"Dígocho eu" - King Kids ft. Esther Estévez
Aquí está a primeira canción finalista do concurso ’unha canción para Esther’! Son os King Kids e cántannos "Dígocho eu". O videoclip gravouse en Gallery Selfie Vigo.
Aquí está a primeira canción finalista do concurso ’unha canción para Esther’! Son os King Kids e cántannos "Dígocho eu". O videoclip gravouse en Gallery Selfie Vigo.
Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².
A contestación correcta á pregunta de onte é 1-d, 2-a, 3-c, 4-b. Para velo máis claro:

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Se te fixas nas imaxes superiores, a modo de exemplos, son moitas as bandeiras que repiten un símbolo. Que significado ten?
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
Hoxe #CiberEsther fálanos das cookies, que teñen un nome específico en galego. De feito, sabías que a RAG recomenda dicir ’rastros’ e non ’cookies’?
Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².
A contestación correcta á pregunta de onte é 1-e, 2-c, 3-d, 4-a e 5-b. Camberra é a capital de Australia, Wellington é a capital de Nova Zelandia, Port Moresby é a capital de Papúa Nova Guinea, Suva é a capital de Fidxi e Nukualofa é a capital de Tonga.
E imos coa pregunta de hoxe!

7. Identifica estas bendeiras de países de Oceanía:
1. Australia
2. Illas Salomón
3. Tuvalu
4. Samoa
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².
A contestación correcta á pregunta de onte é Nova Guinea (Papúa Nova Guinea). Oficialmente denominado Estado Independente de Papua Nova Guinea, é un país soberano de Oceanía que ocupa a metade oriental da illa de Nova Guinea (a outra metade é parte do estado indonesio de Nova Guinea Occidental) e unha numerosa cantidade de illas situadas ao redor desta. Está situado ao norte de Australia, ao oeste das Illas Salomón e ao suroeste do océano Pacífico, nunha rexión definida desde inicios do século XIX como Melanesia. É o único país de Oceanía que ten fronteira terrestre (Indonesia). Ten unha extensión de 462.840 km2.
E imos coa pregunta de hoxe!

6. Relaciona cada país coa súa capital:
1. Australia a. Suva
2. Nova Zelandia b. Nukualofa
3. Papúa Nova Guinea c. Wellington
4. Fidxi d. Port Moresby
5. Tonga e. Camberra
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: caracteristicasdel.com
Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².
A contestación correcta á pregunta de onte é Eyre. Oficialmente Kati Thanda–Lake Eyre, é, nas raras veces nas que está cheo, o lago máis grande de Australia (Oceanía) e tamén o punto máis baixo do país (aproximadamente 15 m por debaixo do nivel do mar). Trátase dun lago endorreico, dunha superficie de 9.690 km² (máx.) Atópase na zona desértica de Australia central, ao norte de Australia do Sur. A cunca do lago Eyre é un enorme sistema endorreico arredor do lago, estando a parte máis baixa cuberta dunha capa salgada característica dos sistemas endorreicos, producida pola expansión cada tempada do volume de auga e a consecuente evaporación das augas atrapadas. Aínda nas tempadas máis cálidas, case sempre queda algo de auga no lago, que normalmente se recolle nunha serie de lagos subterráneos máis pequenos. Durante a tempada de chuvias, os ríos do nordeste flúen cara ao lago. A cantidade de auga do monzón determina se a auga logrará alcanzar o lago e se o fai, que profundidade alcanzará. O lago tamén pode sufrir inundación pequenas e moderadas, provocadas polo volume de chuvias caídas na zona. O normal é que haxa inundacións de 1,5 m cada tres anos; de 4 m cada década e unha inundación completa ou case, catro veces cada 100 anos. A auga do lago evapórase rapidamente, de maneira que as inundacións menores e medias sécanse cara ao final do verán seguinte.
E imos coa pregunta de hoxe!

5. Oceanía, como dixemos é un continente insular. A maior extensión corresponde a Australia, que ocupa 86% da masa continental. Cal é a illa que lle segue a Australia?
- Nova Zelandia
- Nova Guinea (Papúa Nova Guinea)
- Samoa
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org