Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE CROACIA? VI

Continúo coa serie adicada a Croacia, onde o luminoso azul do mar Adriático, a abundante vexetación, un clima tépedo e os pobos e cidades medievais construídos en orixe polos romanos, fano un país único.

A contestación correcta á pregunta de onte é 3.800.000 habitantes. Exactamente 3.822.197 habitantes segundo a elaboración de Worldometer dos datos máis recentes das Nacións Unidas.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. A organización territorial de Croacia é mediante Condados. Pero cantos hai?

- 10 condados e a cidade capital Zagreb

- 20 condados e a cidade capital Zagreb

- 25 condados e a cidade capital Zagreb

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e worldometers.info/es   Imaxes: worldometers.info/es e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE CROACIA? V

Continúo coa serie adicada a Croacia, onde o luminoso azul do mar Adriático, a abundante vexetación, un clima tépedo e os pobos e cidades medievais construídos en orixe polos romanos, fano un país único.

A contestación correcta á pregunta de onte é 55.000 Km2. Exactamente 56.594 km2. Para que te fagas unha idea comparativa tería a metade de Bulgaria (110.879), o dobre de Albania (28.748)  e algo máis que a comunidade autónoma de Aragón (47.720,25).

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é, aproximadamente, a poboación de Croacia?

- 3.000.000 habitantes

- 3.400.000 habitantes

- 3.800.000 habitantes

- 4.000.000 habitantes

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes: mapas-del-mundo.net e mediopenique.com

CANTO SABES DE CROACIA? IV

Continúo coa serie adicada a Croacia, onde o luminoso azul do mar Adriático, a abundante vexetación, un clima tépedo e os pobos e cidades medievais construídos en orixe polos romanos, fano un país único.

A contestación correcta á pregunta de onte é Zagreb. É a capital e cidade máis poboada de Croacia. Está localizada ao noroeste do país, entre o río Sava e o ladeira sur do monte Medvednica, a uns 122 m s. n. m. 

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é, aproximadamente, a superficie de Croacia?

- 50.000 km2

- 55.000 km2

- 60.000 km2

- 65.000 km2

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes: es.wikipedia.org e saberpractico.com

CANTO SABES DE CROACIA? III

Continúo coa serie adicada a Croacia, onde o luminoso azul do mar Adriático, a abundante vexetación, un clima tépedo e os pobos e cidades medievais construídos en orixe polos romanos, fano un país único.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. A saber...

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a capital de Croacia?

- Rijeka

- Split

- Zagreb

- Osijek

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes: es.wikipedia.org e solosophie.com

CANTO SABES DE CROACIA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Croacia, onde o luminoso azul do mar Adriático, a abundante vexetación, un clima tépedo e os pobos e cidades medievais construídos en orixe polos romanos, fano un país único.

A contestación correcta á pregunta de onte é Limita o nordés con Hungría, ao leste con Serbia, ao sueste con Bosnia-Herzegovina e Montenegro, ao noroeste con Eslovenia e ao suroeste co mar Adriático, onde comparte unha fronteira marítima con Italia.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Identifica a bandeira de Croacia.

- 1

- 2

- 3

- 4

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes: IBGE e es.wikipedia.org

CANTO SABES DE CROACIA?

Croacia é un dos vintesete Estados soberanos que forman a Unión Europea, ubicado na Europa Central. O luminoso azul do mar Adriático, a abundante vexetación, un clima tépedo e os pobos e cidades medievais construídos en orixe polos romanos, fan de Croacia un país único. A variedade de Croacia vai máis aló das súas fermosas cidades e das 1.244 illas.

Anímaste a coñecela máis a fondo? Si! Pois comezamos!

1. Cales son os límites de Croacia?

- Limita o nordés con Serbia, ao leste con Hunfría, ao noroeste con Bosnia-Herzegovina e Montenegro, ao sueste con Eslovenia e ao suroeste co mar Adriático, onde comparte unha fronteira marítima con Italia.

- Limita o nordés con Hungría, ao leste con Serbia, ao sueste con Bosnia-Herzegovina e Montenegro, ao noroeste con Eslovenia e ao suroeste co mar Adriático, onde comparte unha fronteira marítima con Italia.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org       Imaxes: keralaviajes.com e mapasdelmundo.net

CANTO SABES DE XEOLOXÍA XXII (FIN)

Remato coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é...

Dunas transversais: Son cordóns alongados e perpendiculares á dirección do vento dominante. Fórmanse cando hai abundante area e pouca vexetación.

Dunas lonxitudinais (Seif): Cristas de area longas e paralelas á dirección do vento predominante. Adoitan formarse cando os ventos varían lixeiramente de dirección.

Barcanas (en media lúa): Teñen forma de ’C’ ou de medialúa. Os seus "cornos" apuntan na dirección do vento. Fórmanse cando hai ventos constantes e unha cantidade limitada de area.

Dunas en estrela: Formas complexas cun punto central e múltiples cristas que irradian cara a fóra. Desenvólvense en zonas onde o vento sopra desde múltiples direccións e cambian con frecuencia.

Dunas parabólicas: Teñen forma de ’U’ ou de media lúa invertida (cos cornos apuntando cara ao vento). Son moi comúns en zonas costeiras e desérticas, onde a vexetación fixa os extremos da duna.

E así remato esta serie, esperando que servise para recordar ou afondar algo máis nesta temática!

Ata a próxima serie!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org     Imaxe: geokarst.es/@OhMagmaMia

CANTO SABES DE XEOLOXÍA XXI

Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é...

A barra litoral é unha acumulación alongada de area ou grava que se forma paralela á costa polo movemento das ondas e as correntes mariñas.

Un tómbolo é nunha estreita lingua de area, grava ou sedimentos que actúa como unha ponte natural, unindo unha illa (ou un illote) con terra firme, ou conectando dúas illas entre si.

As praias orixínanse pola erosión das rochas terrestres e a acumulación de sedimentos, como area e grava, que son transportados polos ríos e distribuídos ao longo da costa polas correntes mariñas e a ondada.

Unha albufera é unha lagoa costeira de auga salgada ou salobre que se atopa separada do mar por unha lingua ou cordón de area (chamado restinga ou barra), pero que ten comunicación co océano a través dun ou varias canles ou aberturas.

Un acantilado ou cantil consiste nun lugar escarpado, de gran pendente vertical normalmente preto do mar, sobre o que forma un beiril ou balconada. Cando un cantil costeiro de forma tabular alcanza grandes dimensións denomínallo farallón.

E imos coa pregunta de hoxe, e última da serie!

21. Unha duna, que na literatura de tradición oral tamén se coñece como tombo de area, moutillón, fenal, madorra, modorrón, mouteira, malloeira, monteirón ou medóns, é unha acumulación de area formada nos desertos ou no litoral xerada pola acción do vento. Completa o cadro cos diferentes tipos de dunas.

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: Propia e gl.wikipedia.org      Imaxes: es.slideshare.net e geokarst.es/@OhMagmaMia