Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

CARATARA DO SALTO DO ANXO

 

Unha cartarata é unha caída da auga dun río desde unha gran altura, orixinada por un desnivel moi brusco do terreo. Aquí chamámoslle fervenzas, pola gran cantidade de burbullas que se forman ao precipitarse a auga polo brusco desnivel.

A catarata máis alta do mundo é a do Santo Anxo, que ten 979 metros, producto do río Churún nunha montaña plana con paredes verticais (tepuy Auyantepuy), no Parque Nacional Canaima (Patrimonio da Humanidade), no estado de Bolívar, en Venezuela.

No vídeo podedes ver esta espectacular catarata.

HOXE CHUVIA DE ESTRELAS

HOXE CHUVIA DE ESTRELAS

Esta noite temos as condicións para poder ver a chuvia de estrelas denominadas PERSEIDAS, que hoxe acada a máxima actividade. Lembrade que hai que situarse en lugares afastados da contaminación lumínica. Son espectaculares e poden acadar os 400 meteoros/hora.

A orixe desta chuvia tela nun artigo publicado neste blog, no ano 2008, que agora poder recuperar pinchando en PERSEIDAS.

Boa visión a tod@s!

CANGURO

CANGURO

Canguro gris (Foto:mural.av.es)

Tod@s tedes oído falar do canguro gris, ese marsupial australiano. Pero o que seguro que non coñecedes é a orixe do seu nome. Pois é esta: Cando os ingleses conquistadores chegaron a Australia asombráronse ao ver uns estraños animais que daban saltos incribles. Inmediatamente chamaron a un aborixe e intentaron preguntarlle mediante acenos de que animal se trataba. Ao notar que les respondía KAN_GHU_RU adoptaron o vocablo inglés canguro. Os lingüistas determinaron tempo despois o significado desa palabra que era moi claro, os aborixes querían dicir "Non o entendo".

CAMUFLAXE

CAMUFLAXE

Saltón camuflado no medio / Pxleyes.com

A camuflaxe sempre foi o modo de engano no que os animais buscan parecer inanimados e non comestibles, para evitar ser detectados por depredadores e presas. No caso da fotografía , supoño que o atopastes, aparece un saltón camuflado , co mesma cor, nun medio pedregoso.

A fotografía é unha ferramenta marabillosa para plasmar esta técnica. Hoxe tedes a posibilidade de ver as 50 mellores fotografías de camuflaxe animal, con só pinchar AQUÍ.

Que disfrutedes!

ATRAPAMOSCAS

 

Estes días no corredor dos laboratorios, temos unha esposición de dúas atrapamoscas ( Dionaea  muscipula), unha delas con floración.

A verdade é que esta planta carnívora orixinaria de Carolina do Norte e do Sur (EEUU) adáptase moi ben ao noso clima polo alto grao de humidade. No vídeo que tedes diante podedes ver a "actuación" maxistral desta planta.

A súa clasificación sería:

Reino: Plantae

División: Magnoliophyta

Clase: Magnoliopsida

Orde: Caryophyllales

Familia: Droseraceae

Xénero: Dionaea

Especie: Dionaea muscipula

Por certo en Galicia tamén temos algunhas plantas carnívoras como Drosera rotundifolia  e  Drosera intermedia, que se poden atopar en brañas e lugares húmidos e  de augas acedas.

ANÉCDOTA REAL

ANÉCDOTA REAL

Sir Ernest Rutherford, Presidente da Sociedade Real Británica e Premio Nobel de Química en 1908, contaba a seguinte anécdota:

Hai algún tempo recibín a chamada dun colega. Estaba a punto de poñerlle un cero a un estudiante pola resposta que dera nun problema de física, aínda  que el afirmaba con rotundidade que a súa resposta era absolutamente acertada. Profesores e estudiantes acordaron pedir a arbitraxe de alguén imparcial e fun elexido eu.

Lin a pregunta do exame e dicía:

Demostre como é posible determinar a altura dun edificio coa axuda dun barómetro.

O estudiante respondera:

Levo o barómetro á azotea do edificio e átolle unha corda moi longa. Descólgoo  ata a base do edificio, marco e mido. A lonxitude da corda é igual á lonxitude do edificio.

Realmente, o estudiante plantexáralle un serio problema coa resolución do exercicio, porque respondera á pregunta correcta e completamente. Por outra banda, se lle concedía a máxima puntuación, podería alterar o promedio do seu ano de estudio, obter unha nota máis alta e así certificar o seu alto nivel en física, pero a resposta non confirmaba que o estudiante tivese ese nivel.

Suxerín que se lle dera ao alumno outra oportunidade. Concedinlle seis minutos para que me respondera á mesma pregunta pero esta vez coa advertencia de que na resposta debía demostrar os seus coñecementos de física.

Pasaran cinco minutos e o estudiante non escribira nada. Pregunteille se desexaba marcharse, pero contestoume que tiña moitas respotas ao problema. A súa dificultade era elexir a mellor de todas. Excuseime por interrumpilo e pregueille que continuara.

No minuto que lle quedaba escribíu a seguinte resposta: Tomo o barómetro e  lánzoo ao chan dende a azotea do edificio, calculo o tempo de caída cun cronómetro. Despois aplícaselle a formula da caída libre e así obteño a altura do edificio.

Neste punto  pregunteille ao meu colega se o estudiante se podía retirar. Deulle a nota máis alta.

