Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

DINOSAURIO CAMARÓN

DINOSAURIO CAMARÓN

O dinosaurio camarón ou triops tortugueta (Triops cancriformis) é un crustáceo de ata 10 centímetros de lonxitude, provisto dun caparazón  dorsal en forma de escudo que lle protexe a cabeza e a porción anterior do tronco. Vive en charcos e lagoas. É un animal omnívoro que busca no fondo coa parte frontal do seu caparazón na procura de plancton, larvas de anfibios e incluso anélidos. En ocasións practica o canibalismo.

Como curiosidade deste animal é que "é a especie animal viva máis antiga do planeta", xa que ostenta o record mundial de permanencia sobre a face da Terra, pois lleva uns 220 millóns de anos sen sufrir apenas variacións na súa forma (dende o Triásico).

FONTE:365especies.com

COPIBARA

COPIBARA

Hydrochoerus hydrochaeris / Imaxe: zoologie.de

O copibara (Hydrochoerus hydrochaeris) é o roedor maís gran e e pesado do mundo, podendo chegar ata os 130 centímetros de longo e chagar a pesar 65 quiogramos de peso. Vive en Brasil, Uruguay, Venezuela, Colombia, Arxentina e os Andes. ten forma de barril e presenta pelaxe pardo-avermellado.

FLOR CADAVER

FLOR CADAVER

Flor cadaver é o nome dunha planta, que ten por nome científico Rafflesia arnoldii, que medra nos bosques de Sumatra e Borneo (Indonesia).

Esta planta ten varias curiosidades. A primeira é que vive como un parásito, dentro do tecido dunha videira tropical, carecendo de follas, brotes e raíces (só é visible a flor) e polo tanto non realiza a fotosíntese. A segunda é dobre e refírese á súa flor (de cor  avermellado e alaranxado), xa que é a fnflorescencia máis grande do mundo (máis dun metro de diámetro e ata 11 quilogramos de peso), pero tamén é a flor que emite o cheiro máis desagradable, similar ao dunha prea (animal morto).

Por certo a flor permanece aberta como máximo durante unha semana e aparece cada varios anos.

A súa clasificación científica sería:

Reino: Plantas

División: Magnoliophyta

Clase: Magnoliopsida

Orde: Malpighiales

Xénero: Rafflesia

FONTE:365especies.com

VIÑO DE XEO

VIÑO DE XEO

Uva monovarietal de albariño / Imaxe:sites.google.com

Non é un invento novo! Tampouco o entendades ao pé da letra! O viño de xeo (eiswein) é un viño doce que se elabora en Francia, Canadá ou Estados Unidos. É orixinario de Alemaña e Austria, onde acumula varios séculos de tradición a pesar do moito que custa producilo.

Pois ben, este ano vaise producir aquí en Galicia. Que como se fai? Verdes: As uvas recentemente vendimiadas chegan á adega e son espolvoreadas de inmediato con carbónico (CO2) a -80 ºC e nun cuarto de hora están duras como pedras. Pero hai un truco: a clave está en que se xee unicamente a auga da uva, non a pulpa nin os azucres. Dese xeito é posible separar o mosto se se prensa con rapidez a froita antes de que se derritan os cristais de xeo do seu interior. Dentro da prensa neumática quedan retidos os elementos sólidos: xeo, pel e pebidas, á vez que se obtén un mosto denso, case sen auga e, xa que logo, cunha altísima concentración de azucre, duns trinta graos de alcol probable.

Enorme dificultade implica tamén a fermentación, polo altísimo contido de azucre do mosto. Realízase a baixa temperatura,  requerindo polo menos dez días, porque o mosto é como unha salmoira de azucre. Vai con moita lentitude, tendo unha concentración un 300% superior ao normal. Unha vez fermentado, pasará directamente a botella, cun tempo concreto de maduración, aínda que non en barrica.

A iniciativa  galega é de Adegas Mar de Frades, que intenta conseguir un viño doce de alta calidade obtido por crioelaboración a patir de uva monovarietal de albariño.

Esperemos o resultado, alá por marzo!

