#DígochoEu: Palabras cuquis: alén
Alén é unha palabra cuqui, pero cal é o seu significado?
#DígochoEu
Alén é unha palabra cuqui, pero cal é o seu significado?
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada a Bélxica, un país pequeno pero cheo de historia e cultura. Situado no noreste de Europa é un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais, é o fogar da Unión Europea e a OTAN.
A contestación correcta á pregunta de onte é 65,5 cm. Manneken Pis foi deseñado por un escultor de Brabante chamado Jérôme Duquesnoy o Vello e foi colocada no seu sitial en 1618 ou 1619. Xunto co Atomium e a Grand Place é un dos símbolos de Bruxelas e unha das súas atraccións turísticas principais, simbolizando o espírito independente dos seus habitantes.
E imos coa pregunta de hoxe!
13. Que tipo de gobernó ten Bélxica?
- Monarquía
- República
- Monarquía federal constitucional e parlamentaria
Mañá a solución e fin da serie!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
Continúo coa serie adicada a Bélxica, un país pequeno pero cheo de historia e cultura. Situado no noreste de Europa é un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais, é o fogar da Unión Europea e a OTAN.
A contestación correcta á pregunta de onte é Plate Taille. É o lago máis grande de Bélxica, un encoro artificial no conxunto dos lagos do Eau d’Heure, dacabalo entre as provincias de Hainaut e Namur. Construída en 1977, esta presa ten unha lonxitude de crista de 790 metros e unha superficie de 389 hectárea.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Manneken Pis é unha estatua de bronce situada no centro histórico de Bruxelas (Bélxica) e presenta a un neno pequeno espido ouriñando dentro do cunco da fonte. Paro cal é o seu tamaño?
- 45,5 cm
- 65,5 cm
- 1 m
- 1,5 m
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: visithainaut-be.translate.goog e es.wikipedia.org
Rever ten motos significados. Esther dínolos!
#DígochoEu
Continúo coa serie, adicada a Bélxica, un país pequeno pero cheo de historia e cultura. Situado no noreste de Europa é un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais, é o fogar da Unión Europea e a OTAN.
A contestación correcta á pregunta de onte é Escalda. Escalda (200 km en Bélxica, 350 km en total), o Mosa (183 km en Bélxica, 925 km en total) e o Yser (50 km en Bélxica, 78 km en total). Os tres teñen a súa orixe en Francia e os tres desembocan no mar do Norte, aínda que o Yser é o único que desagua directamente por territorio belga ao mar.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Cal é o lago máis grande de Bélxica?
- Genval
- Bütgenbach
- Gileppe
- Plate Taille
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: proyectos-derecho.ufm.edu e alltrails.com/es
Sabes o que é un "collón de can"? Pois seguro que non é o que estás pensando!
#DígochoEu
Continúo coa serie, adicada a Bélxica, un país pequeno pero cheo de historia e cultura. Situado no noreste de Europa é un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea. Ademais, é o fogar da Unión Europea e a OTAN.
A contestación correcta á pregunta de onte é Signal de Botrange. É o punto máis alto de Bélxica. Atópase situado na zona chamada Hautes Fagnes do Macizo das Ardenas na Provincia de Liexa, exactamente a 694 metros sobre o nivel do mar. Hai que indicar, non obstante, que Vaalserberg ("Monte de Vaals") é un outeiro de 322,4 metros de alturra, significativo por tratarse do punto onde conflúen as fronteiras de tres países (trifinio): Países Baixos, Bélxica e Alemaña , de forma que á súa cima dáselle o nome de Drielandenpunt ("Punto dos Tres Países", en neerlandés) ou Dreiländereck en alemán.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Bélxica esta percorrida por numerosos cursos de agua. Tres son os ríos principais que drenan o país: o Mosa, o Escalda e o Yser. Cal é o maior deles?
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.brusselsmap360.com e es.wikipedia.org