A RÍA DE VIGO DENDE O ESPACIO
![A RÍA DE VIGO DENDE O ESPACIO](https://vgomez.blogia.com/upload/20100317100626-g17p56f1.jpg)
Imaxe da Ría de Vigo / SOICHI NOGUCHI
Esta imaxe foi tomada polo astronauta xaponés Soichi Noguchi, na que se aprecia a Ría de Vigo e o seu estreitamento coa ponte de Rande. Este astronauta da Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial (JAXA) mata o tempo tomando imaxes do mundo. Dispara a máis de 350 quilómetros de altitude. Ten un encadre privilexiado, porque vive na estación espacial internaciona (ISS).
Curioso divertimento!
0 comentarios