Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

O TRÁNSITO DE VENUS POR DIANTE DO SOL

O 5 de xuño, de hoxe nunha semana, Venus pasará por diante do Sol visto dende a Terra, producindo unha silueta que é probable que ninguén con vida o volva  ver outra vez.

Os tránsitos de Venus son moi raros, xa que veñen en pares separados por máis de cen anos. Este tránsito de xuño, é o segundo dun par que comprendeu de 2004-2012, e non se repetirá ata o ano 2117. Afortunadamente, o evento será amplamente visible. Os observadores nos cinco continentes, e incluso unha pequena porción da Antártida, estarán en posición para velo.

Paso de Venus ante el Sol en 2004. | Efe-Epa

                                           Paso de Venus ante o Sol en 2004 / Efe-Epa

O tránsito de case 7 horas empeza ás 22:09 (UTC) o 5 de xuño. O horario favorece aos observadores na metade do Océano Pacífico, onde o sol estará en todo o alto durante a travesía. Nos EE.UU., o tránsito acadará o seu mellor momento ao atardecer.

No caso de A Guarda, será visible o mércores día 6, pero non tan favorablemente, comenzando ás 00:03 ata as 06:55, sendo ás 03:30 horas no mellor momento.(Horario GTM+2 Europa/Madrid)

O tránsito de Venus prodúcese cando este planeta pasa por diante do Sol. Venus e a Terra atópanse aliñados. Durante o proceso, o observador pode contemplar un disco circular negro que tarda varias horas en atravesar a superficie brillante do astro rei, como se se tratara dun minieclipse solar.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

 

 

A LEITE E A CONTAMINACIÓN

A LEITE  E  A CONTAMINACIÓN

Vaso de leite / Imaxe: buenasalud.net

Quen non o fixo algunha vez? Os restos da leite do almorzo acaban desaparecendo polo sumidoiro do fregadeiro da cocina. É un xesto case cotián, pero tamén unha forma ingrata de tratar o planeta e desaproveitar os recursos. Unha investigación realizada por científicos británicos asegura que a leite desperdiciada no seu país crea cada ano unha pegada de carbono equivalente ás emisións provocadas polos tubos de escape de miles de automóbiles.

Os científicos da Universidade de Edimburgo din que cada ano desperdícianse no Reino Unido preto de 360.000 toneladas de leite, o que xera emisións de gases de efecto invernadoiro equivalentes a 100.000 toneladas de CO2., o mesmo que emiten uns 20.000 coches anualmente. Non é que a leite en si mesma a que contamina, senón as explotacións gandeiras necesarias para producila... e despois tirarla.

O TRUCO DAS TARÁNTULAS PARA ESCALAR

O TRUCO DAS TARÁNTULAS PARA ESCALAR

Tarántula mexicana / Imaxe:Claire Rind 

Segundo un novo estudo, publicado na revista The Journal of Experimental Biology, as tarántulas disparan seda por uns "surtidores" das súas patas para escalar superficies esvaradizas.

Manter o equilibrio é crucial para estes delicados arácnidos, que seguramente morrerían nunha caída. Por este motivo, as tarántulas utilizan seda a miúdo, de forma bastante semellante á que emprega Spiderman cando escala paredes, para pegarse ás superficies e aferrarse firmemente, incluso cando o chan  é pouco firme, confirmou o estudo.

As tarántulas non tecen arañeiras normais, senón que empregan a súa seda para forrar ou protexer os seus tobos. A teoría do lanzamento de seda xurdíu por primeira vez en 2006, pero os científicos estiveran divididos  daquela entre os que pensaban que as tarántulas lanzaban seda polas patas e os que opinaban que collían seda das súas fieiras (órganos prouctores da seda)  que a usaban como pegamento.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia.

ESTRAÑO SER MARIÑO

 

Hai poucas semanas, concretamente o 27 de abril, aparecu publicado en Youtube un video dunha estraña criatura mariña que rápidamente provocou que a imaxinación de moitos se disparase, provocando miles de comentarios e rumores sobre o que podería ser ese estraño ser subacuático.

Pero nada máis lonxe da realidade. A sorprendente criatura que se ve nas imaxes parece que non é máis que unha "Deepstaria enigmática", unha especie de medusa duns sesenta centímetros de diámetro que vive nas profundidades mariñas e que foi descrita por F.S. Russel en 1967.

Ainda que todo apunta a esta opinión, outros investigadores opinan que se trata dunha "Gigantea Stygiomedusa". Este tipo de medusa chega a medir varios metros, podendo acadar incluso os 6 de largo, e vive nas profundidades abisales. Trátase dun animal case criptozoológico que só foi observado polos científicos 114 veces nos últimos 100 anos. Sen embargo, vendo o video queda case descartado, xa que este tipo de medusa caracterízase polos seus longos tentáculos, órgano dos que carece a criatura do video.

