LESULA
Investigadores da Universidade de Yale identificaron unha nova especie de mono africano, coñecido co nome común de "Lesula". Trátase do Cercopithecus lomamiensis , segundo publica un informe presentado na revista "PLOS ONE" . Esta é a segunda especie dun mono africano descuberto nos últimos 28 anos.
Os Cercopithecus Lomamiensis viven nos bosques tropicais das terras baixas do centro da República Democrática do Congo. Os datos examinados, tanto morfolóxicos como xenéticos confirman que esta é unha nova especie pero ten un conxénere moi próximo o Cercopithecu Hamlyni. Estas dúas comunidades están separadas xeograficamente polo río Congo e o seu afluente o Lomami.
Os exemplares desta nova especie, que se alimenta de vexetais, son fuxidíos e de tamaño medio.
FONTE: Xornal ABC/Ciencia
0 comentarios