Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS? X (FIN)

Remato coa serie adicada ás bolboretas, eses insectos de aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores.

A contestación correcta á pregunta de onte é 3. Bolboreta ás de paxaro da raíña Alexandra (Ornithoptera alexandrae). É considerada a bolboreta diúrna máis grande do mundo cunha envergadura (distancia entre as puntas das ás) de ata 31cm. Está en perigo de extinción e atópase en Papúa Nova Guinea, Indonesia.

  

Ornithoptera alexandrae (macho)  á esquerda eOrnithoptera alexandrae (femia) á dereita

Entre as bolboretas nocturnas a maior por envergadura é a bolboreta emperador (Thysania agrippinade), que tamén pode chegar ata 31cm. Atópase principalmente en México, América Central e América do Sur. Pola súa banda a bolboreta Atlas (Attacus atlas), tamén nocturna, é a maior tomando en conta a área total das súas ás (máis de 400 cm2). A súa envergadura está entre 25cm e 30cm. Atópase no sueste de Asia, China, o arquipélago malaio e Indonesia.

Bolboreta emperador (Thysania agrippinade) á esquerda e bolboreta Atlas (Attacus atlas) á dereita.

E así remato a serie das bolboretas. Ata a próxima serie!

FONTE: nationalgeographic.com.es e bbc.com/mundo    Imaxes: es.wikipedia.org

#DígochoEu: #CiberEsther (Por que 'séxting' leva acento?)

 

Sabes por que ’séxting’ leva acento? #CiberEsther ten a resposta!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS? IX

Continúo coa serie adicada ás bolboretas, eses insectos de aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores.

A contestación correcta á pregunta de onte é Bolboreta monarca. Efectivamente, trátase da bolboreta monarca (Danaus plexippus) que máis aló da súa longa vida (para unha bolboreta) son coñecidas por realizar algunhas das migracións máis impresionantes do reino animal, na que miles destes insectos realizan unha viaxe de ata 5.000 quilómetros. Trátase, ademais, dunha das bolboretas diúrnas máis grandes do mundo.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

9. Dixemos que a bolboreta monarca é unha das bolboretas diúrnas maís grande. Pero cal é a bolboreta diurna máis grande do mundo?

1. Bolboreta Emperador (Thysania agrippina)

2. Bolboreta Atlas (Attacus atlas)

3. Bolboreta ás de paxaro da raíña Alexandra (Ornithoptera alexandrae)

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: nationalgeographic.com.es   Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *yunque

 

Non digas *yunque. Nin o do ferreiro nin o do oído se chaman así en galego! 

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS? VIII

Continúo coa serie adicada ás bolboretas, eses insectos de aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores.

A contestación correcta á pregunta de onte é Espritrompa. Poida que oíses falar da lingua das bolboretas. Trátase dun modo popular de referirse á espiritrompa dos lepidópteros, a cal consiste nun tubo longo que se enrola en espiral (de aí o seu nome) e que estes insectos despregan para alimentarse do néctar das flores.

E imos coa pregunta de hoxe!

Bolboreta Danaus plexippus

8. Unhas preguntas atrás diciámos que algunhas bolboretas poden vivir ata 8 ou 9 meses. Sabes de que especie de bolboreta se trata? Fíxate na imaxe!

- Bolboreta ás de paxaro da raíña Alexandra

- Bolboreta monarca

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es   Imaxe: ISTOCK

#DígochoEu: Como é? 'Piscina' ou 'pía'?

 

A palabra pía ten moitos significados pero nunca é sinónimo de piscina.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS? VII

Continúo coa serie adicada ás bolboretas, eses insectos de aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores.

A contestación correcta á pregunta de onte é Do néctar das flores. Efectivamente as bolboretas aliméntanse libando néctar ou algunha outra variación de sustento líquido que extraen das flores. De feito, as bolboretas presentan unha dieta exclusivamente líquida. Existe unha excepción, e é a das bolboretas da familia Micropterigidae: estas son as únicas que poden masticar e aliméntanse de pole e esporas de fungos. Por outra banda algunhas especies de bolboretas cuxo ciclo de vida é moi curto tan sequera aliméntanse, se non que dedican toda a súa enerxía a reprodución ata que caen extenuadas.

E imos coa pregunta de hoxe!

Órgano bucal dunha bolboreta

7. E a razón da súa alimentación, a pregunta é obrigada sabes como se chama o órgano bucal das bolboretas?

- Espiritrompa

- Aspiribóscide

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es   Imaxe: es.wiktionary.org

CANTO SABES SOBRE AS BOLBORETAS? VI

Continúo coa serie adicada ás bolboretas, eses insectos de aspecto delicado, voo grácil e exuberantes cores.

A contestación correcta á pregunta de onte é De 3 a 4 semanas. A verdade é que a vida dunha bolboreta adulta pode variar enormemente dependendo da especie ou mesmo da época do ano en que o imago salga do estadio de crisálide ou pupa, pero en termo medio acéptase que unha bolboreta pode vivir entre 3 e 4 semanas. Algunhas das especies máis pequenas viven ao redor dunha semana, algunhas mesmo só 24 horas. Outras poucas, en cambio, poden vivir durante 8 ou 9 meses.

E imos coa pregunta de hoxe!

Bolboreta Pontia daplidice

6. Durante este tempo precioso en que son adultas, é dicir, durante a súa fase de imago, as bolboretas só contan con dúas tarefas que cumprir: alimentarse e reproducirse Saberías dicir de que se alimentan as bolboretas?

- De ácaros diminutos

- Do pole das flores

- Do néctar das flores

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: nationalgeographic.com.es   Imaxe: es.wikipedia.org