Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? XV

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de onte é España. A guerra dos Oitenta Anos (coñecida en España como guerra de Flandes e nos Países Baixos como guerra de independencia dos Países Baixos)​ foi unha guerra que enfrontou ás Dezasete Provincias dos Países Baixos contra o seu soberano Felipe II de España. A rebelión contra o monarca comezou no ano 1568, en tempos de Margarita de Parma, gobernadora dos Países Baixos, e finalizou no 1648 co recoñecemento da independencia das sete Provincias Unidas, hoxe coñecidas como Países Baixos. Como pretexto, as relacións de Margarita coa nobreza neerlandesa protestante nunca foron do todo fluídas. Este feito, sumado á súa inoperancia e á distancia existente entre ambos os países, fixo que se fosen afastando cada vez máis da política española en busca dos seus intereses económicos e políticos cun aire de independencia que comezaba a xestarse no ambiente. Os países que hoxe se coñecen como Bélxica e Luxemburgo formaban parte das Dezasete Provincias, pero permaneceron leais á Coroa (os territorios baixo o dominio do Bispado de Lieja non formaban parte das Dezasete Provincias, senón directamente estaban no Sacro Imperio Romano Germánico). O resultado final da guerra dos Oitenta Anos foi a independencia oficial dos Países Baixos tras a Paz de Westfalia; pero non está tan claro que esta fose a causa da guerra. Esta foi o resultado final das discrepancias entre a Monarquía Hispánica e a parte dos súbditos aos que tiñan que gobernar nestas provincias.

 

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Na seguinte lista do mundo da cultura hai un personaxe que non pertence aos Países Baixos. Pódelo atopar?

- Erasmo de Róterdam

- Rembrandt

- Descartes

- Gerard Reve

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e bbc.com

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? XIV

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de onte Non practican ninguna relixión. Países baixos ten liberdade de culto. Tradicionalmente é un país calvinista. As últimas estatísticas (marzo 2023) revelan que hai un 20% de católicos, seguidos polos protestantes (15%), os musulmáns (5%) e outros cultos relixiosos (6%). Neste momento predominan quen non practican ningunharelixión (54%)

 

E imos coa pregunta de hoxe!

14. A Guerra dos 80 anos (1568-1648) foi o principio e o fin que levou a independencia dos Países Baixos. Pero de quen se independizou?

- Alemania

- Francia

- España

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e wordpress.com

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? XIII

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de onte é Pólder. Este termo neerlandés, define as superficies terrestres gañadas ao mar. Esta técnica utilizouse por primeira vez no século XII, na rexión de Flandres. Os holandeses convertéronse en auténticos mestres na arte de conquistar as terras situadas na beiras do mar, que se achan ao seu mesmo nivel ou inferior, para darlles deste xeito un aproveitamento agrícola. Un dos exemplos máis significativos de pólder atopámolo no lago de IJssel, parcialmente desecado e cultivado. Este tipo de técnicas foron aplicadas noutros lugares do mundo: consisten en illar por medio de diques un espazo cuberto polo mar, permanentemente ou durante a marea alta. O desecamento realízase mediante o bombeo cara ao mar do excedente de auga da cubeta artificial resultante, construíndo a continuación unha rede de drenaxes e canles que avenen as augas pluviais e eviten o encenagamento dos chans. Este proceso dá lugar a unha paisaxe xeométrica, animado outrora por bombas de auga movidas polo vento, en forma de muíños, cuxa función era activar as maquinarias de captación da auga, co fin de reconducila a través do sistema de canles. Por extensión, o termo «pólder» aplícase a todos os terreos húmidos (como marismas, lagos e chairas aluviais) que foron desecados con fins agrícolas, industriais ou portuarios.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Cal é a situación relixiosa maioritaria en Países Baixos?

- Prostestantes

- Católicos

- Musulmáns

- Non practican ninguna relixión

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: jadonceld.blogspot.com e blog-holanda.com

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? XII

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de onte é IJsselmeer. Este lago é o máis importante dos Países Baixos, un lago artificial localizado no centro do país que anteriormente era parte do Zuiderzee («mar do sur»), un antigo entrante pouco profundo do mar do Norte. Ten unha superficie de 1.100 km² e pouca profundidade, cunha media de entre 5 e 6 m e unha máxima de 9,5 m. Foi creado en 1932, cando o mar interior Zuiderzee foi pechado polo dique Afsluitdijk, aínda que posteriormente fóronse ocupando terras ao lago. Funciona como unha gran reserva de auga doce para a agricultura e o consumo humano

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cal é o termo que define as superficies terrestres gañadas ao mar nos Pises baixos?

- Duna

- Pólder

- Dique

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e jadonceld.blogspot.com

#DígochoEu: Non digas 'Onte *comimos patacas'

Non *comimos nin patacas, nin tortilla, nin pementos nin nada! *Comimos é incorrecto en galego!

#DígochoEu

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? XI

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mount Scenery. Atópase na illa de Saba con 888 metros de altura. No continente europeo, o punto máis alto de Paises Baixos é Vaalserberg ("Monte de Vaals") un montículo de 321 metros de altura. Pola contra Zuidplaspolder é o punto máis baixo com 6,74 metros baixo o nivel do mar.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Países Baixos ten moitos lagos, pero cal é o máis importante?

- IJsselmeer

- Reindersmeer

- Grevelingenmeer

- Slingeplas

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org

CANTO SABES DOS PAÍSES BAIXOS? X

Continúo coa serie adicada aos Países Baixos (Nederland), localizados no noroeste de Europa, sendo un dos vintesete estados soberanos que forman a Unión Europea é que desde o 1 de xaneiro de 2020 deixouse de chamar Holanda.

A contestación correcta á pregunta de onte é Monarquía constitucional. Dentro da súa conformación política de Paises Baixos, o rei desempeña o poder executivo e ratifica a libre elección do primeiro ministro polo pobo. O poder lexislativo está representado polo que ata hoxe día denomínanse Estados Xerais (Parlamento), as cales consisten en dous cámaras de representación lexislativa. O poder xudicial é representado polas Asembleas Provisionais, as cales tamén son elixidas por sufraxio directo. Cada provincia está gobernada por un comisionado ou gobernador designado polo rei, e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. As provincias teñen varias municipalidades, cada unha delas gobernada por unha xunta elixida popularmente e un burgomestre ou alcalde nomeado polo monarca. Así mesmo, as municipalidades especiais de Bonaire, San Eustaquio e Saba, localizadas no chamado Caribe Neerlandés, forman parte do territorio dos Países Baixos desde o 10 de outubro de 2010, pero non forman parte de ningunha provincia.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é o punto máis alto do Reino de Paises Baixos?

- Vaalserberg

- Zuidplaspolder

- Mount Scenery

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org      Imaxes: es.wikipedia.org e commos.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *o árbol

Estamos preto do Nadal! Pero nin *o árbol nin *os árboles! Aquí hai dous erros, sabes cales son?

#DígochoEu