Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

EVEREST

 

Os investigadores do Centro Aeroespacial Alemán (DLR)  representaron o Monte Everest , situado no Himalaia e considerado o "teito do mundo", en 3 D a partir de datos de satelitales ópticos a unha resolución máxima de apenas medio metro. Estas imaxes 3D son o resultado dunha iniciativa de colaboración entre o Instituto DLR de Robótica e Mecatrónica e a empresa 3D RealityMaps GmbH e DigitalGlobe. O vide permítenos seguir a ruta tomada por 15 alpinistas dunha expedición ao cumio da montaña máis alta do mundo (8.848 metros).

A LÁMPADA CENTENARIA

A LÁMPADA CENTENARIA

"Bombilla centenaria" / Imaxe:cienciados.com

Que unha lámpada leve acesa 110 anos non é normal, pois ao fin e ao cabo é un filamento incandescente, que facilmente se funde. A denominada "lámpada centenaria" leva lucindo, sen apenas interrupcións dende 1901. É unha lámpada de 60 W, aínda que a súa potencia non supera os 4, e atópase no cuartel de bombeiros número 6 de Livermore, California, iluminando coa súa palidez, 24 horas ao día, aos camións de bomberios non seu garaxe.

Que se saiba, a parte dalgún que outro apagamento na zona, a lámpada deixou de lucir nunha ocasión, no ano 1976, cando a sede do cuartel dos bombeiros foi transladada ás novas instalacións. Para evitar desgustos, e ante o temor de que ao afloxala do seu casco a lámpada se rompera, os electricistas cortaron o cable polo san e o pequeno "tesouro" foi transportado ao seu novo destino con escolta policial e nun coche de bombebeiros. A interrupción apenas durou 22 minutos.

Os científicos pregúntanse como é posible que aguantase tanto tempo sen apagarse. Esta lámpada diferénciase de dúas formas dunha lámpada incandescente contemporánea. En primeiro lugar, o seu filamento é unhas oito veces máis groso que o dunha lámpada actual incandescente. En segundo lugar, ese filamento, posiblemente feito de carbono, é semicondutor".

A "lámpada centenaria", figura no Guinnes dos Records, foi soprada a man pola  
Shelby Electric Company , de Ohio, a finais da década de 1890 e doada despois polo dono desa compañía ao departamento de bombeiros en 1901.


A COCHINILLA E O VERMELLO PERFECTO

A COCHINILLA E O VERMELLO PERFECTO

Cochinillas / Imaxe:www.yorokobu.es

A cochinilla (Dactylopius coccus) debería ser considerada xunto ao ouro ou a prata como un dos grandes tesouros do Imperio Español en América.

A humanidade tradicionalmente tivo unha relación especial coa cor vermella en particular, difícil de lograr con tinguiduras vexetais. Ata que descubriron que machucando e fervendo o corpo das femias de cochinilla, que abundaban en certos tipos de cacto que medraba en México, obtíñase un vermello máis intenso e duradeiro, o "vermello cochinilla" ou tamén chamado "vermello perfecto".

Actualmente o Cochinilla (L-120) é considerado como o mellor dos colorantes naturais. Úsase para colorear xaropes, confeituras, marmeladas, conservas vexetais, xeados e lácteos como o iogur e o queixo fresco; e en produtos cárnicos e en bebidas. Poderiamos dicir, en certa forma, que comemos cochinillas a diario.

FONTE: yorokobu.es

O ZAPATEIRO

O ZAPATEIRO

 Zapateiro (Gerris lacustris) / Imaxe:yorokobu.es

Seguro, que máis dunha vez, tédelo visto sobre as augas tranquilas das beiras dun regato. Trátase do zapateiro (Gerris lacustris), tamén coñecido como pernalongas de auga, patinadores de auga... Teñen unha curiosidade especial: flotar. Pero como o consegue?

Estes insectos deslízanse sobre a auga apoiándose no seu segundo e terceiro terceiro par de patas, moito máis longas que as dianteiras. Mentres que o segundo dá impulso, o último serve de leme para ir en calquera dirección. Cada unha destes dous pares de patas posúen unha especie de almofada formada por pelos hidrófobos, que conseguen formar unha minúscula bolsa de aire sobre a superficie, o que os mantén en flotación constante.

Así as patas dianteiras quedan libres para capturar os pequenos insectos dos que se alimenta. Trátase dun insecto carnívoro, que axuda a manter a auga limpa doutros insectos como por exemplo os mosquitos. E sempre van en grupo, axudándose mutuamente a cazar comida.

FONTE:www.yorokobu.es

MAXIA

 

A maxia e os magos sempre me fascinaron. A posibilidade de facer realidade o imposible sempre estivo na mente do home, por iso a ciencia ten un apartado no mundo da maxia, pero tamén serve para explicar, por iso é ciencia, a súa esencia: o truco.

Un mago británico, Steven Frayne (Bradford-Inglaterra,1982), máis coñecido como "Dynamo" ten moitos seguidores ultimamente. No vídeo superior vese en tres situacións "de nota".

E o truco? Haino, pero parece realidade. É a maxia!

A ESCALA DO UNIVERSO

A ESCALA DO UNIVERSO

The Scale of the Universe 2 / Imaxe: inim.es

Queres dar unha volta polo universo, nun tempo razoable e entre as escalas do máis inimaxinablemente grande e o infinitesimalmente pequeno?

Pois proba The Scale of the Universe 2 e a gozar. Abonda mover a barra de desprazamento ou usar a roda do rato, e tamén se pode facer clic sobre os obxectos para aprender algo sobre eles.

Estás interasdo? Pois preme aquí: A ESCALA DO UNIVERSO .

UNHA NOVA ESPECIE DE VERME:" YODA PURPURATA"

UNHA NOVA ESPECIE DE VERME:" YODA PURPURATA"

Parecido entre os labios do verme e as orellas de Yoda / EM

Un personaxe de "A Guerra das Galaxias" habita no fondo dos océanos. Unha nova especie de verme descuberta nas profundidades do Atlántico foi bautizada "Yoda purpurata " polo seu parecido co mestre jedi da famosa saga cinematográfica dirixida por George Lucas. Os científicos decidiron homenaxear deste xeito a Yoda, debido á rechamante similitude entre os longos labios do animal e as orellas do mítico personaxe.

O verme, de cor avermellada púrpura, foi descuberto durante unha expedición no Atlántico entre Islandia e as Azores  xunto con outras dúas especies nun ecosistema a 2,8 quilómetros de profundidade. O animal é descrito no último número da revista Invertebrate Biology.

Máis alá do seu curioso nome, o animal é un ben prezado para os investigadores: "Non é exactamente un elo perdido pero si dá unha boa idea sobre a evolución temperá dos vertebrados".

O descubrimento deste verme é o último caso dentro dunha longa lista de especies bautizadas con nomes de famosos cantantes, políticos ou científicos. Así o verme Yoda únese á
mosca Beyoncé , ao peixe parasito Bob Marley  ou a un trío de escaravellos bautizados como George Bush, Dick Cheney e Donald Rumsfeld.

 

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

TRUCOS PARA A VIDA DIARIA VI

TRUCOS PARA A VIDA DIARIA VI

A situación é a seguinte: coller auga nun caldeiro nun cuarto de baño que só ten unha billa na pileta. A solución témola na fotografía superior: un simple recolledor de man. O seu mango ten, normalmente, media abertura que fai de canle para conducir a auga da billa ao caldeiro.

Bo truco!