Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non digas *nudo

 

Vai eliminando estes tres castelanismos do teu vocabulario: nin *nudo, nin *anudar, nin *desanudar.

#DígochoEu

#DígochoEu: 'O exorcista', en galego

 

"O exorcista", en galego, dó moito medo!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? XXI

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é Venezuela. O Salto do Anxo, e unha ferneza orixinada no Auyantepuy. Está situado no parque nacional Canaima, Estado Bolívar, Venezuela. É un espazo natural protexido, ao ser declarado parque nacional o 12 de xuño de 1962 e Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1994,​ que se estende sobre unha área de máis de 30.000 km² (similar á extensión territorial de Bélxica), ata a fronteira con Brasil e o territorio do Esequibo (actualmente en reclamación).

E imos coa pregunta de hoxe e ultima da serie!

21. O Canal de Panañá é unha canle de navegación que une o Mar do Caribe co Pacífico, pero que lonxitude ten?

- Aproximadamente 50 km

- Aproximadamente 80 km

- Aproximadamente 100 km

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: es.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *resfriado

 

Tes mocos? Nesta época do ano é normal, pero en ningún caso tes un *resfriado!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? XX

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é Arizona. O Gran Canón é unha vistosa e escarpada garganta escavada polo río Colorado no norte de Arizona, Estados Unidos. O Canón está considerado como unha das marabillas naturais do mundo e está situado no súa maior parte dentro do Parque Nacional do Gran Canón. Creado polo río Colorado, cuxa canle socavou o terreo durante millóns de anos. Ten uns 446 km de lonxitude, conta con cordilleiras de entre 6 a 29 km de anchura e alcanza profundidades de máis de 1.600 m. Preto de 2.000 millóns de anos da historia da Terra quedaron expostos mentres o río Colorado e os seus tributarios cortaban capa tras capa de sedimento ao mesmo tempo que a meseta do Colorado elevábase.

E imos coa pregunta de hoxe!

20. O Salto Anxo é a fervenza máis alta do mundo, cunha altura de 979 m (807 m de caída ininterrompida). En que país americano se atopa?

- Arxentina

- Canadá

- Venezuela

- Perú

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: hola.com/Getty Images

  

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 59

 

No #Apuntamento Lusófono de hoxe contaremos coa presenza de MJ Pérez, entre outras cousas.

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? XIX

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é George Washington. nado en Wakefield, condado de Westmoreland, Virxinia (América británica) o 22 de febreiro de 1732 e finado en Mount Vernon, Virxinia (Estados Unidos) en 1799, foi o primeiro presidente dos Estados Unidos entre 1789 e 1797 e Comandante en Xefe do Exército Continental revolucionario na Guerra da Independencia dos Estados Unidos (1775-1783). Nos Estados Unidos está considerado como o Pai da Patria, e mais como un dos Pais Fundadores dos Estados Unidos xunto con John Adams, Benjamin Franklin, Alexander Hamilton, John Jay, Thomas Jefferson e James Madison. Na fotografía da pregunta de onte correspondia a imaxe da esquerda. O segundo presidente foi John Adams entre 1797e 1801.

E imos coa pregunta de hoxe!

19. Na imaxe superior tes o famoso Canón do Colorado. Pero en que Estado dos EE UU está?

- Texas

- Arizona

- Colorado

- Novo México

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: es.wikipedia.org         

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? XVIII

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é Reino Unido. A Guerra das Malvinas ou conflito do Atlántico Sur foi un conflito armado entre Arxentina e o Reino Unido desencadeado en 1982, no que se disputou a soberanía das Illas Malvinas, Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur situadas no Atlántico Sur. Comezou en abril coa ocupación de Port Stanley polas tropas arxentinas, baixo ordes da Xunta Militar. En resposta, o goberno británico despregou unha enorme forza expedicionaria que despois de 10 semanas de batalla desaloxou ás forzas arxentinas. A vitoria británica precipitou a caída da ditadura arxentina e o inicio da recuperación do estado de dereito, á vez que contribuíu á reelección do goberno conservador de Margaret Thatcher en 1983. Ambos os dous países cortaron as relacións diplomáticas ata 1990. A Organización das Nacións Unidas segue considerando os tres arquipélagos coas súas augas circundantes como territorios en disputa.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. Na imaxe superior aparece o monumento conmemorativo nacional do monte Rushmore en Dakota do Sur coas imaxes presidentes de Estados Unidos: Abraham Lincoln, Thomas Jefferson, George Washington e Theodore Roosevelt. Cal deles foi o primeiro Presidente Dos Estadios Unidos?

Advertencia: Os nomes están desordenados e non correspoden a orde la imaxe.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: AP Images/ ar.usembassy.gov