Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

ANIMAL CON ENORME CAPACIDADE DE RESISTENCIA

 

 rata toupa lampiña africana (Heterocephalus glaber) é unha supervivinte nata. Cega e sen pelo, o seu aspecto pode resultar repulsivo, pero a natureza compensou as súas carencias estéticas cunha enorme capacidade de resistencia. Estas criaturas son famosas por sobrevivir en condicións extremas, en colonias baixo terra onde apenas hai osíxeno e as proporcións de dióxido de carbono son moi altas. Ademais, son inmunes ás queimaduras do ácido, ante as que non sinten dor. Esta capacidade de superhéroe inmune aos infernos resultara un misterio ata agora, pero científicos do Centro Max-Delbrück de Medicina Molecular en Berlín conseguiron desvear o segredo da resistencia desta especie. Os achádegos, publicados na revista Science, poden axudar a entender a dor crónica que os seres humanos poden experimentar debido á acumulación de ácidos en certos tecidos.

Pese á súa inusual insensibilidade ás queimaduras que causa o ácido, as ratas topo que habitan en Etiopía, Kenia e Somalia teñen as mesmas moléculas detectoras de ácido dentro dos seus receptores da dor que o resto de vertebrados. Sen embargo, o equipo dirixido polo investigador Ewan St. John Smith mostra que os receptores da dor das neuronas das ratas topo teñen unha variante específica nas súas canles de sodio. Os protróns bloquean fortemente esta variante e deste xeito inhiben á neurona de acender unha sinal de dor.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia.

FORMACIÓNS DE SAL NO MAR MORTO

FORMACIÓNS DE SAL NO MAR MORTO

Imaxe aérea de formacións de sal no Mar Morto, situado entre Xordania e Israel. / BAZ RATNER (REUTERS).

O Mar Morto ten unha cantidade de sal nas súas augas dez veces maior que a dos océanos (de 30 a 35 gramos de sal por 100 ml de auga), o que impide calquera forma de vida.

FONTE: Xornal El País.

CRIATURAS RARAS

CRIATURAS RARAS

Como cada ano, National Geographic escolleu as criaturas máis raras de 2011. A maioría delas foron descubertas este ano e outras forman parte da lista porque atopáronse aspectos descoñecidos e moi significativos do animal que antes pasaron desapercibidos.

Unha delas é a da imaxe. Trátase dun tiburón cíclope extremadamente raro. O feto, duns 56 centímetros de longo, foi descuberto nas entrañas da súa nai, capturada nas aguas do Golfo de California. Ten un só ollo na parte dianteira da súa cabeza por unha condición conxénita chamada ciclopía, que se produce en varias especies animais.

Se queres ver o resto da lista pincha AQUÍ.

OKAPI

OKAPI

Okapi / Imaxe: National Geograhic/Jurgen & Christine Sohns/Gtres

Non se trata dun enigma, aínda que o parece, pois é un animal que ten a cabeza de xirafa, raias de cebra, corpo de cabalo e unha lingua azul tan loga que con ela pode limpar as súas orellas.

É un herbívoro africano, o Okapi (Okapia johnstoni), o parente vivo máis próximo a xirafa. Hoxe pénsase que hai 15.000 exemplares salvaxes, aínda que son difíciles de ver pois escóndense entre a penumbra das tupidas selvas do norte da República Democrática do Congo entre os ríos Uelle, Ituri e nas selvas de Aruwimi.

Mide de 1,97 a 2,15 m de longitude; a súa cola, de 30 a 42 cm; mide entre 1,50 e 1,80 m de altura á cruz e pesa de 200 a 300 kg. Os okapis son animais predominantemente solitarios que de forma ocasional viven en parella ou en pequenos grupos familiares. A esperanza de vida ronda os 30 anos.

A RA DA FACHADA DA UNIVERSIDADE DE SALAMANCA

A RA DA FACHADA DA UNIVERSIDADE DE SALAMANCA
A famosa ra da Universidade de Salamanca / Imaxe: domuspucelae.blogspot.com

 

Seguro que algunha vez fostes a Salamanca. Entre os moitos lugares a visitar, un dos máis emblematicos desa cidade é a fachada plateresca da súa Universidade. Alí atópase, despois dunha concienzuda búsqueda nos seus elementos pétreos, unha ra, o batracio máis reconocido pousado dende hai medio milenio sobre unha caveira.

Moitas foron, ao longo dos tempos, as posibles expliacións sobre a súa simboloxía, pero agora parece que o segredo chegou a esclarecerse definitivamente. O seu autor foi Benjamín García-Hernández , catedrático de Filoloxía Latina da Universidade Autónoma de Madrid, que publicou  "El desafío de la Rana de Salamanca: cuando la rana críe pelos" . Curioso título para unha sesuda investigación chea de rigor e orixinalidade na que, por momentos, a propia ra conta ao lector en primeira persoa os avatares da súa construcción e o por que da súa importancia. 

