Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: #CiberEsther, vítima de sextorsión

 

#CiberEsther cóntache o que tes que facer se es vítima de sextorsión.

#DígochoEu

CANTO SABES DE XAPÓN? XI

Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.  

A contestación correcta á pregunta de onte é Monte Fuji. O monte Fuji,​ tamén coñecido como Fujiyama por un erro de transliteración (o nome correcto sería Fujisán), é o punto máis alto de Xapón. Situado na illa Honshu, no Xapón central e xusto ao oeste de Tokio. Cos seus 3.776 metros de altitude, o Fuji é un estratovolcán e é o símbolo de Xapón. Séguelle o Monte Kita (Kitadake) con 3.193 m de altitude.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é o lago máis grande de Xapón?

- Saroma

- Biwa

- Kasumigaura

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org datosmacro.expansion.com  Imaxes: freepik.es

#DígochoEu: #CiberEsther (Que facer se es vítima de sextorsión?)

 

Se es vitima de sextorsión, intenta manter a calma e non dubides en denunciar na policia.

#DígochoEu

CANTO SABES DE XAPÓN? X

Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.  

A contestación correcta á pregunta de onte é Shinano. O río Shinano é o río máis longo de Xapón. Ten 367 km de lonxitude e a súa conca, con 11.900 km², é a terceira entre os ríos de Xapón. Ten a súa fonte ao oeste do monte Kobushi. Preto da cidade de Niigata desemboca no mar do Xapón, no tramo do estreito de Sado.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é o punto máis elevado de Xapón

- Monte Kita

- Monte Fuji

- Monte Aino

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: websaber.es e nippon.com/es

CANTO SABES DE XAPÓN? IX

Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.  

A contestación correcta á pregunta de onte é 1-Océano Pacífico, 2-Mar do Xapón, 3-Mar de Okhotsk e 4-Mar da Cina Oriental. Aquí telos situados no mapa:

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cal é o río máis longo de Xapón?

- Kitakami

- Shinano

- Ishikari

- Mogami

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org  Imaxes: astelus.com

#DígochoEu: Non digas *trending topic

 

En galego xa non debes dicir *trending topic!

#DígochoEu

#DígochoEu: De onde vén a palabra 'choio'?

 

Esther moito tivo que choiar para sacar adiante este vídeo!

#DígochoEu

CANTO SABES DE XAPÓN? VIII

Continúo coa serie adicada a Xapón, un dos países con máis personalidade do continente asiático, onde tradición e modernidade danse a man.   

A contestación correcta á pregunta de onte é Aproximadamente 125 millóns de habitantes. Xapón, cunha poboación de 125.507.000 persoas, é un país moi poboado e ten unha alta densidade de poboación, con 332 habitantes por Km2.

E imos coa pregunta de hoxe!

 


8. Saberías poner no seu sitio os mares que rodean Xapón?

- Mar da China Oriental

- Océano Pacífico

- Mar de Okhotsk

- Mar do Xapón

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.orgdatosmacro.expansion.com  Imaxes: d-maps.com