#DígochoEu: Wáter-polo con acento e con guión
Hoxe Esther, vestida co equipamento da selección galega de wáter-polo, explícanos como se escribe este deporte correctamente.
Hoxe Esther, vestida co equipamento da selección galega de wáter-polo, explícanos como se escribe este deporte correctamente.
Remato coa serie sobre a CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA do 78. Unha gran descoñecida para boa parte dos españois e que desde aquí pretendo mellorar o seu coñecemento.
A contestación correcta á pregunta de onte, e última da serie é 6. A saber: 1812, 1837, 1845, 1869, 1876 e 1931. Indicar tamén que en 1834 promulgouse un Estatuto Real, otorgado pola rexenta María Cristina de Borbón, que non era unha Constitución, entre outras razóns, porque non emanaba da soberanía nacional senón da soberanía do rei absoluto que autolimitaba os seus poderes por propia vontade.

E así remato esta serie, que terá continuación, e que o único que pretendeu unha aproximar a carta magna un pouco máis a cada un de nós.
Ata a próxima serie!
FONTE: Adaptación propia da idea orixinal antena3.com Imaxe: unprofesor.com
No capítulo de hoxe do #ApuntamentoLusófono recordamos o momento en que nos dixeron que estamos propostos aos Mestres Mateo tanto ao mellor programa como a mellor comunicadora. E temos a segunda competición de ’fofinhos’: Duda contra Patrick.
#DígochoEu
Continúo coa serie sobre a CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA do 78. Unha gran descoñecida para boa parte dos españois e que desde aquí pretendo mellorar o seu coñecemento.
A contestación correcta á pregunta de onte é Porque hai que renovalo cada 5 anos. A constitución no artigo 122, apartados 2 e 3 establece: O Consello Xeral do Poder Xudicial é o órgano de goberno do mesmo. A lei orgánica establecerá o seu estatuto e o réxime de incompatibilidades dos seus membros e as súas funcións, en particular en materia de nomeamentos, ascensos, inspección e réxime disciplinario. O Consello Xeral do Poder Xudicial estará integrado polo Presidente do Tribunal Supremo, que o presidirá, e por vinte membros nomeados polo Rey por un período de cinco anos. Destes, doce entre Xuíces e Maxistrados de todas as categorías xudiciais, nos termos que estableza a lei orgánica; catro a proposta do Congreso dos Deputados, e catro a proposta do Senado, elixidos en ambos os casos por maioría de tres quintos dos seus membros, entre avogados e outros xuristas, todos eles de recoñecida competencia e con máis de quince anos de exercicio na súa profesión. Esta anomalía de non renovación está dende o 4 de decembro de 2018.
E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

16. Antes da Constitución actual (1978), cantas Constitucións tivo o noso país?
- 3
- 5
- 6
- 8
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: Adaptación propia da idea orixinal antena3.com Imaxe: maitearte.wordpress.com
Nestes días de frío normalmente os parabrisas dos nosos coches quedan conxelados! E non hai nada mellor que usar unha rascadeira. Hoxe imos repasar todas as formas de dicilo.
Continúo coa serie sobre a CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA do 78. Unha gran descoñecida para boa parte dos españois e que desde aquí pretendo mellorar o seu coñecemento.
A contestación correcta á pregunta de onte é Un mínimo de 300 e un máximo de 400. A Constitución no artigo 68, nos apartados 1, 2 e 3 establece: O Congreso componse dun mínimo de 300 e un máximo de 400 Deputados, elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto, nos termos que estableza a lei. A circunscrición electoral é a provincia. As poboacións de Ceuta e Melilla estarán representadas cada unha delas por un Deputado. A lei distribuirá o número total de Deputados, asignando unha representación mínima inicial a cada circunscrición e distribuíndo os demais en proporción á poboación. A elección verificarase en cada circunscrición atendendo a criterios de representación proporcional. Nesta lexislatura o número de Deputados é de 350, aínda que na actualidade conta só con 349, xa que houbo unha baoxa e non foi substituído.
E imos coa pregunta de hoxe!

15. Moito temos oído falar do CXPJ (Consello Xeral do Poder Xudicial), sobre a súa composición e se está ou non caducado. Por que sucede isto?
- Porque ten o mandato caducado dende 2020.
- Porque hai que renovalo cada 8 anos.
- Porque hai que renovalo cada 5 anos.
Mañá a solución e última pregunta da serie!
FONTE: Adaptación propia da idea orixinal antena3.com Imaxe: E.P./deia.eus
Coñeces a situación do galego no Bierzo? hoxe quixemos investigar sobre o tema aproveitando a visita que lle fixemos ao IES Bergidum Flavium de Cacabelos.