Blogia
vgomez

CURIOSIDADES

COLIBRÍ ABELLA

COLIBRÍ ABELLA

Esta fotografía que vedes é a do paxaro máis pequeno do mundo: o colibrí abella, tamén coñecido como elfo das abellas (mellisuga helenae).

Vive en Cuba (onde se coñece como zunzuncito ou paxaro mosca). Mide uns 6 cm e pesa uns 2 g. O seu niño mide uns 3 cm, Axita as súas ás 80 veces por segundo, o que lle permite estar no aire na mesma posición, sen apoiarse, mentres succiona o nectar das flores, principal fonte de alimento xunto cos insectos.

SAGUARO

SAGUARO

Carnegiea gigantea (Foto CactiGuide.com)

O saguaro ou sahuaro (Carnegiea gigantea) é o catus máis grande existente. É un cactus columnar (podendo acadar os 20 m) típico do deserto de Sonora (que seguramente vistes algunha vez nas películas do oeste e que está entre Estados Unidos e México). Presenta ramificacións laterais que co tempo dóbranse cara arriba, dándolle un aspecto de candelabro (coñecido tamén polo seu aspecto como cactus candelabro).

Vive moitos anos e medra moi lentamente, tendo unha grande capacidade de almacenar auga durante as treboadas, o que o convirte nunha fonte de alimentación. A súa flor, con pétalos curtos brancos, aparece na parte superior do talo. O seu froito, vermello,é  comestible.

A HAMBURGUESA DE GÓMEZ

A HAMBURGUESA DE GÓMEZ

É evidente que nada ten que ver coa miña persoa, aínda que teñamos GÓMEZ  en común. En 1985, Arturo Gómez, un astrónomo do Observatorio Interamericano de Cerro Tololo en Chile,  descubríu este obxecto en fotografías do ceo.

En realidade é unha nebulosa protoplanetaria, unha nube de gas expulsado por unha estrela similar ao Sol, xusto despois de que o combustible do seu núcleo (hidróxeno), se fusionase co Helio.

O seu nome ten relación coa seimilitude cunha hamburguesa. A luz que se ve (o bolo de pan) é a que emite a estrela central e reficte o pó, aínda que a propia estrela está escurecida por un groso disco de pó que rodea a parte central (a carne). 

A Hamburguesa de Gómez atópsae a uns 6.500 anos luz da Terra, na dirección da constelación de Saxitario.

ESTROMATOLITOS

ESTROMATOLITOS

 

Hai dous días vin nun xornal o seguinte titular: "Las formas más antiguas del planeta habitan en un lago argentino" (El Mundo.06/09/2009). Cando seguín a lectura decateime que falaban dos ESTROMATIOLITOS. Pero que é un estromatolito?

Trátase dunha estructura rochosa producida polo crecemento de cianobacterias (coñecidas como algas verdeazuladas e que se caracterizan por ser os únicos procariotas que levan a cabo fotosíntesis oxigénica, polo que tamén se denomina oxyphotobacteria), que van xerando unha capa mucilaginosa na que se precipitan os carbonatos e onde se van quedando os sedimentos. Despois do paso do tempo van medrando en tamaño e, a nivel xeolóxico, rematan consolidándose en rochas sedimentarias. Podemos datalos hai 3.500 millóns de anos.

Foron estes microorganismos os que crearon a nosa atmosfera, rica en ozono, e que fixeron posible a aparición de formas máis complexas de vida. O proceso é o seguinte: as algas producen a fotosíntese e absorben o CO2. As bacterias reciclan os nutrientes minerais. O proceso complétase coa liberación do osíxeno.

Neste vídeo de Discovery Chanel podedes  completar esta información.

 

OS ÓSOS DO NOSO CORPO

OS ÓSOS DO NOSO CORPO

Aínda que seguramente díchelo en clase (E.Física ou Ciencias), seguro que se che fago a pregunta: Cantos ósos temos?, moitos non lembraredes o número exacto, e é lóxico pois dende que nacemos ata que morremos o número vai cambiando.

Cando nacemos temos 300 ósos e cando somos adultos 206. A explicación reside en que cando somos moi pequenos hai ósos divididos que posteriormente vanse  soldando.

Por certo o óso máis pequeno está no oído, o chamado estribo que mide de 2,6 a 3,5 mm. Pola contra o óso máis longo é o fémur  e atópase na perna superior ou muslo.

 

CABALIÑO DE MAR

CABALIÑO DE MAR

Este peixe do xénero Hippocampus, é do que hai ao redor de 100 especies distribuídas polas augas de todo o mundo, ten unha característica curiosa na súa reproducción: No apareamento macho e femia entrelázanse coas colas (que son prensiles), a femia traspasa da súa cloaca os ovos maduros á bolsa ventral dos machos, que actuará de incubadora. Conforme van entrando os ovos van sendo fertilizados. Despois dun prazo que oscila entre 10 días e 6 semanas, dependendo da especie e da temperatura das augas, o macho expulsa as crías para iniciar unha vida independente dos proxenitores.

 

XENERAL SHERMAN

XENERAL SHERMAN

Non se trata, como se pode ver na foto, dun xeneral, aínda que impón. A verdade é que é á arbore máis grande do planeta, mellor dito o ser vivo con maior biomasa. Explícome:

Esta sequoiadendron giganteum ou Sequoia xigante ten uns 3.500 anos e unhas dimensións espectaculares: 83,8 m de altura e 11,1 m de diámetro do tronco na base. Atópase no Redwood National Park, Serra Nevada de California. Só hai unha árbore máis grande en altura de 115,5 m. que é un exemplar de Sequoia sempervirens, que se atopa no  Parque Nacional Redwood, ao norte de San Francisco (California).

Curiosamente o nome de Xeneral Sherman ten a súa historia: Un naturista chamado James Wolverton quen descubríu esta árbore en 1879, púxolle ese nome na honra do xeral William Tecumseh Sherman, a quen serveu  baixo as súas ordes  no 9ª  de Cabaleiría de Indiana co cargo de tenente.

 

O GUEPARDO

O GUEPARDO

O guepardo (Acinonyx jubatus) é o animal máis rápido a catro patas. Acada a velocidade de 72 km/h en dous segundos, podendo chegar ata os 100 km/h, aínda que so durante dous segundos.

Este mamífero carnívoro a diferencia doutros felinos non pode retarer as unllas. Parécense bastante aos leoparados, pero teñen unhas raias negras na cara.