o mércores, venres e sábado da semana que segue o 14 de setembro (Exaltación da Santa Cruz); e que poden caer dende o 15 ao 24 (ambos os dous inclusive) debido ao movemento da Pascua. Nalgúns textos chámanas témporas de San Mateo que é o 21 de setembro.

- Témporas de inverno: o mércores, venres e sábado da semana despois do terceiro domingo de advento que adoita coincidir entre o 14 e o 23 de decembro.

Estade atentos e despois veremos se acertan!

FONTE:santiagopeman.com

UN PRIMATE COLOSAL: O GIGANTHOPITECUS

UN PRIMATE COLOSAL: O GIGANTHOPITECUS
Recreación do aspecto do primate Giganthopitecus / Imaxe:animalesprehistóricos.com

O estudo da evolución de primates e homínidos ao longo da historia deixa espécimes que chaman a atención polas súas características.

Un deles é o Giganthopitecus, un primate que viviu dende hai un millón de anos ata hai 300.000, e que é o mono máis grande endexamais existiu.

Os restos atopados diste antepasado dos orangutáns sitúanse en China, India e Vietnam e estímase que puido convivir co homo erectus na rexión asiática.

As magnitudes deste primate asustan. En canto ao seu peso, chegaba a triplicar o peso dun gorila ao acadar os 500 kg. A súa altura tampouco deixa indiferente a ninguén ao chegar, e incluso superar, os 3 metros.

Pouco se coñece realmente sobre estes primates. Pénsase que o seu herdeiro directo máis próximo son os orangutáns, e non os gorilas, en canto á fisionomía. Os máis curiosos falaron sempre deste animal como un verdadeiro Yeti ou «Big Foot» debido ao seu aspecto e enorme tamaño.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia.

O CACTO CAMIÑANTE

O CACTO CAMIÑANTE

Cacto camiñante (Diania cactiformis) / Imaxe:species.asu.edu

Novena das dez novas especies máis curiosas ou sorprendentes descritas de forma oficial o ano pasado e que aparecen no Top 10 de 2012 do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE): Cacto camiñante.

Cacto camiñante (Diania cactiformis): Parece un cacto, pero en realidade pertence a un grupo extinto denominado Lobopodia acoirazado. Como é o único lobopodia vivo, o Onychophora o verme veludo, ten un corpo semellante aos vermes e con pares de patas. O seu descubrimento é importante porque engade peso á teoría de que os artrópodos (o maior grupo de animais vivos, incluídos os insectos, arañas e crustáceos) evolucionaron de antepasados de lobopodia. Foi descuberto por un equipo de científicos chinos no depósito de Chengjiang (suroeste de China), coñecido polos seus restos do Cámbrico (hai 520 millóns de anos).

FONTE: Revista Consumer.

O CEMPÉS SALCHICHA

O CEMPÉS SALCHICHA

Cempés salchicha (Crurifarcimen vagans) / Imaxe: species.asu.edu

Oitava das dez novas especies máis curiosas ou sorprendentes descritas de forma oficial o ano pasado e que aparecen no Top 10 de 2012 do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE): Cempés salchicha.

Cempés salchicha (Crurifarcimen vagans): Aínda que non é rival para o Archispirostreptus gigas e os seus 38 centímetros de lonxitude, este cempés logrou un novo récord cos seus 16 centímetros. Localizado nas montañas do Arco Oriental de Tanzania, un dos puntos quentes da biodiversidade do planeta, ten un centímetro e medio de diámetro e uns 56 aneis cos seus respectivos pares de patas.

FONTE: Revista Consumer.

ORQUÍDEA NOCTURNA

ORQUÍDEA NOCTURNA

Bulbophyllum nocturnum / Imaxe:ecodiario.eleconomista.es

Sétima das dez novas especies máis curiosas ou sorprendentes descritas de forma oficial o ano pasado e que aparecen no Top 10 de 2012 do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE):Orquídea nocturna.

Orquídea nocturna (Bulbophyllum nocturnum): É a primeira que florece de noite entre as máis de 25.000 especies coñecidas de orquídeas. Descuberta en Papua Nova Guinea, esta pequena especie comenza a abrirse sobre as 22:00 horas e dura só unhas doce horas. Ten follas de ata 6,2 cm de lonxitude e 3,2 cm de ancho. Produce talos de floración de só 5 mm de lonxitude, e só unha flor de 2 cm de longo. Crese que podería estar en risco pola destrución do seu hábitat.

FONTE: Revista Consumer

MEDUSA OH BOY!

 

Sexta das dez novas especies máis curiosas ou sorprendentes descritas de forma oficial o ano pasado e que aparecen no Top 10 de 2012 do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE):Medusa oh boy!.

Medusa oh boy! (Tamoya ohboya): O seu nome decidíuse nun concurso on line con centos de votos e que gañou unha profesora de secundaria (Lisa Peck), que explicou que todo o mundo que a ve exclama "oh boy!" (oh rapaz!) pola súa grande beleza. Esta medusa velenosa víuse en 2001 nas Antillas Holandesas pero non foi ata 2011 cando se describíu de forma científica.

FONTE: Revista Consumer

MONO ESBIRROS

MONO ESBIRROS

Rhinopithecus strykeri / Imaxe:Thomas Geissmann / Fauna & Flora International

Quinta das dez novas especies máis curiosas ou sorprendentes descritas de forma oficial o ano pasado e que aparecen no Top 10 de 2012 do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE):Mono esbirros.

Mono esbirros (Rhinopithecus strykeri): Caracterízase pola súa pel negra e a súa barba branca e por esbirrar cando chove. De feito, os investigadores localizárono grazas a esta singular peculiaridade, que trata de evitar ao sentarse coa cabeza entre as pernas para que as gotas de chuvia non cheguen ao seu nariz. É o primeiro mono de nariz chata descuberto nas altas montañas de Myanmar (antes Birmania) e crese que está en perigo crítico de extinción. O descubrimento ten especial importancia porque dende o ano 2000 só se atoparon unha media anual de 36 mamíferos.

FONTE:Revista Consumer

ELIODOMESTICO

ELIODOMESTICO

Eliodomestico / Imaxe:gabrielediamanti.com

En moitas ocasións, as ideas máis simples son as máis efectivas á hora de resolver os problemas máis complexos. Esta é a premisa seguida polo deseñador italiano Gabriele Diamanti  para crear un purificador de auga salgada capaz de funcionar tan só con enerxía solar.

O invento, denominado Eliodomestico, consiste nunha especie de forno de barro que consta dun depósito superior que se enche con agua salgada.

O aparato debe permanecer exposto á luz del Sol durante todo o día, o que permite que a temperatura e a presión do interior do depósito aumente ata evaporar a auga, libre de sal. Despois de condensarse nas paredes do recipiente, esta auga desalinizada descende por uns conductos especiais ata un contedor situado na parte inferior del forno, lista xa para ser consumida.

Grazas a esta sinxela idea, os habitantes de moitas zonas nas que a auga potable escasea poderían acceder de forma cómoda e barata a este ben tan esencial. Diamanti asegura que os proxectos non só son para facer cartos, senon tamén para contribuír ao ben común.

FONTE: Ecoosfera.com