Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: #CiberEsther: (Ollo coas ofertas falsas de emprego!)

 

Se buscas choio, anda con moito coidado! Aos cibercarrachos tamén lles gusta estafar con ofertas falsas de emprego...

#DígochoEu

CANTO SABES DE CANADÁ? IX

Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte é Mackenzie. Este río flúe en dirección noroeste polo territorio de Territorios do Noroeste ata desaguar no mar de Beaufort, océano Ártico. Ten unha lonxitude de 1.738 km, pero se se considera o sistema fluvial Mckenzie-Gran lago do Escravo-dos Escravos-da Paz-lago Williston-Finlay acada os 4.241 km converténdoo no segundo río máis longo de América do Norte, tras o Misisipi-Misuri, e o 12º máis longo do mundo.​

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Canadá ten unha infinidade de lagos, máis de 31.000, moitos compartidos con Estados Unidos. Cal é o maior lago enteiramente en Canadá?

- Gran Lago do Esclavo

- Lago Nettilling

- Gran Lago do Oso

- Lago Nipigón

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org e saberespractico.com

CANTO SABES DE CANADÁ? VIII

Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte é Monte Logan. Cos 5.959 m. é a montaña máis alta de Canadá e a segunda máis alta de toda América do Norte despois do monte Denali, en Alaska. Forma parte das montañas San Elías e atópase no sector suroccidental do Territorio do Yukón, xunto á fronteira co estado de Alaska, e é parte do parque e reserva nacional Kluane. Séguelle o Pico Philippe con 5.925 m.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é o río máis grande de Canadá?

- Fraser

- Columbia

- Mackenzie

- Koksoak

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e elconfidencial.com   Imaxes: Kayak.es

#DígochoEu: #CiberEsther (Non cargues o móbil en puntos USB públicos!)

 

Os cibercarrachos poden alterar eses puntos USB para facer falcatruadas!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *riachuelo

 

Saímos ao campo para contarche como tes que evitar este castelanismo!

#DígochoEu

CANTO SABES DE CANADÁ? VII

Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte é 10 provincias e 3 teritorios. A saber: Alberta, Columbia Británica, Manitoba, Nuevo Brunswick, Terranova e Labrador, Nova Escocia, Nunavut, Ontario, Illa do Príncipe Eduardo, Quebec, Saskatchewan, os Territorios do Noroeste e Yukón.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é o punto máis elevado de Canadá?

- Pico Houston

- Pico Philippe

- Monte Logan

- Pico Prospector

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e mequieroir.com

#DígochoEu: Como son en galego os países de América do Norte??

 

Se onte falamos de América do Sur, hoxe tócalle a América do Norte. Pero hai sorpresas!

#DígochoEu

CANTO SABES DE CANADÁ? VI

Continúo coa serie adicada a Canadá, ese país con unha vasta extensión que o sitúan como o segundo país máis grande do mundo. Canadá é unha fusión entre diferentes culturas e tradicións ancestrais. Tamén conta cunha gran influencia do seu pasado como colonial británica e francesa.

A contestación correcta á pregunta de onte é Monarquía Federal Parlamentaria. Está gobernada como unha democracia parlamentaria e monarquía constitucional con Carlos III como xefe de Estado, non obstante o gobernador xeral, que actúa en representación do xefe de Estado, e os vicegobernadores, realizan a maioría de funcións cerimoniais do monarca. O parlamento está composto por unha Cámara dos Comúns electa polo pobo e un Senado designado. Cada membro do parlamento na Cámara dos Comúns é elixido por maioría simple nun distrito electoral ou o seu equivalente.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Tal como dixemos Canadá ten unha organización territorial federal. Como está formada?

- 8 provincias e 3 teritorios

- 10 provincias

- 10 provincias e 3 teritorios

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: a10.homes e vivacanada.net