#DígochoEu: Non digas *canasta
Non tires á *canasta cando xogues ao baloncesto. Se queres encestar en galego, mételle un r polo medio.
#DígochoEu
Non tires á *canasta cando xogues ao baloncesto. Se queres encestar en galego, mételle un r polo medio.
#DígochoEu
Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.
A contestación correcta á pregunta do último día é Deserto do Gobi. É unha vasta rexión desértica comprendida entre o norte da China e o sur da Mongolia. A cunca desértica está delimitada polas montañas Altai, a estepa de Mongolia, a meseta do Tíbet e a chaira do norte da China. Esténdese sobre 1.600 km do suroeste ao nordeste e sobre 800 km do norte ao sur. A súa superficie estimase en 1.300.000 km², o que o fai o un dos máis grandes desertos do mundo. Contrariamente ás imaxes frecuentemente asociadas aos desertos, o Gobi non está recuberto de area senón sobre todo de pedras.
E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é a Relixión maioritaria de Asia?
- Islam
- Induismo
- Budismo
- Xudaísmo
- Cristianismo
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: redhistoria.com
Sabes cando usamos ’se non’ e cando ’senón’? Esther Estévez explícanolo de forma rapidiña!
Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.
A contestación correcta á pregunta do último día é Israel. O séquel ou novo shekel, é a moeda de curso legal en Israel e, xuntamente co dinar xordano, tamén da Autoridade Nacional Palestina. Divídese en 100 agorot. Adoptouse en 1985, en substitución do anterior shekel ou siclo, a razón de 1000 dos antigos por cada novo shekel. Emitido polo Banco de Israel, circulan moedas 10 agorot e de ½, 1, 2, 5 e 10 shekels, e billetes de 20, 50, 100 e 200 shekels.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é o maior deserto de Asia?
- Deserto de Karakun
- Deserto de Arabia
- Deserto do Gobi
- Deserto de Thar
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org e miviaje.com
En galego xa temos incorporada a palabra wifi. Toma nota destes consellos de #CiberEsther para cando a wifi sexa pública!
Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.
A contestación correcta á pregunta do último día é 1-c, 2-a, 3-d e 4-b.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Aquí tes un billete de 20 novos séquel (new shekels). De que país asiático é moeda oficial?
- Arabia Saudita
- Paquistán
- Israel
- Irán
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: gl.wikipedia.org
Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.
A contestación correcta á pregunta do último día é 1-c, 2-d, 3-e, 4-b e 5-a. Camboxa ten por capital Phnom Penh, Líbano ten por capital Beirut, Indonesia ten por capital Iacarta, Vietnam ten por capital Hanoi e Corea do Norte ten por capital Pyonqyang.
E imos coa pregunta de hoxe!

8. A partir das bandeiras da imaxe, relaciona co país asiático:
a. India
b. Filipinas
c. Arabia Saudita
d. Malasia
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org