Blogia
vgomez

SETE CONSELLOS PARA DURMIR BEN

 

Nunha sociedade con “tecnoestrés” e “hiperiluminada” esquecemos un aspecto crave na saúde física e mental: o descanso nocturno. Jana Fernández, Máster en Fisioloxía do Soño e autora do libro ‘Aprende a descansar’ e de podcasts sobre benestar e descanso, sinala a importancia de durmir suficientes horas e en condicións adecuadas. A hixiene do soño sería un aspecto máis do autocoidado, como a adecuada alimentación e practicar deporte. A falta de soño afecta as capacidades cognitivas de nenos, adolescentes e adultos, porque está implicado en funcións como aprender, asimilar e lembrar.

Durmir é unha función fisiolóxica esencial. Durante o soño prodúcese todo un proceso de limpeza do noso cerebro. É cando consolidamos a memoria e a aprendizaxe e equilíbrase o noso sistema nervioso, por exemplo, para ter unha boa saúde mental. Pola noite medramos e rexenéranse os tecidos, porque é o momento no que segregamos maior cantidade da hormona du crecemento e fortalécese a resposta inmune do organismo”. Con todo, advirte a autora, afixémonos a vivir entre pantallas de luz azul baixo luz artificial, a un ritmo frenético que lle resta horas ao descanso, confiando no vello mito de recuperar o soño perdido durante o fin de semana.

0 comentarios