Blogia
vgomez

DOCENCIA

CANTO SABES SOBRE ASIA? XVI

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Nepal. Este país do sur de Asia, ten fronteiras coa China (Tíbet) ao norte e a India ao sur. Ten, máis ou menos, a forma dun trapecio irregular, formando un pequeno país que de leste a oeste ten unha lonxitude duns 800 km e de norte e sur unha anchura máxima duns 200 km, cubrindo unha área de 147.181 km². A súa capital e Katmandú.

E imos coa pregunta de hoxe!

16. A Guerra de Castela foi un conflito que tivo lugar en 1.578  entre España e un país asiático. Cal foi ese país?

- Brunei

- Malasia

- Singapur

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org    Imaxe: bruneiresources.blogspot.com

CANTO SABES SOBRE ASIA? XV

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Paquistán. Cunha poboación de 180 millóns de habitantes, é o sexto país máis poboado do mundo. Ten unha área de 796.095 km2, o que o sitúa no número 36 en tamaño. Está localizado nunha rexión moi importante estratexicamente, cunha costa de 1.046 km ó longo do Mar Arábigo e do Golfo de Omán no sur. Limita coa India polo leste, con Afganistán polo norte o polo oeste, con Irán polo suroeste e con China polo nordeste. A súa capital é Islamabad.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Na imaxe superior tes a bandeira e o escudo dun país sen saída ao mar ubicado en Asia do Sur, xeográficamente ubicado no Himalaia. De que país estamos a falar?

- Bangladés

- Myanmar

- Nepal

- Bután

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org    Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Como é? Xeada ou xiada?

 

🥶❄ Vai un frío que pela! Temos temperaturas xélidas, baixo cero... pero como é? Xeada ou xiada? 

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ASIA? XIV

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Hiroshima. A bomba nuclear Little Boy lanzouse en Hiroshima o luns 6 de agosto de 1945, seguida o 9 de agosto por Fat Man, lanzada sobre Nagasaki. O cesamento das hostilidades foi efectivo 6 días despois, o 15 de agosto. A Segunda Guerra Mundial finalizou oficialmente menos dun mes máis tarde pola sinatura do acto de capitulación do Xapón o 2 de setembro de 1945.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Como se chama o país coloreado da imaxe superior?

- Afganistán

- Paquistán

- Turkmenistán

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *friolero

 

Canto frío vai! Pero en galego non somos *frioleros, toma nota de como dicilo correctamente!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ASIA? XIII

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Vietnam do Norte e Vietnam do Sur. A guerra de Vietnam, chamada tamén segunda guerra de Indochina, foi un conflito bélico que enfrontou entre 1958 e 1975 aos Estados de Vietnam do Sur e Vietnam do Norte, apoiados polos seus respectivos aliados e especialmente os Estados Unidos que axudaron directamente aos survietnamitas ata a súa retirada en 1973, no contexto xeral da guerra fría. As faccións en conflito foron, por unha banda, a República Democrática de Vietnam co apoio de movementos guerrilleiros survietnamitas como o Vietcong ou a Fronte de Liberación Nacional (NLF) e de subministracións soviéticas e chinesas. Polo outro lado, a República de Vietnam co apoio militar e loxístico dos Estados Unidos. En axuda dos estadounidenses tamén participaron, con tropas de combate, Australia, Corea do Sur, Filipinas, Nova Zelandia e Tailandia, mentres que Alemaña, Irán, Marrocos, o Reino Unido e Suíza contribuíron con subministracións materiais e equipamento médico. Outros continxentes testemuñais en apoio dos Estados Unidos foron enviados por Taiwán e tamén España, que mobilizou un reducido grupo de médicos militares en misión sanitaria.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Os bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki foron uns ataques nucleares contra o Imperio do Xapón, obra dos Estados Unidos de América, pondo punto final a II Guerra Mundial. Pero cal das dúas foi a primeira?

- Hiroshima

- Nagasaki

- As dúas no memo día

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxe: George R. Caron/es.wikipedia.org

#DígochoEu:#ApuntamentoLusófono 61

 

Carolina Rubirosa veu ao #ApuntamentoLusófono para falarnos do seu último traballo, ’Soldadeiras’, sete cantigas medievais galegoportuguesas interpretadas con ritmos e sons actuais. Carolina estivo asesorada polo filólogo César Morán, quen nos contou tamén algunhas cousas sobre como se falaba naquela época de esplendor da nosa lingua.

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *canasta

 

Non tires á *canasta cando xogues ao baloncesto. Se queres encestar en galego, mételle un r polo medio.

#DígochoEu