O autor sostén no seu relato que o conxunto da ra e a caveira sobre a que repousa pretende mandar unha mensaxe iconográfica para burlar desta maneria á Inquisición e engade un detalle que axuda a comprender a historia.

O elemento antropomorfo representa ao príncipe Juan, fillo dos Reis Católicos falecido en 1497 sen cumprir os 20 anos. Por tal motivo, ao chafarderismo popular rebautizou a peza como "Juanita" e, en recordo ao doutor Parra, quen tratou infructuosamente de salvar a vida do herdeiro da coroa, denominou "Parrita" á súa eterna compañeira animal que, apostada sobre a zona do coiro cabeludo, lanza ao mundo de maneira sutil a mensaxe de que, pese a que o conxunto da fachada pretende resucitar aos notables da época, a resurrección non é posible.

 

 

AYE-AYE

AYE-AYE

Aye-aye/Imaxe:forodefotos.com

A verdade é que o aspecto deste primate lembra  aos Gremlins, polos seus ollos e tamén por ser maligo, como o consideran os habitantes do leste de Madagascar. Trátase do aye-aye (Daubentonia madagascarensis), emparentado cos lémures. A súa pelaxe, de cor negro, é longa en todo o corpo, especialmente na cola. O seu tamaño é similar ao dun gato doméstico e vive aproximadamente 23 anos. É un animal arborícola de hábitos nocturnos. Aliméntase de larvas de insectos que atopan baixo a codia das árbores, localizándoas mediante golpes rítmicos cun método similar ao dos petos reais ou páxaros carpinteiros. O hábitat do aye-aye é a selva tropical do leste de Madagascar, atopándose na parte máis alta das árbores.

É un animal en perigo de extinción, do que existen aproximadamente 2.500 individuos.

QUE É O ESTRAMONIO

QUE É O ESTRAMONIO

Planta de estramonio / Imaxe:tarotistas.com

Tristemente o estramonio está en tódolos medios de comunicación pola súa implicación na morte de dous mozos o pasado 21 de agosto en Madrid. Pero que é o estramonio?

O estramonio (Datura stramonium),é unha planta da familia das Solanáceas de follas relativamente grandes e anchas, flores solitarias e xeralmente brancas en embude e froito ovoide semellante a unha noz espiñenta, que contén numerosas sementes vermellas.

Tamén é coñecido como figueira tola, figueira do inferno, herba do demo e herba do gorgullo. Medra en zonas montañosas e atópase a menor altitude en zonas húmidas e con alto contido en nitróxeno.

Todas as partes da planta resultan tóxicas pola elevada concentración de alcaloides (atropina, escopolamina, hiosciamina e hioscina), especialmente nos talos e nas nervaduras das follas. Ten propiedades alucinóxenas e as súas sementes utilizáronse tradicionalmente, pero con precaución, como analxésico.

Parace ser que en doses elevadas e mesturadas con alcohol ou outras drogas produce A MORTE.

Coñecela non implica usala, todo o contrario. A información é fundamental!


UNS FÍSICOS DESCUBREN O TRUCO DO ANEL DO CAFÉ

UNS FÍSICOS DESCUBREN O TRUCO DO ANEL DO CAFÉ

Manchas de cafe / Imaxe:leblaaula2.blogspot.com

Ao secarse unha gota de café nunha superficie sólida non queda unha mancha uniforme, un lunar, senón un anel. É o que se chama o efecto do anel do café e uns físicos, da Universidade de Pensilvania, descubriron por que se produce. Tamén, averiguaron como lograr unha mancha uniforme. Pode parecer unha mera curiosidade científica, pero é tamén unha boa idea para determinadas aplicacións industriais, como as impresoras de inyección de tinta ou os revestimentos con finas películas. O truco está na forma das partículas de café.

La mancha de anillo de café
As partículas esféricas acumúlanse preto do bordo da gota de café e, ao secarse, forman unha mancha en forma de anel- J.YUNKER/ARJUN G.YODH/UNIVERSITY OF PENNSYLVANIA

Os científicos fixeron experimentos con gotas de auga que contiñan en suspensión partículas de poliestireno de tamaño micrométrico e de diferentes formas (esferas, esferas lixeiramente deformadas e elipsoides).

Distribución uniforme
As partículas elipsoidales en suspensión dun líquido forman grumos na superficie da gota o que evita o seu desprazamento cara ao el bordo, de maneira que, ao evaporarse o líquido, forman unha mancha uniforme.- J.YUNKER/ARJUN G.YODH/UNIVERSITY OF PENNSYLVANIA

A solución para evitar o efecto do anel de café está, polo tanto, en engadir unha pequena cantidade de partículas non esféricas á suspensión, explican estes científicos na revista Nature , onde presentan a súa investigación e os resultados.

FONTE: El País/Ciencia