Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu Como son as partes da portería?

 

En galego é tan correcto dicir portería como portaría. Sabes o nome das partes das que está composta unha?

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ASIA? XX (FIN)

Remato co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é tamén última da serie é 7. Os Emiratos Árabes Unidos (EAU)​ é un país soberano constituído en monarquía federal de Oriente Próximo, situado na península de Arabia.

Está composto por sete emiratos:​ Abu Dabi, Ajmán, Dubái, Fuyaira, Ras al-Jaima, Sarja e Umm al-Qaywayn. Limita con Omán ao sueste, co golfo Pérsico ao norte e con Arabia Saudita ao oeste e sur. Esta federación de sete sultanatos que se gobernan baixo monarquías absolutas, cada un por un emir con poderes específicos. O goberno central fórmao o consello supremo, formado polos sete emires. O presidente federal elíxese entre os emires hereditarios e adoita ser o xeque de Abu Dabi e o primeiro ministro o de Dubai.

E así remato esta serie, que foi unha primeira aproximación a iste xigantesco continente.

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxe: pueaa.unam.mx

CANTO SABES SOBRE ASIA? XIX

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Portugal. Macau é unha zona administrativa especial da República Popular da China. Foi administrada polo Imperio portugués e os seus estados herdeiros desde mediados do século XVI ata o 20 de decembro de 1999, cando foi a última colonia europea en Asia. Está constituída por unha península e dúas illas (Taipa e Coloane), cunha superficie total de 28,2 km². Ten preto de 647.700 habitantes. Baixo a política de «un país, dous sistemas», o Consello de Estado da República Popular China é responsable da defensa militar e dos asuntos exteriores, mentres que Macau mantén o seu propio sistema legal, forza de seguridade pública, sistema monetario, política aduaneira e política de inmigración. Esta forma de goberno vai estar en vigor ata, como mínimo o ano 2.049, 50 anos despois da transferencia de soberanía, data na que se producirá a transferencia de administración, pola que Macau pasará a ser administrada pola China.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

19. Os Emiratos Árabes Unidos son unha federación de emiratos situados na Península de Arabia. Pero, por cantos emiratos está formada esta federación?

- 3

- 5

- 7

- 9

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Como se di 'recién nacido'?

CANTO SABES SOBRE ASIA? XVIII

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Apoximadamente 21.000 km. Contando as súas ramificacións e construcións secundarias, calcúlase que ten 21.196 km de longo, desde a fronteira con Corea, á beira do río Yalu (Yalu Jiang), ata o deserto de Gobi, abarcando sete provincias, ao longo dun arco que delinea aproximadamente o bordo sur da Mongolia Interior, aínda que hoxe en día só se conserva un 30% dela. De media, mide de 6 a 7 metros de alto e de 4 a 5 metros de ancho. No seu apoxeo, durante a dinastía Ming, foi custodiada por máis dun millón de guerreiros. A Gran Muralla Chinesa é unha serie de fortificacións, construídas desde o século V a.C., de pedra, ladrillo, terra apisoada, madeira, e outros materiais, en xeral, ao longo dunha liña de leste a oeste a través das fronteiras históricas do norte da China para protexer aos estados chineses e o imperio da China dos ataques dos bárbaros de Mongolia e Manchuria. O principal propósito do muro non era impedir que fora atravesado, senón máis ben impedir que trouxeran cabalos con eles.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. Macau é unha zona administrativa especial da República Popular da China. Ata o 20 de decembro de 1.999 estivo baixo a soberanía dun país europe. Cal foi este país?

- España

- Francia

- Portugal

- Reino Unido

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org    Imaxe: elrincondesele.com

CANTO SABES SOBRE ASIA? XVII

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Brunei. A Guerra de Castela, tamén coñecida como Expedición española a Brunei ou Guerra hispano-bruneana, foi un conflito que tivo lugar en 1578 entre Brunei e España. Foi durante o reinado do sultán Saiful Rijal cando tivo lugar esta guerra, coa que o sultán bruneano buscaba enfrontarse a dous problemas cruciais, a propagación do cristianismo polos españois e a súa invasión do arquipélago filipino.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. A Gran Muralla China ten unha loxitude de…

- Aproximadamente 1.000 km

- Aproximadamente 11.000 km

- Aproximadamente 21.000 km

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 62

 

Ademais de prender nas silvas, no último #ApuntamentoLusófono Esther e Rodrigo tiveron a visita de tres profesoras do Instituto Español de Lisboa. Explicaron a súa experiencia alí e cales son as principais diferenzas entre o noso sistema educativo e o portugués.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas nin *mote nin *apodo

 

En galego non lle poñemos *motes nin *apodos á xente!

#DígochoEu