AYE-AYE
Aye-aye/Imaxe:forodefotos.com
A verdade é que o aspecto deste primate lembra aos Gremlins, polos seus ollos e tamén por ser maligo, como o consideran os habitantes do leste de Madagascar. Trátase do aye-aye (Daubentonia madagascarensis), emparentado cos lémures. A súa pelaxe, de cor negro, é longa en todo o corpo, especialmente na cola. O seu tamaño é similar ao dun gato doméstico e vive aproximadamente 23 anos. É un animal arborícola de hábitos nocturnos. Aliméntase de larvas de insectos que atopan baixo a codia das árbores, localizándoas mediante golpes rítmicos cun método similar ao dos petos reais ou páxaros carpinteiros. O hábitat do aye-aye é a selva tropical do leste de Madagascar, atopándose na parte máis alta das árbores.
É un animal en perigo de extinción, do que existen aproximadamente 2.500 individuos.
0 comentarios