RECORTES
Esta viñeta de Erlich, de onte no xornal El País, é o motivo do meu comentario. Mañá, hai Consello de Ministros, e parece ser que nel anunciaranse os RECORTES, aínda que algúns xa transcenderon: conxelación do salario mínimo interprofesional (641,40€, o máis baixo despois de Portugal), conxelación dos salarios dos funcionarios (o ano pasado xa foron rebaixados no 5%), paralización de infraestructuras (estarán entre elas o AVE a Galicia?), servizos de atención a Dependencia e Domiciliaria, servizos Médicos e Farmacéuticos, Becas, Educación,... E esto será a solución?
Seguramente a eles coincidiranlle as contas, pero vai ser similar ao paso de Atila e os hunos pola estepa. A curto prazo será "a solución", pero a medio e longo prazo será "un retroceso".
Posiblemente hai que axustar a relación ingresos-gastos xa que vivimos ou consentimos vivir por riba do que realmente podiamos, pero un "paron" deste tipo vai poñer a economía a cero ou a relentí moito tempo, todo o contrario do que o goberno parece pensar.
De calquera xeito, mellor que me trabuque!
0 comentarios