Blogia
vgomez

DOCENCIA

#DígochoEu: Non confundas bágoa e mágoa

 

Bágoa e mágoa son palabras correctísimas en galego, pero non confundas os seus significados!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? XIV

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1-Cub, 2- Chile e 3-México.

E imos coa pregunta de hoxe!

14. Identifica as seguintes bandeiras cos seus países:

a) Venezuela       

b) Honduras

c) Colombia

d) Arxentina

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: es.wikipedia.org         

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? XIII

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é 1898. O 98 foi un ano desastroso para España. O presidente Roosevelt, apoiado polo cuarto poder, declarou a guerra. A poderosa frota estadounidense derrotou ás embarcacións españolas na batalla de Cavite, Filipinas. O Tratado de París, asinado o 10 de decembro de 1898, deu por finalizada a guerra hispano-estadounidense e por el España abandonou as súas demandas sobre Cuba, que declarou a súa independencia. Filipinas foi oficialmente entregada aos Estados Unidos por vinte millóns de dólares, e Guam xunto con Porto Rico convertéronse tamén en propiedades estadounidenses.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Identifica as seguintes bandeiras cos seus países:

a) Chile       

b) México

c) Cuba

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: es.wikipedia.org         

#DígochoEu: Ollo cos arquivos anexos!

 

Xa está de volta #CiberEsther para ensinarnos algo moi importante sobre os arquivos anexos. Moito ollo!  

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? XII

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é Groenlandia. Aínda que fisicamente é parte do continente norteamericano, Groenlandia atópase politicamente ligado a Europa dende hai máis dun milenio. É un territorio de Dinamarca, situado xunto ao Océano Ártico e ao norte do Océano Atlántico. É a illa máis grande do mundo, estando case o 84% da súa superficie cuberta por xeo, ademais de ser o país cunha menor densidade de poboación.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. A pesenza de España é américa foi moi importante, mesmo dende o seu decubrimento en 1492. Pero o imperio español foi pouco a pouco en declive, acadando un punto final coa perda das útimas colonias, entre elas Cuba e Puerto Rico. En que ano sucedeu?

- 1895

- 1897

- 1898

- 1899

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: vocesdelperiodista.mx

#DígochoEu: Isto é un hórreo

 

Sabemos o que é un hórreo, pero coñecías todas estas maneiras de chamarlle?  

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AMÉRICA? XI

Continúo coa serie, que onte comezamos sobre América, é o segundo continente máis grande da Terra, despois de Asia.

A contestación correcta á pregunta de onte é 32 entidades federativas. De acordo con a constitución vixente en México, a súa forma de goberno consiste nunha república representativa, democrática, laica e federal, composta por 32 entidades federativas (31 estados e a capital). A saber: Auguasquentes, Baixa California, Baixa California Sur, Campeche, Coahuila de Zaragoza, Colima, Chiapas, Chihuahua, Cidade de México, Durango, Guanajuato, Guerrero, Hidalgo, Xalisco, México, Michoacán, Morelos, Nayarit, Novo León, Oaxaca, Puebla, Querétaro, Quintana Roo, San Luis Potosí, Sinaloa, Sonora, Tabasco, Tamaulipas, Tlaxcala, Veracruz, Yucatán e Zacatecas.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é a illa máis grande do continente americano?

- Illa de Cuba

- Illa de Groenlandia

- Illa de Baffin

- Illa de Terranova

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org          Imaxe: Benoit Lecavalier/elconfidencial.com         

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 58

 

Neste #ApuntamentoLusófono Esther e Rodrigo tiveron unha visita ben ’repunante’. María Foscaldo (@meryfos) arrasa no TikTok e neste programa puidemos coñecer toda a súa historia.

#DígochoEu