Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

A RÍA DE VIGO DENDE O ESPACIO

A RÍA DE VIGO DENDE O ESPACIO

Imaxe da Ría de Vigo / SOICHI NOGUCHI

Esta imaxe foi tomada polo astronauta xaponés Soichi Noguchi, na que se aprecia a Ría de Vigo e o seu estreitamento coa ponte de Rande. Este astronauta da Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial (JAXA) mata o tempo tomando imaxes do mundo. Dispara a máis de 350 quilómetros de altitude. Ten un encadre privilexiado, porque vive na estación espacial internaciona (ISS).

Curioso divertimento!

O POLBO E A PATERNIDADE MÚLTIPLE

O POLBO E A PATERNIDADE MÚLTIPLE

O polbos (Octopus vulgaris) son moluscos cefalópodos, abundantes nas nosas costas. Sempre houbo diferentes opinións sobre a súa reproducción. Como sabedes os machos teñen modificado o seu tereceiro brazo dereito, que empregan para transferir paquetes de espermatozoides ás femias.

Biólogos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) descubriron que o polbo ten paternidade múltiple porque as crías poden ser de tres ou catro pais diferentes, xa que a femia pode almacenar espermatozoides viables durante 10 meses.

No desenvolvemento dun proxecto centrado no engorde desta especie en catividade, financiado pola Xunta e o Ministerio de Medio Marino , e no que participan as Comunidades con mar, os científicos estudaron a xenética do polbo e os procesos de fertilización das femias.

Ambos os sexos teñen múltiples compañeiros de cópula, de forma que pode existir unha especie de competencia dos machos para eliminar da femia o esperma do anterior e deixar a súa propia pegada xenética.

FONTE: A Voz de Galicia

CACEROLA DE MAR

CACEROLA DE MAR

Seguro que a imaxe pode levarnos a engano. Non é unha raia, é un artrópodo, que se atopa entre un arácnido e un cangrexo.Seguramente se ves a parte inferior  enténdelo . O seu nome científico é Limulus polyphemus e ten varios nomes: cacerola de mar, cangrexo ferradura, cucaracha mariña,...

Como curiosidades deste fósil vivinte é que non ten un ollo tal como pode indicar o seu nome de Polifemo (cíclope grego dun só ollo), senón oito. Outra curiosidade é que  o seu sangue é azul  e presenta propiedades inmunolóxicas de gran interese para a industria biomédica:contén unha proteína chamada hemocianina e tamén amebocitos (empregados nos ensaios do lisado de amebocitos de Limulus (LAL), que un método para a cuantificación de endotoxinas bacterianas (piróxenos), que se basa na activación polas endotoxinas dunha cascada de enzimas serino proteasas (reactivo LAL) presentes nos amebocitos deste animal), obténdose directamente do animal e unha vez sangrado devólvese ao mar.

FONTE: 365especies.com

CYLORANA PLATYCEPHALA

CYLORANA PLATYCEPHALA

Cyclorana platycephala é o nome científico dun sapo do deserto australiano chamado sapo acumulador de auga. Ten varias curiosidades este batracio: A primeira é que  sofre un proceso de estivación (ao aumentar a temperatura entérrase na area, ata  un metro de profundidade, quedando inactivo, retendo grandes cantidades de auga sen que se evapore nin gota), podendo permanecer neste estado ata 10 meses. Eso si, se chove na superficie, sae e volve recoller reservas de auga.

A segunda é que pode permanecer sen comer catro anos seguidos e despois comer, abundantemenete, sen que o seu estómago sufra nada.

Finalmente, esa característica de almacenar auga, por eso o seu nome, coñecena os nativos e en épocas de sequía obteñen auga presionando lixeiramente sobre a pel dos sapos , sen que sufra dano.

AMPHIOCTOPUS MARGINATUS

 

A revista Current Biology, publicou recentemente que un equipo científico descubríu un polbo en Indonesia, o polbo raiado (Amphioctopus marginatus), que ten como curiosidade  que se despraza con medio coco entre os seus tentáculos para utilizalo a modo de caparazón ante o perigo, o que o convirte no primeiro invertebrado coñecido do mundo que empregar ferramentas.

No vídeo podedes ver ao citado cefalópo en acción.

 

ATTACUS ATLAS

ATTACUS ATLAS

 

Attacus atlas é a bolboreta (insecto lepidóptero da familia Saturniidae) máis grande do mundo, cuns 30cm de ancho por 25cm de longo. É orixinaria das selvas de Malasia e como vedes na fotografía é moi bonita.

Como curiosidade desta bolboreta, deixando de lado o seu tamaño, é que todo o seu alimento é inxerido na súa etapa de larva, xa que de adulta a súa "boca" sélase, non  alimentándose en toda esa etapa da súa vida. Como podedes imaxinar, pola embergadura, o seu voo é complicado, deixándose levar polo vento.

Outra curiosidade desta bolboreta é que o seu traballo real na época adulta é asustar aos depredadores e mantelos afastados das zonas ricas en larvas (fixándose ben na fotografía, a extensión apical das ás, teñen un parecido coa cabeza dunha serpe).

BURJ DUBAI

BURJ DUBAI

Burj Dubai ou Torre Dubai é o rañaceos máis alto do mundo e atópase en Dubai nos Emiratos Árabes Unidos.

Ten unha altura máxima de 818 m (atopándose a planta máis alta a 624 m e a azotea a 643 m). A obra iniciouse o 21 de setembro de 2004 e foi inagurada hoxe (4 de xaneiro de 2010). Ten unha superficie total de 344.000 m2 e un peso aproximado de 7 millóns te toneladas. Ten 162 plantas e 53 ascensores. O custo da obra superou os 1.800 millóns de dólares.

A cimentación tamén é a máis grande construída: sistema de varillas de 1,5 m de diámetro de base e máis de 50 m de profundidade. A fachada tapizada con paneis de vido e aceiro: 142.000 m2. En resumo unha cidade completa dentro dun edificio: pisos, supermercados, restaurantes, cines, etc.

Ata agora o edificio máis alto era o Taipei 101 con 529 m de altura, pero o inagurado hoxe xa non é a máis alto, polo menos en proxecto,  pois a consultora británica Hyder Consulting Tower  plantexa construír un rañaceos duns 1.600 m. Fíxate na comparativa adxunta COMPARATIVO  

Serán moi grandes pero ... ante o espazo natural, paseoa, parques, a grandeza dos ríos, montes ... NON É NADA.

 

 

COALA

COALA

O coala ou Koala (Phascolarctos cinereus), é un mamífero marsupial que vive nas árbores dos bosques de eucaliptos (alimentándose das xemas e follas) de Australia. Como característica do seu aspecto destaca o seu corpo rechoncho e unha pelaxe espesa, suave e de cor gris; cabeza grande e redonda, e extremidades curtas.

Como curiosidade deste animal a cantidade de tempo que adica a durmir, ao parecer para aforrar enerxía: entre 20 e 22 horas, superando ao oso perezoso. Por  certo a maior parte destas horas son de día, pois a súa alimentación é, fundamentalmente de noite.