ATTACUS ATLAS
Attacus atlas é a bolboreta (insecto lepidóptero da familia Saturniidae) máis grande do mundo, cuns 30cm de ancho por 25cm de longo. É orixinaria das selvas de Malasia e como vedes na fotografía é moi bonita.
Como curiosidade desta bolboreta, deixando de lado o seu tamaño, é que todo o seu alimento é inxerido na súa etapa de larva, xa que de adulta a súa "boca" sélase, non alimentándose en toda esa etapa da súa vida. Como podedes imaxinar, pola embergadura, o seu voo é complicado, deixándose levar polo vento.
Outra curiosidade desta bolboreta é que o seu traballo real na época adulta é asustar aos depredadores e mantelos afastados das zonas ricas en larvas (fixándose ben na fotografía, a extensión apical das ás, teñen un parecido coa cabeza dunha serpe).
0 comentarios