Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

TRUCOS PARA A VIDA DIARIA V

TRUCOS PARA A VIDA DIARIA V

Poñer a ferver algo nunha ola e ver como bota fóra pola cociña ou vitrocerámica é algo que acontece moi a miúdo. Para evitar esta húmida situación, tal como amosa a fotografía superior, unha simple culler de madeira colocada sobre o recipiente resolverá o problema.

Bo truco!

TRUCOS PARA A VIDA DIARIA IV

TRUCOS PARA A VIDA DIARIA IV

Nalgunha ocasión tivestes que meter na argola dun chaveiro unha nova chave. A situación é complicada pois non é fácil separar os dous metais do aro, deixando parte das unllas ou incluso tendo que recorrer aos dentes ou a un coitelo.

Tal como amosa a fotografía superior a solución é sinxela. Un simple quitagrampas facilitará a separación e posterior inclusión da nova chave.

Bo truco!


TRUCOS PARA A VIDA DIARIA III

TRUCOS PARA A VIDA DIARIA III

 

Unha situación, unha solución. Máis dunha vez, sobre todo os máis pequenos, tomaron un refresco de lata cunha palliña. O problema xorde cando esta, xogando, cae ao chan. A solución témola na fotografía superior: o mesmo abridor da lata serve para fixala e evitar que se mova e se perda.

Bo truco!

TRUCOS PARA A VIDA DIARIA II

TRUCOS PARA A VIDA DIARIA II

 

Unha situación, unha solución. Cada vez que pintamos as paredes, portas… o bote está cheo de liñas de pintura como consecuencia de escorrer a brocha. A solución a este problema é a que se amosa na imaxe superior: unha goma. Así os restos da pintura quedarán no bote, evitando manchas e perdas innecesarias do produto.

Bo truco!

TRUCOS PARA A VIDA DIARIA I

TRUCOS PARA A VIDA DIARIA I

 

Unha situación, unha solución. Máis dunha vez tivemos que cravar unha punta nunha madeira, e ai!..., de cheo co martelo no dedo.

Do xeito que amosa a fotografía superior evitaremos esta dolorosa situación, empregando os dentes do peite como guía de suxeición.

Bo truco!

LESULA

LESULA
Un Cercopithecu Hamlyni adulto cautivo e, á dereita, a nova especie, Cercopithecus lomamiensis, tamén en idade adulta / Imaxe:Hart JA/Noel Rowe

 

Investigadores da Universidade de Yale identificaron unha nova especie de mono africano, coñecido co nome común de "Lesula". Trátase do Cercopithecus lomamiensis  , segundo publica un informe presentado na revista "PLOS ONE" . Esta é a segunda especie dun mono africano descuberto nos últimos 28 anos.

Os  
Cercopithecus Lomamiensis viven nos bosques tropicais das terras baixas do centro da República Democrática do Congo. Os datos examinados, tanto morfolóxicos como xenéticos confirman que esta é unha nova especie pero ten un conxénere moi próximo o Cercopithecu Hamlyni. Estas dúas comunidades están separadas xeograficamente polo río Congo e o seu afluente o Lomami.

Os exemplares desta nova especie, que se alimenta de vexetais, son fuxidíos e de tamaño medio.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia


TIBURÓN ANGUÍA

TIBURÓN ANGUÍA

Tiburón anguía, atopado nas costas de Xapón / Imaxe:El viajero astuto/El País

O mundo dos animais depáranos sorpresas diariamente. Entre elas están eses animais raros catalogados como monstros.

Un deles, unha reliquia antediluviana é o tiburón anguía (Chlamydoselachus anguineus), un escualo moi primitivo con dentes en serra que vive a grandes profundidades, podendo acadar os catro metros.

TARÁNTULA DE SAZIMA

TARÁNTULA DE SAZIMA

Tarántula de Sazim / Imaxe: news.mongabay.com

Décima, e última, das dez novas especies máis curiosas ou sorprendentes descritas de forma oficial o ano pasado e que aparecen no Top 10 de 2012 do Instituto Internacional para a Exploración de Especies (IISE):Tarántula de Sazima.

Tarántula de Sazima (Pterinopelma sazimai): esta tarántula azul iridescente foi atopada no Parque Nacional da Chapada Diamantina, Bahía (Brasil). Os científicos cren que a súa supervivencia, ao igual que o resto de especies de tarántulas, pode estar en perigo debido á perda de hábitat e á captura excesiva para o comercio de mascotas.

FONTE: Revista Consumer.