DOCENCIA
CANTO SABES SOBRE ASIA? VII
Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.
A contestación correcta á pregunta do último día é Damavand. Tanén dito Donbavand, é un estratovolcán de 5.610 m. de altura que constitúe a maior elevación do Irán e tamén o volcán de maior altitude de toda Asia. Érguese lixeiramente ao sur do mar Caspio, no centro da cadea montañosa dos Montes Elburz.
E imos coa pregunta de hoxe!

7. Relaciona o país asiático coa súa capital:
1. Camboxa a. Pyongyang
2. Líbano b. Hanoi
3. Indonesia c. Phnom Penh
4. Vietnam d. Beirut
5. Corea do Norte e. Iacarta
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: mundoprimaria.com
#DígochoEu: Non digas *orinal nin *bacinilla
#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono (Castelanismos do portugués)
Desta vez no #ApuntamentoLusófono coñecemos moitas palabras do portugués que en realidade son castelanismos! Sabialo?
CANTO SABES SOBRE ASIA? VI
Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.
A contestación correcta á pregunta do último día é Borneo. Esta illa, a terceira por tamaño do mundo, con 743.330 km², esta situada ao sueste de Asia. Atópase ao norte de Xava, ao oeste de Sulawesi, e ao leste de Sumatra. Está dividida politicamente entre tres países: Brunei e Malaisia no norte, e Indonesia ao sur.
E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cal é o volcán máis grande de Asia?
- Sabalán
- Monte Fuji
- Monte Merapi
- Damavand
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe: es.wikipedia.org
#DígochoEu: Non digas *confitería
CANTO SABES SOBRE ASIA? V
Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.
A contestación correcta á pregunta do último día é China. Segundo os datos de 2021 de WPR, China é o país máis poboado de Asia e do mundo con 1.439.783.686 habitantes. Séguenlle India con 1.380.417.754 e Indonesia con 273.525.568 habitantes.
E imos coa pregunta de hoxe!

5. Cal é a illa máis grande de Asia?
- Taiwán
- Sri Lanka
- Xava
- Borneo
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: libretilla.com e es.wikipedia.org Imaxe: hablemosdeislas.com
CANTO SABES SOBRE ASIA? IV
Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.
A contestación correcta á pregunta do último día é Mar Morto (3). É un lago endorreico salgado situado nunha profunda depresión a 435 metros baixo o nivel do mar, entre Israel, a parte cisxordana de Palestina e Xordania, na rexión de Oriente Próximo. Ocupa a parte máis profunda dunha depresión tectónica atravesada polo río Xordán, que tamén inclúe o lago de Tiberíades máis ao norte. Ten uns 80 km de longo e un ancho máximo dun 16 km; a súa superficie é aproximadamente de 810 km².
E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é o país asiático máis poboado?
- India
- China
- Indonesia
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxe:hrw.org/es