Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *galpón

 

Moitos diredes: "Mátame, camión" Pero é así! *Galpón é un castelanismo que non está admitido!Aquí tes as alternativas!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? IV

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é loba. Segundo a lenda, unha loba chamada Luperca aleitou aos xemelgos durante a súa infancia, polo que este animal converteuse no símbolo de Roma. Segundo unha interpretación alegórica, a loba representaría a unha prostituta, ás que se chamaba despectivamente “lobas”: esta alegoría simbolizaría a orixe humilde de Roma, xa que Rómulo e Remo eran perseguidos polo seu tío avó Amulio, o rei de Alba Longa, que vía neles unha ameaza á súa poder.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. O Imperio Romano foi o período de máxima expansión do Estado romano na Antigüidade Clásica. Operou como un sistema político autocrático e existiu entre os anos…

- 17 a. C. e 400 d. C.

- 27 a. C. e 476 d. C.

- 37 a. C. e 486 d. C.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: concepto.de  Imaxe: concepto.de

#DígochoEu: A RAG admite 'alevín'

 

A Academia Galega acaba de aceptar a palabra ’alevín’. Toma nota do que significa!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? III

Continúo coa serie adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é Rómulo. Segundo a lenda, Rómulo e Remo debían ser os fundadores da cidade eterna, pero non se poñían de acordo sobre o lugar: o primeiro quería fundala sobre o monte Palatino e o segundo sobre o Aventino. Ao final decidiuse por medio dun ritual: a honra recaería sobre quen vise máis voitres pousarse sobre o lugar que elixira. Rómulo gañou e converteuse así no fundador da cidade. Pero máis aló da lenda, a arqueoloxía indica que Roma naceu da unión dos diversos poboados dispersos polos outeiros romanos.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Da lenda de Rómulo e Remo provén tamén o animal totémico de Roma. Sabes cal era?

- Unha hiena

- Unha loba

- Unha cadela

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: historia.nationalgeographic.com.es    Imaxe: historia.nationalgeographic.com.es

#DígochoEu: Sabes o que é unha comenencia?

 

Nin conveniencia nin *comeniencia. En galego temos comenencias, pero sabes o que son?

#DígochoEu

#DígochoEu: Concurso (Falsos amigos co castelán)

 

Volvemos aos coles! Visista aos centros finalistas do concurso e Monfero foi a primeira parada. Co seu alumnado aprendemos algúns falsos amigos co castelán!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE O IMPERIO ROMANO? II

Continúo coa serie, que onte iniciamos, adicada a o Imperio Romano. A civilización romana é considerada unha das máis influentes da historia. Definiu a historia e os costumes de boa parte da humanidade e a súa influencia perdura aínda con forza nos nosos días.

A contestación correcta á pregunta de onte é Latinos. Eles, que vivían nas chairas do Lacio, xunto ao Tíber, foron os primeiros romanos, e co tempo impuxéronse a todos os demais pobos que compartían a península con eles.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Roma foi fundada, segundo a cronoloxía establecida por Marco Terencio Varrón, o 21 de abril do ano 753 a.C. A que personaxe lendario atribúese a súa fundación?

- Rómulo

- Remo

- Eneas

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Gran Enciclopedia de bolsillo. Editorial Molino   Imaxe:historia.nationalgeographic.com.es

#DígochoEu: #CiberEsther: Ollo co 'ransomware'! Sabes o que é?

 

Moito ollo cos ataques de ’ransomware’, que utilizan os ’cibercarrachos’ para secuestrar o teu PC ou o teu móbil. Presta atención aos consellos de #CiberEsther!

#DígochoEu