Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XIV

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Cidade Real. Son o punto de afloramento tradicional do río Guadiana en Castela-A Mancha, situado principalmente en Villarrubia de los Ojos, Cidade Real. Historicamente, eran mananciais de gran caudal, pero sufriron décadas de desecación por sobreexplotación do acuífero e secas, logrando recuperacións parciais na última década. 

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Sitúa no mapa...

1-Sistema Ibérico

2-Cordilleiras Béticas

3-Sistema Central

4-Montes de Toledo

5- Serra Morena

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org    Imaxes: aeda23.es e laclasedeptdemontse.wordpress.com

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XIII

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Álava. Un enclave é  un territorio ou terreo que está situado no interior doutro máis extenso e de características diferentes. O Condado de Treviño é un concello da provincia de Burgos (Castela e León), que xunto co municipio de La Puebla de Arganzón forma o enclave de Treviño, situado dentro da provincia vasca de Áraba (Álava). A capital do municipio é a localidade de Treviño.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Onde se atopan os "ollos do guadiana"?

- Cidade Real

- Badaxoz

- Albacete

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org     Imaxes. as.com e villarrubiadelosojos.com

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XII

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Pisuerga. Principal afluente do río Douro pola súa marxe dereita. Ten un curso total de 283 km. Nace no municipio da Pernía, situado no norte da provincia de Palencia e desemboca no río Douro preto de Geria, na provincia de Valladolid.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. O enclave do Condado de Treviño onde se atopa?

- León

- Sevilla

- Álava

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org   Imaxes: iagua.es e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XI

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Vitoria. Oficialmente Vitoria-Gasteiz, é a capital da provincia e territorio histórico de Áraba, e capital de facto de Euskadi (País Vasco), sendo a sede do Parlamento e do Goberno autonómico.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Que río é o principal afluente do Douro pola dereita?

-Águeda

-Pisuerga

-Esla

-Tormes

Mañá a solución e u ha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org        Imaxes: hispanoteca.eu e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? X

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Pirineos. O Pico da Maladeta, ou Tuca d’A Maladeta na súa denominación orixinal, é un cume montañoso de 3.312 metros de altitude situada nos Pireneos, próxima ao Pico Aneto (Tuca d’Aneto). Atópase situado no Parque natural Posets-Maladeta, no municipio de Benasque, provincia de Huesca, comunidade autónoma de Aragón.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é a capital do País Vasco?

- Donostia (San Sebastián)

- Vitoria (Vitoria-Gasteiz)

- Bilbao

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org   Imaxes: nevasport.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? IX

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Segre. É afluente principal do Ebro. Nace na vertente setentrional do pico do Segre, no municipio francés de Llo. Xira a poñente no val da Cerdaña e entra en España pola provincia de Xirona. Pasa por Llivia, Sé de Urgel, Pons, Balaguer e Lérida, razón pola cal esa zona é chamada Segriá. Pouco despois, o río acaba desembocando no Ebro, pola esquerda, en Aragón.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. En que cordilleira se atopa o pico da Maladeta?

- Sistema Bético

- Sistema Ibérico

- Cordilleira Cantábrica

- Pireneos

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org   Imaxes: refranerocastellano.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? VIII

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Texo. Nace nos montes Universais, na serra de Albarracín (Teruel), sobre a rama occidental do sistema Ibérico e, despois de percorrer 1.007 km, chega ao océano Atlántico na cidade de Lisboa. S non consideraros o percorrido por Portugal o Ebro sería o máis longo, e así o é, de España con 930 km. 

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é o maior afluente do Ebro por volume de Auga?

- Cinca

- Aragón

- Gállego

- Jalón

- Segre

- Guadalope

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE  e Imaxes: Propia e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? VII

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ebro. O río ten unha lonxitude total de 930 km e atravesa dez provincias ou comunidades uniprovinciales: Cantabria (onde nace), Palencia, Burgos, Álava, A Rioxa, Navarra, Zaragoza, Huesca, Lérida e Tarragona (onde desemboca). 

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é o río máis longo da Península Ibérica? 

- Ebro

- Douro

- Texo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org      Imaxes: recorremoselmundo.com e ecologiaverde.elperiodico.com