Blogia
vgomez

PEIXE COFRE AMARELO

PEIXE COFRE AMARELO

Observando a fotografía, seguro que o de peixe cofre amarelo non sorprende a ninguén. Fixándose ben asemella a unha caixa. O seu nome científico é Ostracion cubicus 

Está cuberto por múltiples escamas en forma de placas hexagonais que lle proporcionan unha elevada rixidez cun peso mínimo e que o protexen de modo eficaz de posibles lesións, desprazándose con moita lentitude. Vive nos arrecifes das rexións cálidas do océano Pacífico e o mar Roxo.

A súa alimentación e a base de algas e animais pequenos, como vermes, ameixas, cangrexos, camaróns e peixes, que saca da area expulsando chorros de auga cos seus grosos beizos fruncidos.

Como curiosidade deste animal citar que en 2005 os enxenieros de Mercedes-Benz copiaron os contornos hidrodinámicos deste peixe cofre para conseguir fabricar un coche máis aerodinámico, capaz de consumir un 20% menos que modelos similares. Tamén aumentaron a rixidez das súas portas nun 40% con relación aos deseños convencionais.

A súa clasificación científica sería:

Reino: Animal

Filo: Cordados

Clase :Actinopterygii

Orde :Tetraodontiformes

Suborde: Tetraodontoidei

Familia:Ostraciidae

Xénero: Ostracion

 

FONTE: 365especies.com

0 comentarios