Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE IRLANDA? XII

Continúo coa serie adicada a Irlanda (Éire), un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea, que ocupa a maior parte da illa homónima. É un país fascinante e con bastante historia, música tradicional, literatura, lendas celtas…

A contestación correcta á pregunta de onte é San Patricio. O Día de San Patricio é a festa nacional da República de Irlanda, e cada 17 de marzo conmemora a morte de Patricio (17 de marzo de 461), santo patrón de Irlanda; grandes desfiles nos que a cor verde asolaga as rúas de miles de cidades, sendo unha das festividades máis celebradas en todo o mundo.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Nesta listaxe de irlandeses famosos hai un gazapo. Podes atopalo?

1- Enya

2- Stephen Roche

3- Ralph Firman

4- James Joyce

5- David Beckham

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: experienciajoven.com

#DígochoEu: En galego non se che poden caer os *anillos

*Non se caen os anillos! Esta expresión do castelán non existe no galego! Entón como dicimos cando alguén non ten problema en realizar unha tarefa que se considera ao teu posto?

#DígochoEu

CANTO SABES DE IRLANDA? XI

Continúo coa serie adicada a Irlanda (Éire), un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea, que ocupa a maior parte da illa homónima. É un país fascinante e con bastante historia, música tradicional, literatura, lendas celtas…

A contestación correcta á pregunta de onte é Cristianismo. A relixión máis grande en Irlanda é o cristianismo baseado no número de bautismos. Segundo a Constitución de Irlanda, o estado non pode apoiar ningunha relixión específica, xa que garante a liberdade de relixión. Inicialmente, a Constitución de Irlanda de 1937 outorgou á Igrexa católica Romana unha "posición especial" xa que era a denominación coa maioría dos seguidores. Con todo, en 1972 esta posición especial foi eliminada. A saber:

Rango

Relixión

Población (Porcentaxe)

1

Igrexa Católica

78.8

2

Irrelixioso

10.1

3

Non Especificado

4.8

4

Igrexa de Irlanda

2.6

5

cristianismo ortodoxo

1.3

6

Islam

1.3

7

Presbiteriano

0.5

8

Apostólico ou Pentacostal

0.3

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é o Santo Patrón da república de Irlanda?

- San Cettin

- San Patricio

- San Benigno

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e es.ripleybelieves.com    Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Ollo! Os #cibercarrachos 😈 xa están clonando voces da xente para cometer estafas!

Moito coidado cos #cibercarrachos 😈 coa clonación de voz. Esta estafa xa se esta fecendo!

#DígochoEu

CANTO SABES DE IRLANDA? X

Continúo coa serie adicada a Irlanda (Éire), un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea, que ocupa a maior parte da illa homónima. É un país fascinante e con bastante historia, música tradicional, literatura, lendas celtas…

A contestación correcta á pregunta de onte é 2. Michael D. Higgins (Limerick, 18 de abril de 1941) é o Presidente de Irlanda desde 2011, releexido en 2018. O Taoiseach, equivalente ao Primeiro Ministro desde iste ano 2024 é  Simon Harris (Greystones, 17 de outubro de 1986).

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é a relixión predominante na República de Irlanda?

- Islam

- Cristianismo

- Hinduísmo

- Sincretismo

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e datosmacro.expansion.com     Imaxes: es.wikipedia.org e paseandoporeuropa.com/es

#DígochoEu: Non digas *guardabarros

*Guardabarros é incorrecto en galego. Esther danos a alternativa!

#DígochoEu

CANTO SABES DE IRLANDA? IX

Continúo coa serie adicada a Irlanda (Éire), un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea, que ocupa a maior parte da illa homónima. É un país fascinante e con bastante historia, música tradicional, literatura, lendas celtas…

A contestación correcta á pregunta de onte é 26. A República de Irlanda esta dividida en 26 condados. A saber:

1-Dublín                                      14- Kilkenny

2- Wicklow                                   15- Waterford

3- Wexford                                   16- Cork

4- Carlow                                     17- Kerry

5- Kildare                                     18- Limerick

6- Meath                                      19- Tipperary

7- Louth                                       20- Clare

8- Monaghan                                21- Galway

9- Cavan                                      22-  Mayo                                     

10- Longford                                23-Roscommon

11- Westmeath                            24-Sligo

12- Offaly                                    25-Leitrim

13- Laois                                     26-Donegal

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Irlanda é unha república democrática representativa parlamentaria. O presidente de Irlanda, que exerce como xefe de Estado, é elixido directamente por sufraxio universal mediante o sistema de segunda volta instantánea. Pero, acualmente, quen é?

1- Micheál Martin

2- Michael D. Higgins

3- Simon Harris

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: En galego nin metes *cizaña nin podes ser *cizañero

Nin *cizaña nin *cizañero. Esther tráenos as alternativas correctas!

#DígochoEu