Despois de saír do despacho, reencontreime co estudiante e pedinlle que me contara as outras respostas á pregunta proposta.

"Bueno, respondeu, hai moitas maneiras, por exemplo tomas un barómetro nun día soleado e mides a altura do barómetro e a lonxitude da súa sombra. Se medimos de seguido a lonxitude da sombra do edificio e aplicamos unha simple proporción, obteremos tamén a altura do edificio."

Perfecto, díxenlle, e doutra maneira? Si, contestou, este é un procedemento moi básico para medir un edificio, pero tamén serve. Neste método, tomas o barómetro e sitúaste nas escaleiras do edificio na planta baixa. Segundo subes as escaleiras, vas marcando a altura do barómetro e contas o número de marcas ata a azotea. Multiplicas ao final a altura do barómetro polo número de marcas que fixechese xa tes a altura.

Este é un método moi directo, por suposto, pero se o que queres é un procedemento máis sofisticado, podes atar o barómetro a unha corda e movelo como se fose un péndulo. Se calculamos que cando o barómetro está á altura da azotea a velocidade é cero e se temos en conta a medida da aceleración da gravidade ao descender o barómetro en traxectoria circular ao pasar pola perpendicular do edificio, da diferencia destes valores e aplicando unha sinxela fórmula trigonométrica, poderemos calcular, sen dubida, a altura do edificio.

Neste mesmo estilo de sistema, atas o barómetro a unha corda e descólgalo dende a azotea á rúa. Empregándoo como un péndulo podes calcular a altura medindo o seu período de oscilación.

En fin, concluíu, existen outras moitas maneiras. Probablemente, a mellor sería tomar o barómetro, golpear con el a porta da casa do porteiro Cando abra, decirlle: "Señor porteiro aquí teño un bonito barómetro. Se vostede dime a altura deste edificio, regálollo."

Neste momento da conversa, pregunteille se non coñecía a resposta convencional ao problema: A diferencia de presión marcada por un barómetro en dous lugares diferentes proporciónanos a diferencia de altura entre ambos lugares. Evidentemente, dixo que a coñecía, pero que durante os seus estudios, os seus profesores sempre intentaron ensinarlle a pensar.

De regreso ao meu despacho, reflexionei longo tempo sobre este estudiante. Mellor que todos os informes sofisticados que ata entón houbese lido, acababa de ensinarme a verdadeira pedagoxía, a que se apega á realidade. Con  mozos como este, non lle temo ao futuro.

O estudiante chamábase Niels Bohr, físico danés, premio Nobel de Física en 1922, máis coñecido por ser o primeiro en propoñer o modelo do átomo con protóns, neutróns e os electróns que os rodeaban. Foi fundamentalmente un innovador da teoría cuántica.

Pero ao marxe da persoaxe, o esencial da anécdota hoxe comentada, é que ensináronlle a pensar. Aprendamos a pensar! Hai mil solucións para un mesmo problema, pero o realmente interesante , o autenticamente xenial é elexir a solución máis práctica e rápida, de forma que poidamos acabar co problema de raíz... e  adicarnos a solucionar outros problemas.


PEIXE CEBRA

PEIXE CEBRA

O peixe cebra (Danio rerio) é un ciprínido (peixe óseo) emparentado coas carpas e barbos e que é frecuente atopalo en acuarios, coas chamativas raias.

A curiosidade deste peixe é que ten a capacidade de rexenerar os seus órganos e tecidos. Esta capacidade despertou o interés dos científicos e buscan pistas para desvelar este misterio. Moitas das doenzas humanas, como as insuficiencias cardíacas, entre outras, son o resultado do dano nos tecidos, polo que se se descubre como os peixes cebra se rexeneran, tamén se podería obter os coñecementos para poder aplicalos aos humanos. Ao seccionarlles un anaquiño de miocardio, nadan con dificultade, pero ao cabo dun mes volven a normalidade. Fantástico!

Corazón regenerado

Imaxe do corazón dun peixe cebra rexenerado 14 días despois de sufrir unha amputación experimental- JUAN CARLOS ISPIZUA BELMONTE /SALK INSTITUTE FOR BIOLOGICAL STUDIES

Os resultados de dous estudios foron publicados pola revista Nature que suxiren que os responsables son un tipo de cardiomicitos, as células musculares cardíacas do propio  animal que lle proporcionan as forzas para contrare o corazón.

Según un destes estudios, ao sufrir un ataque ao corazón, o tecido muscular cardíaco e sustituído por tecido cicatricial, que é incapaz de contraerse. Pero antes de producirse a insuficiencia cardíaca nos mamíferos, as células musculares cardíacas lesionadas entran nun estado de autopreservación coñecido como hibernación, no que deixan de contraerse, esforzándose por sobrevivir. Os investigadores supoñen que os cardiomiocitos en hibernación dos mamíferos poderían ser células que están intentando reproducirse. Chris Jopling, autora principal del estudio considera que a hibernación do corazón humano é significativa. "Tal vez o único que necesiten sexa un pequeño empuxón na boa dirección".

FONTE: Elpais.es

 

 

PUDÚ

PUDÚ

O pudú (Pudu puda) é o cervo máis pequeno do mundo. Mide entre 25 e 43 cm de alto e de 70 a 90 cm de longo. Vive en Chile e Arxentina. Por ter pequeno ten tamén as astas do macho e a cola que poderiamos cualificala de diminuta.