Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *enfriar

 

Que frío vai! Xa case estamos no inverno, pero non, o tempo non está *enfriando.

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OCEANÍA? IV

Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².

A contestación correcta á pregunta de onte é Murray. Este río, tamén é o máis longo de Australia, con 2.508 km. Nace na Gran Cordilleira Divisoria, nos Alpes Asutralianos, atravesando o sueste do país ata desembocar no océano Índico, preto de Adelaida. Entre os seus afluentes principais atópanse o río Mitta Mitta (de 160 km), o río Kiewa (de 100 km); o río Murrumbidgee (de 1.486 km), o río Goulburn (de 654 km) e o río Darling (de 1.545) km. Con todo, a pesar de que o río Murray é considerado como o río máis longo de Australia, se se teñen en conta os afluentes máis longos do río Darling, que son o Culgoa, o Balonne e o Condamine, a súa lonxitude total aumenta a 2.740 quilómetros, o que a converte na vía fluvial máis longa de Australia.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é o maior lago de Oceanía?

- Lago Torrens

- Lago Gairdner

- Lago Eyre

- Lago Mackay

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: iagua.es      Imaxe: australias-physical-features-is.weebly.com

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 63

 

No ApuntamentoLusófono de hoxe, acompañáronnos tres brasileiros tan asentados en Galicia que xa se poden considerar ’brasilegos’: o músico Sérgio Tannus, o actor Marcos Orsi e o profesor de portugués Márlio Barcelos. O máis alucinante foi descubrir que no Brasil non teñen practicamente contacto co portugués de Portugal. Os brasileiros non entenden ben o portugués europeo! E moi pouca xente do Brasil sabe da existencia de Galicia e do galego.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OCEANÍA? III

Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².

A contestación correcta á pregunta de onte é Jaya. O monte Jaya, tamén coñecido como monte Carstensz ou pirámide de Carstensz, é a montaña insular máis alta do mundo e o pico máis alto de Oceanía, na illa de Nova Guinea, con 4.884 metros de altura sobre o nivel do mar.​ Atópase nas montañas Sudirman, ao oeste da zona montañosa de Papúa, a metade oeste da illa principal de Indonesia que está nunha zona frecuentemente axitada por terremotos e maremotos.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é o maior río de Oceanía?

- Murray

- Darling

- Murrumbidgee

- Waikato

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxe: Scott Davis/es.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE OCEANÍA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².

A contestación correcta á pregunta de onte é 14. Estas nacións independentes son: Australia, Fidxi, Diribati, Illas Marshall, Illas Salomón, Micronesia, Nauru, Nova Zelandia, Palaos, Papúa Nova Guinea, Samoa, Tonga, Tuvalu e Vanuatu. Ademais, tamén a forman 14 dependencias (de países como Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Nova Zelandia e Australia) e 5 territorios integrados noutras nacións non oceánicas como Estados Unidos, Chile e Indonesia.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é o punto máis elevado de Oceanía?

- Mandala

- Jaya

- Trikora

- Ngga Pilimsit

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e once.es   Imaxe: mountainhikingweb.wordpress.com

#DígochoEu: #CiberEsther; O galego, un aliado

 

Sabías que o galego pode ser un aliado para protexernos dos cibercarrachos? Mira o que nos conta #CiberEsther!

 #DígochoEu

#DígochoEu: Como se di 'alitas de pollo'?

 

Como podemos dicir en galego que queremos comer alitas de pollo? Esther Estévez resolve a dúbida!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OCEANÍA?

Comezo hoxe unha nova serie adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².

Dende hoxe, propóñoche o reto de coñecer mellor este continente a través de preguntas diarias. Anímaste?

Pois comezamos!

1. Cantos estados soberanos (nacións independentes) Está formada Oceanía?

- 14

- 28

- 33

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: saberespractico.com e gl.wikipedia.org