O ZAPATEIRO
Zapateiro (Gerris lacustris) / Imaxe:yorokobu.es
Seguro, que máis dunha vez, tédelo visto sobre as augas tranquilas das beiras dun regato. Trátase do zapateiro (Gerris lacustris), tamén coñecido como pernalongas de auga, patinadores de auga... Teñen unha curiosidade especial: flotar. Pero como o consegue?
Estes insectos deslízanse sobre a auga apoiándose no seu segundo e terceiro terceiro par de patas, moito máis longas que as dianteiras. Mentres que o segundo dá impulso, o último serve de leme para ir en calquera dirección. Cada unha destes dous pares de patas posúen unha especie de almofada formada por pelos hidrófobos, que conseguen formar unha minúscula bolsa de aire sobre a superficie, o que os mantén en flotación constante.
Así as patas dianteiras quedan libres para capturar os pequenos insectos dos que se alimenta. Trátase dun insecto carnívoro, que axuda a manter a auga limpa doutros insectos como por exemplo os mosquitos. E sempre van en grupo, axudándose mutuamente a cazar comida.
FONTE:www.yorokobu.es
1 comentario
paideleo -