Blogia
vgomez

E HAI VIDA NESE LUGAR?

 

A Axencia Espacial Estadounidense (NASA) detectou a existencia de dous seres vivos a case 200 metros baixo a capa de xeo da Antártida, en plena escuridade, un descubrimento que altera as teorías sobre as condicións nas que se pode desenvolver a vida.

Nun comunicado difundido este martes, a Axencia Espacial asegura achar un Lyssianasid Amphipod, unha criatura parecida a un camarón ou gamba, e duns 8 centímetros de tamaño. Ademais, atopou o que parecía ser o tentáculo dunha medusa, duns 30 centímetros.

Un equipo da NASA introducíu unha pequena cámara de vídeo a través da grosa capa de xeo, e fíxoa descender na profundidade mariña, onde reina a escuridade, tal como se ve no vídeo. A uns 190 metros, detectouse e fotografouse ao crustáceo que, a pesar do seu pequeno tamaño, logrou romper os principios establecidos ata agora sobre as condicións extremas nas que pode haber vida.

Ata agora, os científicos crían que só uns cantos microbios eran capaces de vivir nestas condicións.

FONTE: La Voz de Galicia

0 comentarios