Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

OROGRAFÍA LUNAR

OROGRAFÍA LUNAR

O satélite Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO) da NASA, que leva dende o 2009 proxectando raios láser sobre a Lúa para medir a súa orografía, permitiron ter un primeiro mapa en detalle do noso satélite. Foron en total 3.000 millóns de lecturas  e revelaron que a paisaxe é máis accidentada do que se pensaba.

Como curiosidades, o punto máis alto (na parte central da fotografía) con 10.790m, case 2 quilómetros máis que o Everest, e a punto máis baixo (na parte central inferior) a -9.130m (o punto máis profundo na Terra é o abismo Challenger con -10.971m). A distancia entre o punto máis alto e máis baixo é de 19.920 m, mentre que na Terra é de 19.823 m.

FONTE: National Geographic. Abril 2011

ACONTECEU: TSUNAMI DE LISBOA

ACONTECEU: TSUNAMI DE LISBOA

Recreación artística do tsunami de Lisboa de 1755 / Getty Images

Cando se fala de tsunamis, parécenos que é algo que sucede moi lonxe de nós. A verdade é que non é frecuente, gracias a Deus, pero a historia dinos que de vez en cando acontecen.

Na  Península Ibérica , concretamente en Lisboa (Portugal), o 1 de novembro de 1755, un terremoto no Atlántico xerou un tsunami que chegou aos cinco metros na capital portuguesa. As ondas e os incendios leváronse por diante a maior parte do vello casco urbano. A cidade baixa, A Baixa lisboeta, foi reconstruída no seu actual trazado de estilo racionalista do século XVIII polo marqués de Pombal. Pénsase que morreron 15.000 persoas.

No noso país, España, tamén houbo 2.000 mortos nas costas de Huelva e Cádiz. A capital gaditana víuse asaltada por ondas de 15 metros que saltaron as murallas e entraron e saíron tres veces da urbe. Na fronteiriza Ayamonte, os mortos contáronse en 1.000. Hoxe en día, cando se excava naquel litoral para calquera obra, aparecen depósitos mariños a un quilómetro da costa. A xeografía da área, cun litoral chairo e sen apenas altura, permitíu ás ondas penetrar máis lonxe terra adentro.

O terremoto de 1755 sentíuse en toda España. O rei Fernando VI ordeou un reconto de danos por todo o territorio, que resultou abrumador. En realidade, os efectos siguen presentes hoxe en día. Moitos edificios, sobre todo no oeste peninsular, víronse afectados. A catedral de Baeza (Xaén), sufríu gravísimos desperfectos. Resultaron danados os tellados das catedrais de Salamanca e de Segovia. A Xiralda e a Torre do Ouro sufriron roturas nos seus capiteis e remates. A catedral de Plasencia (Cáceres), perdeu aquel día as súas vidreiras de cores. Hoxe, esa xoia do gótico tardío luce vulgares vidros claros sen que moitos sepan o motivo. E moi preto desa cidade cacereña atópase Coria, onde o terremoto de Lisboa causou un efecto extraordinario: o río Alagón moveuse do seu curso habitual. Hoxe, segue en pé a vella ponte, que sobrevoa un cauce que leva seco tres séculos.

Non existían entón os sismógrafos, pero os científicos estiman que o terremoto que o provocou tivo unha magnitude de entre 7,3 a 8,5 graos e foi o máis potente da historia española. O seu epicentro estivo no mar, ao suroeste do Cabo San Vicente. Esa é unha zona do Atlántico que se coñece como o banco de Gorringe, que ten unha forte actividade sísmica, pois alí contactan a placa africana e a euroasiática, mediante un roce lateral.

En realidade, non valoramos que España é unha zona exposta a terremotos: O Mediterráneo é unha área sísmica de importancia, porque é unha zona de contacto entre a placa africana e a europea.

Fonte: El Mundo

LINGUA E ANIMAIS

LINGUA E ANIMAIS


Cando falamos de tamaños de lingua en animais, vénsenos á memoria o camaleón (réptil, do que existen 160 especies), na que pode ser tan extremadamente longa que moitas veces supera en lonxitude ao seu propio corpo, estando considerado como o animal vertebrado coa lingua máis longa.

Agora saíulle un competidor, unha nova especie de morcego nectarívoro (2005), endémico do Ecuador, coñecido como Longirostro Andino  (Anoura fistulata), cunha lingua que pode acadar unha lonxitude do 150% en relación ao tamaño do seu corpo, convertíndose na segunga lingua máis longa dentro dos vertebrados e a primeira dos mamíferos.

MATEMÁTICAS E IMAXINACIÓN

MATEMÁTICAS E IMAXINACIÓN

3 das 12 fotografías da exposición. Fotos: Fundación La Caixa

As matemáticas teñen moi mala fama, pero penso e por experiencia o digo, que nin son aburridas nin díficiles se chas explican ben, desempeñando un factor importante nelas a imaxinación.

Estes días estase a celebrar unha exposición en Madrid, que pretende demostrar a afirmación anterior, denominada "Imaginary. Unha mirada matemática", organizada pola Fundación La Caixa  e a Real Sociedade Matemática Española , na que se recollen 12 figuras 3D creadas a partir do diálogo entre xeometría e álxebra, dúas das principais ramas das matemáticas.

 

Mediante un sistema de coordenadas (x, y, z) que permite orientarse no espazo describindo relaciós xeométricas, pódense representar figuras (xeométría) con ecuacións (álxebra) dunha forma comprensible. Desa converxencia xurde unha ecuación que pode dibuxarse no espazo. De feito, moitas destas formas xeométricas fermosas y armoniosas xa existen na natureza de maneira espontánea e por acumulación de ensaios. Grazas ás matemáticas, podemos analizalas, desentrañar que ecuacións encerran e crear novas formas.

Poderiamos resumir que MATEMÁTICAS + IMAXINACIÓN = FERMOSAS FIGURAS XEOMÉTRICAS.

FONTE: El Mundo

VELOCIDADE NO MUNDO ANIMAL

VELOCIDADE NO MUNDO ANIMAL

Falcón Peregrino, o animal máis rápido do mundo

O animal acuático máis veloz é o Peixe Vela (Istiophorus platypterus) que chega ao 109 km/h.

O animal terrestre máis rápido é o Guepardo (Acinonyx jabatus), acadando unha velocidade de 120 Km/h.

A ave máis veloz, en voo muscular, é o Vencello e en particular o Andoriñón Mongol (Hirundapus caudacutus) conseguindo os 170 Km/h. Pero o Falcon Peregrino (Falco peregrinus) acada en picado (axudado pola gravidade) os 300 Km/h.

A BRUXA DO MONTE

A BRUXA DO MONTE

Geococcyx californianus é o nome científico do correcamiños norteño, tamén coñecido como bruxa do monte, unha popular ave da familia do cuco que vive no suroeste dos Estados Unidos. Mide de 50 a 60 centímetros e, aínda que pode voar, faino moi pouco, sendo a súa forma habitual de desprazarse cunha veloz carreira en posición prácticamente horizontal (case paralelo ao chan) aproveitando para atrapar as serpes, réptiles, roedores, insectos... dos que se alimenta. Ten plumaxe de cor gris e café, as patas longas, unha pequena crista e unha vistosa cola con manchas brancas que lle serven de timón cando corre. Encántalle tomar o sol. Normalmente vive no deserto ou entre matorrais, e para adaptarse a este medio hostil  desenvolveu a capacidade de conservar auga no seu corpo para tempos de sequía. A diferencia do correcamiños da serie de debuxos animados creada por Chuck Jones, non emite  o son "bip", "bip", senón unha especie de castañeteo máis parecido a "prrr".

Fonte:365especies.com

RA ARBÍCORA DE OLLOS VERMELLOS

RA ARBÍCORA DE OLLOS VERMELLOS

A verdade é que vendo a totografía parece un cadro, onde o pintor escolleu as cores máis chamativas: cor verde brillante, co ventre crema e os ollos de cor vermello escarlata. Pero non se trata diso, é a ra arbícora de ollos vermellos (Agalychnis callidryas)

Vive nos bosques tropicais de América Central. Un tamaño minúsculo: os machos miden 5 centímetros, as femias acadan os 7. Como curiosidade deste animal indicarvos que é unha excelente escaladora, e os seus dedos teñen unhas ventosas de succión que lle permiten agarrarse ao envés das follas e permanecer alí durante todo o día. Ao chegar o solpor comenza a caza de insectos.

FONTE:365especies.com

SALTAMONTES COSTEIRO

SALTAMONTES COSTEIRO

O Dr Karim Vahed ensina os testículos diseccionados dun grilo / Universidade de Derby

O satamontes costeiro  (Platycleis affinis) ten unha curiosidade que a algunha persoa pode escandalizar: os seus testículos, e é que segundo un estudo publicado en Biology Letters, é o animal cos testículos máis grandes en relación ao seu peso corporal.

Para que nos fagamos unha idea, os seus testículos constitúen ao redor do 14% do seu peso corporal. O equivalente nun ser humano sería máis ou menos cinco quilogramos cada un!!!