Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

QUE SERÁ?

QUE SERÁ?

 

Aparentemente parece unha cuspidela ou cuspiñada (porción de saliva ou segregación do aparato respiratorio que se expulsa dunha soa vez), que máis dunha vez atoparíades dando paseos polo monte ou campo,  pero non é o caso.

Entón que será? A solución, atoparala nun excelente artigo publicado na páxina de ANABAM. Estás interesado?, pois pincha AQUÍ.

A natureza non deixa de sorprendernos!

FONTE: www.anabam.org

VOLVER A TER PELO

VOLVER A TER PELO

Rato lampiño cun mechón de pelo rexenerado / U.da Ciencia de Tokio

Cando un adulto perde os folículos capilares e queda calvo, xa non recupera o pelo perdido. A posibilidade de que volva a medrar unha frondosa melena de forma natural é, prácticamente, un milagre. Pero, ao mellor deixa de selo, coa axuda da bioenxeñería. Un equipo de investigadores xaponeses desenvolveu unha nova técnica con células nai capaz de rexenerar totalmente o pelo en ratos adultos. Os investigadores implantaron xérmenes de folículo piloso en cobaias de laboratorio completamente lampiñas e conseguiron que a pelaxe e as vibrisas, os peliños do bigote que utilizan moitos animais cun propósito sensorial, medraran sans e fortes, como se sempre estiveran alí. Os científicos, que publicaron o seu traballo na revista científica Nature Communications, prepáranse para realizar probas clínicas con seres humanos dentro de tres anos para atopar unha «cura» á alopecia e similares problemas capilares.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

CAMBIO DE LOOK

CAMBIO DE LOOK

Mutación de cor e debuxo na pel dun calamar / Imaxe:Colin Marshall/imagebroke/Gtres

A facultade dos camaleóns para cambiar de cor é moi coñecida, pero para os científicos que estudan a mutabilidade na natureza, as sepias, os polbos e os calamares son as auténticas estrelas. Estes cefalópodos, capaces de mutar a cor e o debuxo da pel nunha fracción de segundo, eluden aos depredadores camuflándose hábilmente en rochas e arrecifes. O truco: o control neural de millóns de órganos pigmentarios da pel e células reflectoras de luz.

Hoxe os biólogos pensan que as opsinas (proteínas receptoras de luz) detectadas nos ollos, tamén interveñen. Investigadores do Laboratorio Biolóxico Mariño de Woods Hole, Massachusetts, descubriron que certa opsina presente nos ollos dos cefalópodos tamén se atopa na súa pel.

O descubrimento podería axudar á creación de materiais novos, como plásticos ou papeis de decoración, cuxo debuxo cambiaría con só pulsar un botón.

FONTE: Revista National Geographic /Abril 2012

ESTATUAS DA ILLA DE PASCUA

ESTATUAS DA ILLA DE PASCUA

Monái ("estatua") que se atopa na Illa de Pascua / Imaxe:cassetteblog.com

As estatuas da Illa de Pascua teñen corpo! Estas estatuas visibles ocultan moitos segredos, máis da metade do seu tamaño está enterrado baixo terra e revela a existencia dun corpo e mans.

Un grupo privado de investigación descubríu recentemente unha estatua que ten moitos escritos no seu corpo, sobre os que se está a traballar na súa traducción.
Esta illa volcánica,
situada na Polinesia, ao sur do Océano Pacífico, foi descuberta polo navegante holandés Jakob Roggeveen o Domingo de Pascua de 1722, e posteriormente convirtíuse en posesión de Chile en 1888. Se ben moitos misterios rodean á Illa de Páscua
, o descubrimento destes escritos colocados baixo terra pode revivir moitos debates.  

A hipótese máis probable é que unha onda xigante varreu a illa e a súa antiga civilización, que se perdeu nas brumas do tempo. As estatuas non foron enterradas, pero o paso do tiempo, o entullo e o po borraron esta civilización, da que non se sabe nada.

TRES OU CATRO

TRES OU CATRO

Son tres ou catro? 3

Seguro? 4

Seguro?

O BAILE DE VENUS E XÚPITER

Unha conxunción planetaria permitirá ver os corpos celestes máis brillantes que nunca. A Lúa unirase a partir do 25 de marzo.

PEIXE ELEFANTE

PEIXE ELEFANTE

Peixe elefante / Imaxe:animalmascota.com

Gnathonemus petersii é o nome científico do peixe elefante, que vive nas augas cálidas de África occidental, dende a cunca do río Níger atao a do Congo, así como tamén nos ríos Benue, Zaire e Ogun, e no lago Chad. O nome deste xénero deriva do vocablo grego gnathos (mandíbula), facendo refrencia ao órgano móbil en forma de trompa que loce baixo a súa boca. Na súa cola ubícase un órgano eléctrico que emite descargas de baixa intensidade cunha frecuencia de ata 80 veces por segundo. Medindo as variacións do campo magnético ao seu redor a traves de máis de 5.000 sensores por toda a súa pel, o peixe elefante pode orientarse, detectar obxectos e comida no seu entorno, comunicarse cos seus conxéneres,... Incluso é capaz de nadar con soltura marcha atrás.

PEIXE BOLBORETA DE CATRO OLLOS

PEIXE BOLBORETA DE CATRO OLLOS

 Peixe bolboreta de catro ollos / Imaxe:hogarutil.com

Chaetodon capistratus é o nome científico do peixe bolboreta de catro ollos, unha especie que habita nos arrecifes de coral. O seu nome deriva dos termos gregos chaite (cabelo) e odous (dentes), facendo alusión ás Fiadas de dentes que locen como cepillos na súa boca. O máis curioso desta especie é que preto da aleta caudal amosa dous ocelos ou falsos ollos, un a cada lado, que emprega para enganar aos seus depredadores, facéndolles cer que o seu tamaño é moito maior e confundíndoos sobre a situación auténtica da súa cabeza. Vistas dende enriba, as súas longas aletas pectorais asemellan ás de bolboreta.