FONTE: La Voz de Galicia

PEIXE COFRE AMARELO

PEIXE COFRE AMARELO

Observando a fotografía, seguro que o de peixe cofre amarelo non sorprende a ninguén. Fixándose ben asemella a unha caixa. O seu nome científico é Ostracion cubicus 

Está cuberto por múltiples escamas en forma de placas hexagonais que lle proporcionan unha elevada rixidez cun peso mínimo e que o protexen de modo eficaz de posibles lesións, desprazándose con moita lentitude. Vive nos arrecifes das rexións cálidas do océano Pacífico e o mar Roxo.

A súa alimentación e a base de algas e animais pequenos, como vermes, ameixas, cangrexos, camaróns e peixes, que saca da area expulsando chorros de auga cos seus grosos beizos fruncidos.

Como curiosidade deste animal citar que en 2005 os enxenieros de Mercedes-Benz copiaron os contornos hidrodinámicos deste peixe cofre para conseguir fabricar un coche máis aerodinámico, capaz de consumir un 20% menos que modelos similares. Tamén aumentaron a rixidez das súas portas nun 40% con relación aos deseños convencionais.

A súa clasificación científica sería:

Reino: Animal

Filo: Cordados

Clase :Actinopterygii

Orde :Tetraodontiformes

Suborde: Tetraodontoidei

Familia:Ostraciidae

Xénero: Ostracion

 

FONTE: 365especies.com

PLATERINA

PLATERINA

Aspecto da platerina / Imaxe: gastronomiaycia.com

Este verán descubrín unha nova froita: Platerina.

A platerina ou tamén chamada nectarina plana é o resultado de cruzar (non hai manipulación xenética, só cruces e inxertos en árbores) unha paraguaya  cunha nectarina ou pexego.

É unha froita de pel lisa, sen o veludo do pexego, suave e con carne firme. Aromática, fresca e doce.

A platerina foi obtida polo Institut de Recerca i Tecnologia Agroalimentàries (IRTA), que a presenou hai tres anos. O nome rexistrado desta froita, realizado por Viveiros Provedo, con sede en Logroño, foi Platerina ® 110.

Pouco a pouco irémola vendo nas nosas froiterías, aínda que ten un prezo alto (1 € máis que as paraguayas).

MICROHYLA NEPENTHICOLA

MICROHYLA NEPENTHICOLA

Microhyla nepenthicola / AP

Ata agora a ra máis pequena do mundo descuberta ata gora é a "Leutherodactylus iberia", cunha envergadura máxima de 10 milímetros, e  que habita na illa de Cuba.

Un ejemplar de la rana Eleutherodactylus Iberia

Pero agora parece que se saíu unha competidora. É a ra máis pequena coñecida ata agora de Asia, África e Europa. Trátase da "Microhyla nepenthicola". Este anfibio, descuberto por investigadores da Universidade de Malasia no ano 2004 no parque nacional de Kubah (Borneo) e feito público agora chega a medir entre 9 e 11 milímetros cando é adulta. As cores laranxa e vermello desta especie fana inconfundible, como podedes apreciar na fotografía superior. O seu nome débese á planta da que depende para dobrebivir: a "Nepenthes ampullaria". 

AMAZONAS

AMAZONAS


Ata non hai moito tempo (xuño de 2007) o río máis longo do mundo era considerado o Nilo, pero dende esa data, grazas a aportación dun equipo de científicos que determinou o seu nacemento nos Andes do sur de Perú, pasou a ocupar ese 1º posto o río Amazonas con 6.800 quilómetros.

En calquera caso, o río Amazonas é o río máis caudaloso do mundo, transportando máis agua que o Nilo, Yangtze (3º río máis longo do mundo, situado en Ásia) e Misisipi (4º río máis longo do mundo, situado en Norteamérica) xuntos, cun promedio anual de 230.000 m³/s, acadando ata 300.000 m³/s na temporada de chuvias, apaortados polo sistema fluvial formado por máis de 1.000 ríos afluentes de importancia, sendo máis de 25 os que superan os 1.000 km de lonxitude. Todo este sistema fluvial sustenta a selva amazónica, a maior selva do mundo e que posúe un enorme valor ecolóxico.