#DígochoEu: Como se di? 'Mulleriña' ou 'mullerciña'?
Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².
A contestación correcta á pregunta de onte é Kiwi.
Pertencente á orde Apterygiformes, os Kiwis son aves non voadoras pequenas, aproximadamente do tamaño dunha galiña.
E imos coa pregunta de hoxe!

12. A Gran Barreira de Coral é o máis grande arrecife coralino do mundo. Fronte a que costas se atopa?
- No mar de Arafura, que é un brazo pouco profundo do océano Pacífico que cobre a plataforma continental entre Australia e Nova Guinea.
- No mar do Coral, ao longo da costa do estado de Queensland no nordés de Australia.
- No mar de Halmahera, situado na parte centro oriental do Mar Mediterráneo Australasiano.
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
En galego temos moitas palabras que empezan por enm-, pero nin *enmenda nin *enmendar son correctas! Esther Estévez danos as alternativas!
Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².
A contestación correcta á pregunta de onte é 1-b e 2-a. Graficamente sería:

O wómbat é un mamíferos marsupial da orde dos diprotodontes e suborde dos vombatiformes. No presente sobreviven tres especies destes animais que viven nos bosques das montañas de Australia (incluída Tasmania), onde escavan grandes tobos. Teñen a aparencia dun pequeno oso musculado coas patas moi curtas. O emú é unha ave estrutioniforme da familia Dromaiidae. Son aves grandes, non voadoras (ratites). O seu hábitat natural atópase no continente de Oceanía; na actualidade só sobrevive unha especie, que é a segunda ave de maior tamaño do mundo, após a avestruz.
E imos coa pregunta de hoxe!

11. Dos animais da imaxe superior, cal é o animal símbolo de Nova Zelandia?
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².
A contestación correcta á pregunta de onte é repítese a bandeira do Reino Unido.
A explicación é a pertenza a Mancomunidade de Nacións (Commonwealth of Nations), unha organización composta por 54 países soberanos independentes e semiindependentes que, coa excepción de Mozambique e Ruanda, comparten lazos históricos co Reino Unido. No pasado, Irlanda e Zimbabue tamén formaron parte dela. O seu principal obxectivo é a cooperación internacional no ámbito político e económico, e desde 1950 a pertenza a ela non implica submisión algunha á Coroa británica, aínda que se respecta a figura do monarca do Reino Unido (Carlos III).
E imos coa pregunta de hoxe!

10. En Australia (Oceanía) non só hai máis canguros que persoas, tamén hai 3 veces máis ovellas que humanos. Pero tamén hai outros animais curiosos. Podes identificalos?
a. Emú
b. Wómbat
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org e hogarmania.com
Este é o último #ApuntamentoLusófono do ano! Vaia programa máis completiño o de hoxe. Primeiro estivemos cos King Kids. Con eles presentamos o videoclip de ’Dígocho eu’,o tema coa que se presentan ao concurso ’unha canción para Esther’. Despois veu Iker Sertucha, da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, con quen coñecemos máis cousas sobre a lingua de signos. En fin, que non faltou de nada!
#DigochoEu
Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².
A contestación correcta á pregunta de onte é Repítese a bandeira do Reino Unido. A explicación é a pertenza a Mancomunidade de Nacións (Commonwealth of Nations), unha organización composta por 54 países soberanos independentes e semiindependentes que, coa excepción de Mozambique e Ruanda, comparten lazos históricos co Reino Unido. No pasado, Irlanda e Zimbabue tamén formaron parte dela. O seu principal obxectivo é a cooperación internacional no ámbito político e económico, e desde 1950 a pertenza a ela non implica submisión algunha á Coroa británica, aínda que se respecta a figura do monarca do Reino Unido (Carlos III).

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Na maioría das 14 nacións independentes de Oceanía, teñem por moeda oficial o dólar (australiano, estadonidense, neozelandes...) pero hai tres que non o teñen. relaciona a moeda co país:
1. Papúa Nova Guinea a. Tala
2. Vanuatu b. Kina
3. Samoa c. Vatu
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org, es.aliexpress.com e forum.com
Aquí está a primeira canción finalista do concurso ’unha canción para Esther’! Son os King Kids e cántannos "Dígocho eu". O videoclip gravouse en Gallery Selfie Vigo.