Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: #CiberEsther (Ciberengado de menores)

 

Sabes o que é o grooming? En galego chámase ciberengado de menores. Presta moita atención ao seu significado e a como podes protexerte del.

 #DígochoEu

#DígochoEu: Como é? Qatar ou Catar?

 

Xa está en marcha o Mundial de fútbol. Pero como se escribe o nome do país que o organiza? Qatar ou Catar?

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ASIA? III

Continúo co a serie adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Everest. É o máis alto cumio de Asia e do mundo, dentro da cadea do Himalaia, con 8.848 m. Está situado sobre a fronteira entre o Nepal e mailo Tíbet (China). A montaña foi nomeada Everest en honra de Sir George Everest, xeógrafo británico, en 1865.

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é o punto de altitude mínima de Asia?

1. Colombo

2. Tokio

3. Mar Morto

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org      Imaxe: es.m.wikipedia.org

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 60

 

No #ApuntamentoLusófono de hoxe falaremos dos finalistas dos dous concursos do #DígochoEu: o dos vídeos dos centros educativos e o da canción para Esther! Son catorce centros que imos visitar e cinco cancións que imos gravar nos próximos meses! No programa de hoxe Rodrigo tamén nos contou a súa experiencia en Disneyland París!

#DígochoEu 

CANTO SABES SOBRE ASIA? II

Continúo co a serie, que onte comezamos, adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Yangtzé. É o río máis importante en lonxitude de China cun curso total de 6.300 km, que o converten o terceiro máis longo do mundo tras o Nilo e o Amazonas. É, así mesmo, o máis longo de Asia. Polo seu caudal medio é o cuarto río máis caudaloso da Terra, tras o Amazonas, o Congo e o Paraná. Na súa conca, de case 1.800.000 km² de área, viven uns 350 millóns de habitantes. É navegable nunha lonxitude de 2.800 km desde a Shanghai, na desembocadura, ata Panzhihua, situándose no medio importantes cidades como Nanjing, Wuhan ou Chongqing, as tres antigas capitais chinesas.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é o punto de altitude máxima de Asia?

- Kânchenjunga

- Makalu

- K2

- Everest

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org    Imaxe: Luca Galuzzi/es.wikipedia.org

#DígochoEu: É galego 'moteiro'?

 

Esther Estévez conteta á pregunta se é correcto dicir ’moteiro’. Se a Academia Galega xa se comprometeu a incluír ’praceiro’, seguro que axiña atmen incluirá no dicionario esta palabra!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE ASIA?

Asia é o maior e máis poboado dos cinco continentes do planeta Terra localizado principalmente nos hemisferios norte e oriental. Abrangue un terzo das partes sólidas da superficie da Terra e é responsábel por albergar case tres quintos da poboación mundial.

Pero, canto sabes sobre Asia? Propóñoche averígualo, a través dunha serie de preguntas diarias. Anímanste?

Pois empezamos!

1. Cal é o río máis longo de Asia?

- Mekong

- Huang He (Amarelo)

- Yangtzé

- Indo

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org         Imaxes: contenidos.educarex.es e Jialiang Gao/gl.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? XXII (FIN)

Remato coa serie América, o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é aproximadamente 80 km. Exactamente 77,1 km.  Esta canle está localizada en Panamá, no punto máis estreito entre o mar Caribe e o océano Pacífico. Os cortes da canle a través do istmo de Panamá son un conduto clave para o comercio marítimo internacional. Hai esclusas en cada extremo para alzar barcos ata o lago Gatún, un lago artificial creado para reducir a cantidade de traballo de escavación necesaria para a canle, 26 metros sobre o nivel do mar. Inaugurado o 15 de agosto de 1914, tivo un grande efecto na economía mundial ao diminuír a distancia e os tempos da comunicación marítima entre os océanos Atlántico e Pacífico, xa que antes os pasos naturais utilizados entre estes océanos eran o estreito de Magallanes e o cabo de Fornos, situados no extremo austral de Chile.

E así remato esta serie, da que quedan moitas outras preguntas que serán motivo doutra serie.

Ata a próxima serie!

FONTE: gl.wikipedia.org             Imaxe: elpais.com