Blogia
vgomez

NOVA ESPECIE DE INSECTO "INCRIBLEMENTE RARO"

Imaxe do raro insecto Phlogis kibalensis / Universidad Anglia Ruskin

Alvin Helden, da Universidade Anglia Ruskin, atopou a nova especie de chicharra, á que chamou Phlogis kibalensis, durante un traballo de campo con estudantes na selva tropical do Parque Nacional de Kibale, no oeste de Uganda. A súa descrición publicouse na revista Zootaxa. Foi denominado como unha nova especie de insecto incriblemente raro.

A nova especie ten un distintivo brillo metálico e pertence a un xénero chamado Phlogis, explica unha nota da universidade. Antes deste descubrimento, o último avistamento rexistrado dunha chicharra deste estraño xénero produciuse na República Centroafricana en 1969.

As chicharras están estreitamente relacionadas coas cigarras, pero son moito máis pequenas: o macho da nova especie Phlogis kibalensismide 6,5 milímetros. Ten, do mesmo xeito que a maioría de chicharras, órganos reprodutores -masculinos- cunha forma única, neste caso parcialmente a modo de folla.

As chicharras aliméntanse principalmente da savia das plantas, que succionan directamente do floema, e son presa de invertebrados como arañas, escaravellos e avispas parásitas, así como de aves. "Atopar esta nova especie é un logro único na vida, sobre todo porque o seu parente máis próximo atopouse por última vez noutro país fai máis de cincuenta anos. Souben que era algo moi especial en canto o vin", resume o científico.

As chicharras deste xénero, e da familia máis ampla, teñen unha aparencia moi inusual e de cando en cando atópanse. De feito, son tan incriblemente raras que a súa bioloxía segue sendo case completamente descoñecida e non sabemos case nada sobre Phlogis kibalensis, a nova especie achada, incluídas as plantas das que se alimenta ou o seu papel no ecosistema local, apunta Helden.

"Queda moito por pescudar, non só sobre esta, senón tamén sobre moitas outras, incluídas as numerosas especies que aínda esperan ser descubertas. É incriblemente triste pensar que algunhas extinguiranse antes de que sexamos conscientes da súa existencia", engade.

FONTE: publico.es/ciencias

0 comentarios