Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE XEOLOXÍA XVII

Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é...

 

Falla inversa: cando o bloque colgante móvese cara arriba respecto do xacente. Denomínanse cabalgamentos as fallas inversas de baixo ángulo de buzamento. O plano de falla é inclinado.

Falla normal, directa ou de gravidade: cando o bloque colgante ou de teito desprázase cara abaixo respecto ao bloque xacente ou de muro. O plano de falla é inclinado.
 
Falla de rumbo, en dirección, direccional, transcurrente ou de desgarre: cando o desprazamento é horizontal e paralelo ao rumbo das fallas.

Falla rotacional: cando houbo un compoñente de rotación no desprazamento relativo entre os dous bloques separados pola falla..

E Imos coa pregunta de hoxe!

17. Pregamento ou dobramento é a curvatura producida en rochas por esforzos tectónicos ou gravitatorios. Identifica a clasificación das dobras clásicas: anticlinais e sinclinais.

- 1

- 2

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e g.wikipedia.org       Imaxes: es.wikipedia.org e aulavirtual.iesabyla.es

CANTO SABES DE XEOLOXÍA XVI

Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é...

Tanto o grafito como o diamante están compostos exactamente polo mesmo elemento: carbono puro. Con todo, son formas alotrópicas distintas; é dicir, a disposición dos seus átomos é diferente, o que xera propiedades físicas e ópticas radicalmente opostas. O cuarzo é o segundo mineral máis abundante da codia terrestre, composto por dióxido de silicio.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. En xeoloxía, denomínase falla a unha fractura, xeralmente plana, no terreo ao longo da cal se deslizaron os dous bloques o un respecto ao outro. Identifica os tipos seguintes de fallas:

- Falla normal

- Falla inversa

- Falla rotacional

- Falla de rumbo

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e gl.wikipedia.org     Imaxes: mineriaenlinea.com e gl.wikipedia.org

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XV

Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é...

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Identifica estes minerais: grafito, cuarzo e diamante.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e gl.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org e mineriaenlinea.com

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XIV

Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é...

As rochas sedimentarias fórmanse mediante a acumulación, compactación e cementación de sedimentos, que son partículas de minerais, rochas ou materia orgánica transportadas pola auga, o xeo ou o vento. Divídense en detríticas ou clásticas (formadas por la acumulación de fragmentos (clastos) de otras rochas), químicas (formadas por precipitación de minerais disoltos na auga) e orgánicas ou bioquímicas (formadas por acumulación e consolidación de restos de seres vivos: animais e plantas, como é o caso do noso exemplo: o carbón).

As rochas metamórficas fórmanse a partir de rochas preexistentes (xa sexan ígneas ou sedimentarias) que son sometidas a altas presións e temperaturas no interior da Terra, o que cambia a súa estrutura mineralóxica sen chegar a fundilas. Divídense en foliadas (Presentan bandas ou capas aliñadas debido á presión, como é o caso do noso exemplo: a pizarra) e non foliadas (Textura máis homoxénea e cristalina).

As rochas ígneas ou magmáticas fórmanse polo arrefriado e a solidificación do magma (rocha fundida). Divídense principalmente en dous tipos: Plutónicas ou intrusivas (o magma arrefríase lentamente no interior da Terra, permitindo a formación de cristais grandes, como é o caso do noso exemplo: o granito) e volcánicas ou extrusivas (o magma (lava) sae á superficie e arrefríase rapidamente).

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Seguindo o dito anteriormente, identifica e clasifica: petrçoleo, mármore e basalto.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e gl.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XIII

Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é  1-Trilobites, 2-Spirifer e 3-Ammonites.

Os trilobites son unha clase de artrópodos do subfilo dos trilobitomorfos (Trilobitomorpha) extintos, sendo os fósiles máis característicos da era paleozoica. O spirifer é un xénero extinto de braquiópodos mariños da familia Spiriferidae, característico principalmente do devónico (era paleozoica). O ammonites son unha subclase de moluscos cefalópodos extintos que existiron nos mares desde o Devónico Medio (Era paleozoica) ata finais do Cretácico (era mesozoica).

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Identifica as rochas: granito, pizarra e carbón, e clasifícaas: sedimentarias, metamórficas e ígneas.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e gl.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XII

Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é  Mesozoica. Os dinosauros apareceron na Terra hai aproximadamente 250 millóns de anos, a principios do período Triásico, alcanzando o seu maior auxe no Xurásico. Durante 165 millóns de anos dominaron o planeta durante a Era Mesozoica, ata a súa tráxica extinción masiva do Cretácico-Paleóxeno hai 66 millóns de anos provocada polo impacto dun asteroide.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Identifica estes fósiles: 

- Ammonites

- Trilobites

- Spirifer

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e gl.wikipedia.org     Imaxes: muyinteresante.okdiario.com e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XI

Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Proteozoica, Paleozoica, Mesozoica e Cenozoica. A Saber...

E imos coa pregunta de hoxe!

11. En que era do cadro anterior situariamos os dinosaurios?

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia, gl.wikipedia.org e historiaybiografias.com   Imaxes: historiaybiografias.com e cmosc.org/es

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? X

Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é Cinsas, Lapilli e Bombas volcánivas. Un volcán expulsa tres tipos principais de materiais durante unha erupción: gases (como vapor de auga e dióxido de xofre), líquidos (coñecidos como coadas de lava) e sólidos (denominados piroclastos). Estes últimos segundo o tamaño serán...

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Ordena as eras xeolóxicas da historia da Terra.

Cenozoica, protezoica, mesozoica e paleozoica

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org     Imaxes: es.slideshare.net e planlea.edu.do