#DígochoEu: #CiberEsther: Coidado co teu 'router'!
Hoxe #CiberEsther explica como aumentar a seguridade do teu ’router’. Sabías que existe unha palabra en galego para este dispositivo?
#DígochoEu
Hoxe #CiberEsther explica como aumentar a seguridade do teu ’router’. Sabías que existe unha palabra en galego para este dispositivo?
#DígochoEu
Felices Festas! Esther visita os praceiros e as praceiras que nos venden o mellor peixe e marisco! Como se di? ’Pescada’ ou ’merluza’? ’Bacallao’ ou ’bacallau’?
Remato coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².
A contestación correcta á pregunta de onte é Sydney. É a capital do estado de Nova Gales do Sur e a cidade máis populosa de Australia e de Oceanía.

O concello de Sydney posúe unha poboación de case 165.000 habitantes, mais incluíndo a súa área metropolitana ten preto de 4.300.000, repartidos por cerca 600 suburbios. Está situada na costa sueste da illa de Australia arredor da fermosa Baía de Jackson, tamén coñecida aínda que incorrectamente como Baía de Sydney, e que lle dá o alcume da Cidade da Baía. É o maior centro económico do país, dedicándose especialmente á fabricación de produtos manufacturados, á prestación de servizos financeiros, ao comercio e ao turismo.

Espero que esta serie que hoxe remato servise para por ao día os coñecementos básicos deste continente, que terán continuidade noutra serie.
Ata a próxima serie!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org e fluccs.com.au
Cantos de vós dixestes estes últimos días a palabra "navideño"? Xa podedes ir eliminándoa da vosa cabeza porque en galego non existe!
#DígochoEu 🎄🎁🎅🏻
Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².
A contestación correcta á pregunta de onte é No mar do Coral, ao longo da costa do estado de Queensland no nordés de Australia. A estrutura do arrecife está composta por miles de millóns de pequenos organismos coñecidos como pólipos de coral. Pódense atopar máis de 400 especies de coral, algunhas microscópicas e outros que chegan aos 2 metros de anchura. Nas marxes externas do arrecife formanse especies viscosas con capacidade de resistir os embates das ondas, en cambio as delicadas variedades lanceoladas deben gorecerse nas augas máis tranquilas. As formas son variadas: abanico, cúpula, cornos, flor, etc. As cores oscilan entre tons rosados, fucsia, amarelos, azuis e verdes. As augas da Gran Barreira de Coral son temperadas e soportan unha gran variedade de vida e foron seleccionadas como Patrimonio da Humanidade en 1981.
E imos coa pregunta de hoxe é última da serie!

13. Cal é a maior cidade de Oceanía?
- Camberra
- Sidney
- Melbourne
- Brisbane
Mañá a solución e remate da serie!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: en.wikipedia.org