FONTE: Xonal ABC/Ciencia

DEMIÑO ESPIÑENTO

DEMIÑO ESPIÑENTO

Demiño espiñento / Imaxe:medioambiente.org

Moloch horridus é o nome científico do demiño espiñento, da familia Agamidae, un réptil do deserto australiano co corpo totalmente cuberto de espiñas e duns 20 cm. É un animal mirmecófago, é dicir, que se alimenta a base de formigas, que colle coa súa lingua, chegando a comer ata 750 destes insectos nun só día. Para sobrevivir no árido deserto desenvolveu algunhas estratexias curiosas. A  máis chamativa é que cando chove, ou simplemente hai certa humidade no ambiente, a auga que cae ou se condensa sobre a pel é conducida por capilaridade ata a boca. Incluso chegouse a comprobar que é capaz de introducir as patas nunha charca e transportar a auga en contra da gravidade ata as súas fauces. Como última curiosidade o termo Moloch proicede do grego que significa "rei".


FORMIGAS ZOMBIS

FORMIGAS ZOMBIS
Unha formiga zombi, co parasito na cabeza / Imaxe:David Hughes/Xornal ABC/Ciencia

 

Unha curiosa investigación revelou o ano pasado a existencia en Brasil (na Zona da Mata, no estado brasileiro de Minas Gerais) de catro especies de fungos do xénero Ophiocordyceps que infectaban o cerebro das formigas para anular a súa vontade como se fosen zombis e envialas á morte nunha fosa común onde as esporas entran en erupción e poden reproducirse, unha escea que parece sacada dunha película de alieníxenas.

Agora, un equipo internacional de científicos descubriron que estes pequenos insectos poden salvarse da fatalidade. A investigación revela, por primeira vez, como unha colonia enteira é capaz de sobrevivir aos ataques dos fungos. O salvador é, por extraño que pareza, un segundo fungo especializado en atacar ao parasito que convirte ás hormigas en zombis. O segundo fungo hiperparasito (un parasito que vive a costa doutro parasito) «castra» ao primeiro fungo para que non poida esparcir as súas esporas». Desta forma, menos formigas convírtense en zombis. O estudo aparece publicado en PLoS ONE.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

SUPERLÚA

SUPERLÚA

Superlúa / Imaxe:abc.es

Esta noite, producirase un curioso efecto no ceo: unha superlúa. A partir da posta do Sol, o satélite terrestre atoparase na fase de Lúa chea, e na menor distancia da Terra que alcanzará ao longo de todo o ano, en concreto, a 355.126 quilómetros deste planeta.

Este fenómeno, que se produce unha vez ao ano, ten lugar porque a órbita lunar é unha elipse, polo que unha vez por volta está na distancia máis afastada (apoxeo) e outra na máis próxima (perixeo).

Nesta ocasión, o perixeo coincide coa fase de Lúa chea, o que produce o efecto óptico dun aumento de tamaño, que non se produce en realidade.

OS GRILOS "LIGAN" CO SEU CANTO

OS GRILOS "LIGAN" CO SEU CANTO

O grilo / Imaxe:yalosabes.com

Aínda que son pequenos, os grilos rompen o silencio nocturno co seu poderoso canto, unha ferramenta que utilizan para facer as beiras ás femias. Segundo revela un estudo publicado esta semana no "Proceedings of the National Academy of Sciences" (PNAS), os machos son capaces de modular o ton do seu canto, unha característica que poderían empregar para parecer máis atractivos ante as súas potenciais parellas.

Os grilos emiten os seus repetitivos cantos durante o cortexo frotando as súas ás, un movemento que provoca vibracións que se converten en intensos sons. Deste xeito, as femias son capaces de localizar aos seus pretendentes e determinar cales son os máis desexables. E o tamaño é unha das características máis valoradas polas femias á hora de elexir un macho para procrear, segundo sinalan os investigadores da Universidade de Bristol (Reino Unido) e do Instituto de Ciencia da India de Bangalore que firman este estudo.

Ata agora os científicos pensaban que canto maior fose o tamaño do grilo, máis forte cantaba e cunha frecuencia máis baixa. Sen embargo, a analise do comportamento de exemplares de grilos de árbore (da especie "Oecanthus henryi") permitíu averiguar como a xeometría das súas ás é variable, unha característica que lles permite emitir sons desproporcionadamente altos e cunha frecuencia variable. Nesta investigación, os autores explican como estes diminutos insectos logran modificar o seu canto.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia.