Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

CHEGAN AS BÁGOAS DE SAN LOURENZO

CHEGAN AS BÁGOAS DE SAN LOURENZO
Impresionante imaxe das Perseidas tomada en 2010 / M. Menefee / ABC

A famosa chuvia de estrelas de agosto, chamada Perseidas ou Bágoas de San Lourenzo, é, probablemente, a máis esperada do ano pola súa espectacularidade. A mellor noite para disfrutar do espectáculo será a do 12 ao 13 de agosto, a noite do vernes ao sábado, cando se produza o seu máximo pico: cen meteoros por hora.

Aínda que a súa actividade será alta, similar á de anos anteriores, aqueles que queiran contemplar este regalo caído do ceo atoparanse con inconvintes, xa que a lúa chea sairá o 13 de agosto, de modo que a luminosidade lunar entorpecerá a súa observación.

Para ter as mellores opcións, o máis recomendable é situarse nun lugar afastado do pobo, o máis escuro posible, sen que molesten as luces ou farolas, edificios altos ou árbores que impiden a visión limpa do ceo. O fenómeno obsérvase a simple vista, sen necesidade de instrumentos ópticos. A máxima actividade producirase a últimas horas da madrugada.

As bágoas (lágrimas) de San Lourenzo, denominadas así polo santo do día, son en realidade os restos do cometa Swift-Tuttle, cuxa órbita atravesa a Terra todolos anos a mediados do mes de agosto. O seu outro nome, o de Perseidas, provén da constelación de onde parecen caer, a de Perseo. Ao penetrar na atmosfera, as partículas de po deixadas polo cometa acéndense e consómense en poucos segundos, grazas a Deus, deixando a súa magnífica estela luminosa.

Un espectáculo!

FONTE: CIENCIA/ABC

TRABALLO DOS CIRUXANOS ORTOPÉDICOS

 

Aínda que a nosa estructura ósea é moi grande, algunhas veces non é capaz de aguantar e rompe. Nese momento os médicos especialistas, os ciruxanos ortopédicos actúan dunha forma asombrosa. Esta animación médica pretende dar a coñecer o seu traballo.

Vídeo da Asociación 2009 Americana de Ciruxanos Ortopédicos nas Vegas EEUU).

ESPONXA CARNÍVORA

ESPONXA CARNÍVORA

Asbestopluma hypogea / Imaxe:futura-sciences.com

Un grupo formado por científicos da organización internacional Oceana, a Universidade de Erlangen-Nürnberg, en Alemania e a italiana de Le Marche-Ancona descubriron a presenza de esponxas carnívoras ("Asbestopluma hypogea") en augas profundas do Mediterráneo italiano e español.

O descubrimento, publicado no último número da revista científica "Zootaxa", supón un necesario e importante primeiro paso cara a protección das áreas habitadas por esta especie. Tamén, espérase que beneficie a oturas especies como as ostras xigantes ou aos corais de profundidade, xa que o seu interese ecolóxico tamén é notable.

Ata o momento, só se rexistrara a presenza desta esponxa en tres covas submarinas do Mediterráneo, ao oeste e en zonas do Mar Adriático, concretamente en Francia e Croacia. A primeira foi descuberta na cova ’Trois Pépès’, preto de Marsella, a unha profundidade de entre 15 e 26 metros.

O achádego amplía o hábitat desta curiosa esponxa. Foi vista no exterior das covas, pousada sobre montes submarinos, nas Illas Baleares, ao norte de Sicilia e en empinadas escarpas batiais do Estreito de Sicilia. Os investigadores localizaron cinco novos enclaves e incluso atoparon exemplares de "Asbestopluma hypogea" a 700 metros de profundidade.

Debido á profundidade do seu hábitat, estas esponxas adaptáronse a vivir en entornos caracterizados pola escaseza de alimento. É por eso que aliméntanse de pequenos crustáceos que tardan máis de dez días en dixerir. Nunca foran avistadas en alta mar, xa que son fráxiles exemplares cuxo tamaño non supera o centímetro e medio.

FONTE:El Mundo

SON INTELIXENTES OS POLBOS?

 

Son intelixentes os polbos? A esta pregunta trataron de darlle resposta os biólogos do Acuario de A Coruña. Este vídeo foi realizado e rodado no Aquarium Finisterrae:
http://www.casaciencias.org/aquarium/

A intelixencia dos polbos sométese a tres probas: plasticidade, versatilidade e flexibilidade. O estímulo é a súa presa favorita, o cangrexo.

Cada día a natureza sorpréndenos máis!

QUERÉTARO

QUERÉTARO

Idioma Español / Imaxe: Efe

Onte celebrouse o Día E, a festa dos máis de 500 millóns de persoas que falan o español nos cinco continentes, e que dende hai tres anos impulsa o Instituto Cervantes nos seus 78 centros repartidos polo mundo.

Tamén se deu a coñecer o resultado da votación da que se considera a a palabra máis fermosa do español e esa palabra foi  "Querétaro", nome dunha cidade de México e que significa "illa das salamántigas azuis". Esta e a palabra máis fermosa do español, según os máis de 33.000 votantes que participaron na celebración do Día do Español.

Curiosamente, esta palabra non figura do Diccionario da Real Academia.

O OURO É VERDE

O OURO É VERDE

Lingotes de ouro / Imaxe:vendo-oro.com

Seguro que o titular sorprende: O OURO É VERDE, pois témolo asociado coa cor dourada, pero se cortamos un anaco de ouro en anacos máis pequenos, estes seguirán tendo as mesmas propiedades do ouro: a súa típica cor amarela, o seu mesmo punto de fusión..., pero se continuamos dividindo en partículas cada vez máis pequenas, cando cheguen a ser tan ínfimas que comencen a ter un tamaño nanométrico (a millonésima parte do milímetro), as súas propiedades empezarán a comportarse de forma distinta.

Por exemplo, a cor cambiará, será alaranxado cando as partículas teñan un diámetro próximo a 100 nanómetros ou verde cando o diámetro reduzase a 50 nanómetros. Polo tanto, na escala nanométrica, as propiedades dun material non só dependen da súa composición, senón que dependen igualmente do seu tamaño, e tamén da súa forma.

FONTE: Mónica Luna/El Mundo

MEGALODÓN

MEGALODÓN

Tamaños do Megalodón, tiburón branco e ser humano  Imaxe:cmcjonatanygonzalo.blogspot.com

O Megalodón ou megalodonte (Carcharodon megalodon) , tiburón prehistórico, foi un verdadeiro monstruo mariño (acadando lonxitudes de 12 ou 13 metros ou máis e cun peso de 30 toneladas), que vivíu probablemente entre hai 20 e 1,5 millóns de anos.  Os seus dentes  foron atopados en moitas partes do mundo. Os grandes tiburóns brancos de hoxe só acadan a metade da lonxitude dese monstruo, tal como se aprecia no gráfico superior. Nin que dicir ten o tamaño con respecto ao ser humano.

Podedes imaxinar a presión que faría a súa mandíbula? Calculase que serían 18 toneladas. Non é de estranar que comeran diariamente 900 quilogramos de carne sen problema.

ÁRBORES E TEAS DE ARAÑA

ÁRBORES  E TEAS DE ARAÑA
Sindh (Pakistán)/Imaxe:El Mundo

 

Esta imaxe espectacular mostra unha paisaxe curiosa das inundacións que o pasado mes de xaneiro afectaron gravemente a Paquistán convertindo as árbores do país na nova casa das arañas. Estas subíronse ás árbores para salvarse da auga e agora quedaron atrapados nas súa teas de araña, provocando unha paisaxe curiosa, espectacular e desagradable.

 Os habitantes desta zona de Paquistán nunca viran antes un fenómeno similar, pero que ten algo positivo: reducir o número de mosquitos típicos da zona, xa que quedaron atrapados nas teas de araña, diminuíndo, consecuentemente, os casos de malaria, o que é unha bendición para este pobo de Sindh.

FONTE: El Mundo.