Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DE POLONIA? XIII

Continúo caoa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.

A contestación á pregunta de onte é Immanuel Kant. Nado en Königsberg (capital del actual óblast de Kaliningrado, enclave ruso entre Polonia e Lituania, na beira do Mar Báltico ), o 22 de abril de 1.724 e finado na mesma vila o 12 de febreiro de 1.804. Foi un filósofo considerado a figura central da filosofía moderna. Kant sostivo que a mente humana crea a estrutura da experiencia humana, que a razón é a fonte da moral, que a estética xorde dunha facultade de xuízo desinteresado, que o espazo e tempo son formas da nosa sensibilidade e que o mundo tal como é «en si» é independente dos nosos conceptos sobre el. Kant provocou unha revolución copernicana da filosofía, semellante ao xiro de Copérnico da crenza milenaria de que o Sol xiraba en torno á Terra. As súas crenzas continúan a ter unha grande influencia na filosofía contemporánea, especialmente nos eidos da metafísica, epistemoloxía, ética, teoría política e estética.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

13. Cal é o animal oficial de polonia?

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes:es.wikipedia.org e  chido-fajny.com

CANTO SABES DE POLONIA? XII

Continúo coa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.

A contestación á pregunta de onte é Zloty. É a moeda de curso legal de Polonia. O zloty para os números rematados en 2, 3 ou 4 (agás 12, 13 e 14) e złotych para os demais. Divídese 100 grosz. O seu código ISO 4217 é PLN e abréviase Zł.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Polonia deu moitas personaxes célebres. Da seguinte lista hai un que non é polaco...

- Nicolás Copérnico

- Fryderyk Chopin

- Maria Skłodowska-Curie

- Immanuel Kant

- Karol Wojtyła

- Roman Polański

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes:es.wikipedia.org e exactchange.es

#DígochoEu: Non digas *jalea nin *jaleo

*Jalea e *jaleo son palabras incorrectas en galego. Esther danos as alternativas!

#DígochoEu

CANTO SABES DE POLONIA? XI

Continúo coa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.

A contestación á pregunta de onte é Católica. A maioría dos polacos adhírense ao catolicismo romano. O 71,3% da poboación identificouse como tal no censo de 2021, fronte ao 87,6% en 2011. O resto da poboación componse principalmente de ortodoxos orientais (Iglesia Ortodoxa Polaca, aproximadamente 507.196 crentes), varias igrexas protestantes (a maior das cales é a Igrexa Evanxélica da Confesión de Augsburgo en Polonia, con 61.217 membros) e as Testemuñas de Jehová (116.935). En Polonia hai ao redor de 55.000 católicos gregos. Outras relixións practicadas en Polonia, por menos do 0,1% da poboación, inclúen o islam, o xudaísmo, o hinduismo e o budismo.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é a moeda oficial de Polonia?

- Som

- Grivna

- Rublo

- Zloty

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes:es.wikipedia.org e lalonjavalencianumismatica.com

#DígochoEu: Acórdate de acordar!

Xa falamos de acordar, pero non deste significado. Vaste sorprender!

#DígochoEu

CANTO SABES DE POLONIA? X

Continúo coa serie adicada a Polonia, un país do centro de Europa e membro da Unión Europea, sendo o gran descoñecido de Europa.

A contestación á pregunta de onte é Śniardwy. É o lago máis grande de Polonia, cunha superficie de 113,8 quilómetros cadrados. Ten 22,1 km de longo e 13,4 km de ancho. A profundidade máxima alcanza os 23 metros. Hai oito illas no lago. Como curiosidade o lago máis profundo é o Hancza, 108 metros no punto máis profundo.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é a relixión predominante en Polonia?

- Católica

- Ortodoxa

- Musulmá

- Testigos de Xehová

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes:es.wikipedia.org

#DígochoEu: En galego berramos pero non *barremos

Atención esta palabra que se escribe con v!

#DígochoEu

#Dígochoeu: Non digas *moco de pavo

Expresións galegas para referirnos a que algo ten máis impotancia da que se lle está a dar. Vexamos!

#Dígochoeu